O
Común dos Veciños
|
||
| Ir ó Sumario | Ir á páxina ANTERIOR | Ir á páxina SEGUINTE |
|
A Xunta de Galicia ofrece axudas importantes para a ordenación do gando no monte A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural promulgou o pasado 17 de xuño, por segundo ano consecutivo, unha liña de axudas denominadas "de medidas agroambientais" que pretender contribuír á ordenación do gando bravo no monte. Estas axudas establécense automaticamente por un período de 5 anos. As comunidades de montes veciñais poden acollerse a este tipo de axudas. Son moi interesantes para o monte veciñal porque fan compatibles dous usos do monte: o forestal e o gandeiro. Ademais contribuirán á ordenación do gando bravo no monte, unindo os intereses de gandeiros e comunidades de montes, aspecto necesario en moitas zonas de Galicia. O entendemento entre gandeiros e comuneiros é imprescindible para poder solicitar as axudas, que non poden ser solicitadas polos gandeiros que non sexan comuneiros. |
||
|
|
||
|
O aproveitamento gandeiro é un uso tradicional do monte veciñal en man común, sempre realizado de xeito compatible co uso forestal e con outros usos. As comunidades de montes que teñen gando ou cando menos o permiten por entender que nalgunhas parcelas dos seus montes o uso gandeiro pode combinarse con outros, deben analizar polo miúdo estas axudas, que poden supoñer un ingreso importante durante un período de cinco anos. De xeito esquemático, a contía destas axudas (todos os apartados son acumulables) son: - Polo terreo con carga gandeira non superior a 1'4 cabezas/ha ....... 36'06 €/ha. - Se o gando conta cun mínimo do 75% de raza autóctona ........... 7'21 €/ha - Por roza do mato . . . . . . 120'2 €/ha - Por reducción da carga gandeira onde sexa excesiva (eliminando reses ou aumentando a superficie) . . . . . . . . . . . 216'36 €/ha - Por mantemento de razas autóctonas en perigo de extinción ......... 120'2 €/ha Para ter unha idea da contía destas axudas e os ingresos que poden supoñer para as comunidades de montes, poñamos un exemplo práctico. Un monte veciñal de 100 hectáreas con 40 vacas (entran no limite da carga gandeira); o 80 % da superficie (80 ha) teñen aproveitamento gandeiro e as 20 restantes están a mato; das 40 vacas que hai no monte, 30 son de razas autóctonas en perigo de extinción e das 20 ha. a mato, nunha parte delas seméntase forraxe. Neste exemplo e coa planificación axeitada, poderíase obter desta liña de axudas ás medidas agroambientais unha subvención anual aproximada de 8.362 €, que acadarían, nos cinco anos de aplicación automática, os 41.810 € (6.956.599 ptas). |
||
| Ir ó Sumario | Ir á páxina ANTERIOR | Ir á páxina SEGUINTE |
|
O Común dos Veciños Revista informativa da Organización Galega de Comunidades de Montes Ano 6 Número 7 Setembro 2004 |
||