O
Común dos Veciños
|
|||
| Ir ó Sumario | Ir á páxina ANTERIOR | Ir á páxina SEGUINTE | |
|
Prospección da industria forestal en Galicia e posibilidades do monteBaixo este título, a Federación Empresarial de Aserradeiros e Rematantes de Madeira de Galicia convocou unha mesa redonda o pasado 5 de decembro na que tamén estivo presente a ORGACCMM. Neste foro presentouse un estudio titulado “Posibilidades das principais especies madeirables galegas”. Entre as conclusións deste estudio saliéntase que entre o Primeiro e o Terceiro Inventario Forestal o eucalipto foi a especie arbórea que máis medrou en superficie en Galicia e que nos anos vindeiros a oferta de eucaliptos dos nosos montes superará de abondo a demanda. Na mesa redonda recoñeceuse que esta forte oferta de eucaliptos nos montes galegos, engadida ás importacións desta madeira do estranxeiro, provocará a caída dos prezos nos anos que veñen, o que producirá que mesmo parte da madeira quede nos montes sen vender. Representantes da ORGACCMM expuxeron que, sen menosprezo da calidade técnica do estudio, as súas conclusións son xa unha realidade, pois un paseo polos montes de Galicia permite apreciar o abandono do eucalipto pola súa falta de rendibilidade, ao incrementarse nos últimos anos os gastos de extracción da madeira mentres caen os prezos. Este aumento desmesurado da masa de eucalipto é o resultado da política forestal da Xunta de Galicia, que entende que todo o monte debe estar arborado e preferentemente con especies de crecemento rápido, o que explica que ata hai poucos anos subvencionara a plantación de eucalipto. |
|
||
| Ir ó Sumario | Ir á páxina ANTERIOR | Ir á páxina SEGUINTE | |
|
O Común dos Veciños Revista informativa da Organización Galega de Comunidades de Montes Ano 6 Número 7 Setembro 2004 |
|||