O Común dos Veciños
 Revista informativa da Organización Galega de Comunidades de Montes Ano 6 Número 7 Setembro 2004
Ir ó Sumario Ir á páxina ANTERIOR Ir á páxina SEGUINTE

 

Celebrado o 81 cabodano dos Mártires de Sobredo

A Organización Galega de comunidades de montes veciñais en man común e a Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro”, veñen de render homenaxe aos Mártires de Sobredo no  81 cabodano. Esta homenaxe tivo lugar, como cada ano, o 20 de novembro pasado no Campo dos Mártires da parroquia tudense de Guillerei.

Neste acto se lembra aos labregos e labregas que naquel sitio foron asasinados polas forzas represivas cando participaban nun acto de solidariedade cun veciño embargado por non pagar o foro. Por iso nel tamén se recoñece a loita da sociedade labrega nas primeira décadas do século XX para a abolición dos foros que naquel intre condenaban á miseria ós campesiños.

Nesta ocasión interveu Lidia Senra, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, que rexeitou a política agresiva das multinacionais no tema dos alimentos transxénicos afirmando que un pobo non pode ser soberano se non ten soberanía alimentaria.

De seguido fíxose entrega dun presente en  recoñecemento do mantemento da memoria histórica aos veciños Xosé Oseira e Emilio Vila, que en 1986 desde a comunidade de montes de Guillarei impulsaron a creación da Coordinadora Pro Mártires de Sobredo co obxectivo de non esquecer estes feitos para que formen parte da nosa historia colectiva.

Ir ó Sumario Ir á páxina ANTERIOR Ir á páxina SEGUINTE
O Común dos Veciños
 Revista informativa da Organización Galega de Comunidades de Montes Ano 6 Número 7 Setembro 2004