O
Común dos Veciños
|
||
| Ir ó Sumario | Ir á páxina ANTERIOR | Ir á páxina SEGUINTE |
|
A Organización Galega de Comunidades de Montes, contraria a implantar en Galicia un monopolio do selo PEFC A iniciativa da Dirección Xeral de Montes, a Asociación Forestal de Galicia, a Asociación Monte-Industria, Fearmaga (Federación de rematantes de madeira) e Silvanus convocaron a diversas entidades relacionadas co sector do monte, entre elas a Organización Galega de Comunidades de Montes, para crear unha Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal modelo PEFC . Logo de asistir ás primeiras reunións, a Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) resolveu non participar na creación da mesma en base aos seguintes argumentos: l)- A certificación forestal ten que partir da libre iniciativa dos propietarios forestais. A ORGACCMM non é propietaria forestal, senón que o son, de xeito independente, cada unha das comunidades de montes. 2)- Saudamos a aparición dun selo de certificación forestal -neste caso no modelo PEFC- pero este selo non debe absorber todas as propiedades forestais. Non é conveniente que o PEFC sexa o único selo implantado en Galicia. 3)- A ORGACCMM considera que se debe facilitar a implantación de máis dun selo de certificación forestal en Galicia e evitar a extensión exclusiva dun único modelo. Deste xeito evitaranse os inconvenientes dos monopolios e da falta de contraste entre distintos modelos e no futuro as comunidades de montes poderán optar por aquel que entendan mais adecuado para os seus intereses e para os obxectivos do seu montes. |
||
| Ir ó Sumario | Ir á páxina ANTERIOR | Ir á páxina SEGUINTE |
|
O Común dos Veciños Revista informativa da Organización Galega de Comunidades de Montes Ano 6 Número 7 Setembro 2004 |
||