O Común dos Veciños
 Revista informativa da Organización Galega de Comunidades de Montes Ano 6 Número 7 Setembro 2004
Ir ó Sumario Ir á páxina ANTERIOR Ir á páxina SEGUINTE

 

A ORGACCMM asina convenios cos cazadores e co Sindicato Labrego

 

No pasado ano 2003 a Organización Galega de Comunidades de Montes asinou convenios de colaboración coa Unión de Titulares de Tecores de Galicia ( UNITEGA) e co Sindicato Labrego Galego (SLG-CCLL). No texto dos dous convenios recóllese que “as políticas emanadas da Unión Europea e a súa aplicación en Galicia, sobre todo a Política Agraria Común e a Política de Forestación de Terras Agrarias, están a provocar unha forte crise no medio rural, no que a despoboación é o seu principal síntoma. Ata o presente, a Administración galega parece perseguir un continuo enfrontamento entre os diversos sectores que conviven no mundo rural, en vez de propiciar unha política agrogandeira e de montes, integradora e dinamizadora do mundo rural”. 

Nos convenios asinados, as organizacións acordan iniciar accións conxuntas para que as actuacións no sector monte e no sector agro-gandeiro sexan compatibles e equilibradas. E comprométense tamén a transmitir reciprocamente nos organismos e organizacións consultivas onde están presentes a nivel galego, estatal, europeo ou mundial, aquelas propostas que sexan asumibles polos asinantes dos convenios.

Ir ó Sumario Ir á páxina ANTERIOR Ir á páxina SEGUINTE
O Común dos Veciños
 Revista informativa da Organización Galega de Comunidades de Montes Ano 6 Número 7 Setembro 2004