O
Común dos Veciños
|
|||
| Ir ó Sumario | Ir á páxina ANTERIOR | ||
|
Publicacións de interese |
|||
|
Título: II Congreso Galego de
Comunidades de Montes |
|||
|
|
A Organización Galega de Comunidade de Montes editou as Actas do II Congreso Galego de Comunidades de Montes, celebrado en Pontevedra os días 1 e 2 de xuño de 2002. Na publicación recóllense íntegros os relatorios debatidos e aprobados, agrupados baixo tres epígrafes: “As reformas lexislativas necesarias”, “As alternativas para o monte veciñal” e “O monte veciñal como peza para o desenvolvemento local”, ademais das conclusións votadas en pleno pola asemblea. O libro inclúe tamén os discursos de inaguración e clausura, así como a homenaxe aos veciños de Balea (O Grove) pola defensa do seu monte veciñal nos anos 70. Os interesados poden pedir esta publicación á ORGACCMM.
|
||
|
Título:
O Concello de Pazos ós Montes Veciñais |
|||
|
|
A Corporación Municipal de Pazos de Borbén rendeu unha homenaxe ao monte veciñal e ás comunidades de montes nun acto moi emotivo no que se descubriu un monolito en recoñecemento aos servicios que prestan á sociedade (información en páxinas anteriores). O Concello de Pazos de Borbén editou un folleto coa conferencia pronunciada polo historiador Xosé Carlos Morgade titulada “O monte comunal, unha riqueza dos veciños”, no que recordou a importancia do monte veciñal no pasado, as funcións que está a desenvolver no presente e a importancia de conservalo para o futuro, salientando que as terras comunais son propiedades dos veciños. Os interesados poden pedir esta publicación ao Concello de Pazos de Borbén.
|
||
|
Título: As devesas reais da
parroquia de Mourente |
|||
|
|
As devesas reais eran carballeiras mandadas facer no comunal pola Coroa xa desde a Idade Media. A súa función era a producción de madeira con destino á construcción naval, aínda que este obxectivo fracasou. Cada veciño era obrigado a plantar tres carballos por ano, o que provocaba moitos incidentes e non poucos saqueos das devesas. Séculos despois, durante a Desamortización, a maioría delas foron subhastadas. Hoxe soamente queda a toponimia nas parroquias como vestixio da súa presencia. Este libro, do historiador Xosé Carlos Morgade, conta a historia destas parcelas desde o século XV ao XIX en que foron vendidas, con especial detalle na súa parroquia de Mourente. Os interesados poden pedir esta publicación ó Concello de Pontevedra.
|
||
| Ir ó Sumario | Ir á páxina ANTERIOR | ||
|
O Común dos Veciños Revista informativa da Organización Galega de Comunidades de Montes Ano 6 Número 7 Setembro 2004 |
|||