| Título: Economía (política) do monte galego
Autor: Xaquín Fernández Leiceaga Edita: Universidade de Santiago, 1.990. Este traballo, que foi publicado hai xa trece anos, é aínda hoxe unha das obras básicas para coñecer a importancia económica do Monte Veciñal de Galicia. O autor realiza unha fonda análise da función económica do monte no sistema tradicional e o seu papel fundamental na productividade agrícola. Critica o monocultivo forestal que se está a implantar nos montes galegos en detrimento das grandes posibilidades de redimensionamento do sector agrario que ofrecen as terras veciñais. Ó tratar os novos usos do monte, defende a diversificación dos mesmos como preservadora da súa función social e promotora dunha economía creadora de emprego.Voltar ó ÍNDICE do nº 6 de "O COMÚN DOS VECIÑOS" |
![]() |