II Congreso Galego

de Comunidades de Montes

Pontevedra, 1 e 2 de xuño de 2002

         O presente documento foi elaborado por unha Comisión formada por representantes das comunidades de montes que libremente quixeron formar parte da mesma, pertencentes ou non á Organización Galega de Comunidades de Montes. Todos os seus membros son comuneiros.

Os presentes relatorios están baseados na longa experiencia dos veciños na defensa, xestión e mellora dos montes veciñais de Galicia. Pero é soamente unha proposta de traballo. Todas as comunidades poden remitir libremente as súas enmendas. O texto final dos relatorios será decidido democraticamente polos representantes das comunidades de montes asistentes ás dúas xornadas nas que se celebra o II Congreso Galego de Comunidades de Montes. Será un texto elaborado soamente por comuneiros e aprobado soamente por comuneiros. Será a expresión libre das comunidades de montes.

Índice

I relatorio

As reformas lexislativas necesarias

Introducción 

a) O reforzamento do concepto xermánico da propiedade veciñal

b) A personalidade xurídica 

c) O papel da administración autonómica

d) O concepto de veciño/a comuneiro

e) Os xurados provinciais de clasificación

f) As apropiacións de terreos veciñais en man común

g) Os lumes forestais

h) A fiscalidade do monte veciñal

i) As subvencións

Problemas de tramitación

Problemas de contido

II relatorio

As alternativas para o monte veciñal en man común

Introducción 

a) A producción de madeira e os aproveitamentos menores do monte

b) A caza

c) O aproveitamento da biomasa forestal   

d) Os parques eólicos

e) O aproveitamento do gando

f) O turismo rural e natural. A Rede Natura 2000 

g) A función social do monte
h) Os montes periurbanos
i) Os equipamentos públicos

l) A explotación de minas e canteiras

III relatorio

O monte veciñal en man común como peza

para o desenvolvemento local

Introducción

a) Monte veciñal e desenvolvemento local

b) Criterios e función do monte veciñal como peza do desenvolvemento local

c) Eivas e condicionantes

d) As mancomunidades de montes