O
Común dos Veciños
|
||
| Ir ó Sumario | Ir á páxina ANTERIOR | Ir á páxina SEGUINTE |
|
Comuneiros de Barro, Campo Lameiro e Moraña impulsan a creación da Mancomunidade de Montes do Acibal en Pontevedra As comunidades de montes de Barro, Moraña e Campo Lameiro comezaron os trámites para a constitución da Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común do Acibal. Os contactos iniciáronse o pasado mes de abril e Antonio García Ruibal, presidente da xestora provisional, considera que en poucos meses poderá quedar constituída. Na xestora participan dúas comunidades do Concello de Barro (Portela e Perdecanai), sete de Campo Lameiro (Fontenla, Reboredo, Mullerboa, Lameiro, Laxe, Cerdeiras e Fragas) e cinco de Moraña (Amil, Soar, Rebón, Rebón de Arriba e O Calvo). Xuntas acumulan xa máis de 2.000 has. e contan que outras se unan á iniciativa. A idea principal da creación da mancomunidade é a de tentar desenvolver unha planificación ordenada de todas as comunidades que teñen parcelas no Monte Acibal, para desenvolver un proxecto común e coordinado do monte a medio prazo. Consideran que de non facelo así, os esforzos das comunidades por separado terían moita menos eficacia. |
||
|
|
||
| Ir ó Sumario | Ir á páxina ANTERIOR | Ir á páxina SEGUINTE |
|
O Común dos Veciños Revista informativa da Organización Galega de Comunidades de Montes Ano 6 Número 7 Setembro 2004 |
||