| Título: Historia de Chandebrito
Autores: José Costas, Xabier Groba, Afonso Rodríguez, Miguel Rodrñíguez e Marcos Valverde Edita: Comunidade de Montes de Chandebrito e Concello de Nigrán Chandebrito é unha parroquia do Concello de Nigrán, ó sur de Vigo. Un traballo elaborado por varios autores, coordinado polo Clube Espeolóxico Maúxo, foi publicado pola Comunidade de Montes de Chandebrito coa colaboración do Concello de Nigrán. Este traballo inclúe un estudo xeográfico e varias investigacións istóricas sobre a parroquia, salientando o seu rico patrimonio cultural en restos arqueolóxicos (petroglifos, castros, mámoas, moedas, ...), arquitectónicos (igrexas, capelas, muiños, ...), lingüísticos (lendas, topónimos, ...) e recursos naturais (flora, fauna, paisaxe, ...). Unha iniciativa que permite ós veciños coñecer mellor as riquezas da súa parroquia e, a todos, apreciar outra iniciativa no eido cultural dunha Comunidade de Montes.Voltar ó ÍNDICE do nº 6 de "O COMÚN DOS VECIÑOS" |
![]() |