O
Común dos Veciños
|
||
| Ir ó Sumario | Ir á páxina ANTERIOR | Ir á páxina SEGUINTE |
|
|
||
|
Traficantes de madeira No pasado mes de decembro celebrouse en Pontevedra o I Simposio Forestalia organizado pola Cámara de Comercio de Pontevedra. Durante unha mesa redonda na que se trataba a problemática da producción de madeira en Galicia, un representante do sector avisou: “Os propietarios forestais e comunidades de montes, se queren que os empresarios da madeira sigan comprándoa nos montes galegos sen perder cartos, teñen que vender o dobre da madeira á metade de prezo”. E quedou tan pancho. Con todos os respectos para os profesionais do sector (que os hai cunha preparación e unha mentalidade dignas de louvanza), neste ramo hai moitos intrusos que son auténticos traficantes de madeira: amañan subhastas, incumpren compromisos e no monte son auténticos depredadores. Arramplan co que lles convén sen respectar o marcado e deixan todos estrado de ramallada, preparado para o incendio forestal. Supoñemos que a medida que as comunidades de montes vaian coñecendo o mercado da madeira, estes elementos irán desaparecendo. |
||
| Ir ó Sumario | Ir á páxina ANTERIOR | Ir á páxina SEGUINTE |
|
O Común dos Veciños Revista informativa da Organización Galega de Comunidades de Montes Ano 6 Número 7 Setembro 2004 |
||