Temos o raposo no galiñeiro

Tomás Fernández Couto, director xeral de montes da Consellería de Medio Ambiente, tivo unha lucida intervención na última reunión do Consejo Nacional de Bosques. Cando o grupo ecoloxista Adena reclamou, a petición nosa, que no borrador da Lei de Montes estatal que estaba en discusión, a referencia ó monte veciñal fora completada coa expresión “de propiedade xermánica” como xeito de recoller a súa singularidade, o representante da Xunta de Galicia negouse en redondo alegando que “os montes veciñais galegos son privados e nada máis”. Cando unha proposta tan obvia e inofensiva provoca unha reacción tan ridícula e desaforada, haberá que estar en garda contra esta Lei de Montes estatal que nos queren vender como beneficiosa e que pode ser auténtico veleno para o monte veciñal. Voltar ó ÍNDICE do nº 6 de "O COMÚN DOS VECIÑOS"