O
Común dos Veciños
|
||
| Ir ó Sumario | Ir á páxina ANTERIOR | Ir á páxina SEGUINTE |
|
Curso de formación de comunidades de montes en CuntisInvitado pola Asociación de Desenvolvemento Rural do Ulla-Umia, a ORGACCMM impartiu un curso sobre “Formación de comunidades de montes veciñais en man común” no Concello de Cuntis ( Pontevedra) durante o pasado novembro. A este curso asistiron 25 persoas, membros de xuntas rectoras de comunidades de montes e veciños comuneiros, e nel impartíronse temas como a lexislación sobre o monte veciñal e outras colaterais, a historia do monte veciñal en man común, a súa fiscalidade, o funcionamento e a organización das comunidades de montes e a formación das mancomunidades. Os asistentes valoraron moi positivamente o curso, que permitiu obter un completo coñecemento do monte veciñal como propiedade dos veciños das parroquias e lugares, así como avaliar as súas posibilidades multifuncionais no futuro como contribución ás demandas dos veciños comuneiros e da sociedade en xeral. Lamentaron que no curso non se trataran os problemas das comunidades de montes pequenas, que son as máis abondosas na comarca. Representantes da ORGACCMM recoñeceron a xustiza da crítica e comprometéronse a estudiar este tema con máis atención no futuro. |
||
| Ir ó Sumario | Ir á páxina ANTERIOR | Ir á páxina SEGUINTE |
|
O Común dos Veciños Revista informativa da Organización Galega de Comunidades de Montes Ano 6 Número 7 Setembro 2004 |
||