Curso de formación sobre cooperativas na área de silvicultura e conservación do medio

 

Convidada pola Escola Politécnica Superior de Lugo, a Organización Galega de Comunidades de Montes participou no “Curso de Formación sobre Cooperativas na área de Silvicultura e Conservacion do Medio” que tivo lugar na cidade de Lugo os pasados 11, 12 e 13 de decembro.

A intervención da ORGACCMM tivo lugar no modulo titulado “O sector forestal na economía galega. A importancia das cooperativas para o desenvolvemento rural”. Na súa intervención, o presidente dos comuneiros salientou que a relación entre monte veciñal e cooperativas amosa dous elementos comúns: o vencellamento coa economía social ou local e o funcionamento democrático das súas estructuras sociais. Tamén resaltou outros aspectos importantes, como son a identificación do monte veciñal como xerador de rendas, a esixencia dunha planificación dos usos para o desenvolvemento do monte, a xeración de  emprego na zona onde se asenta o monte e, xa que logo, a mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas co conseguinte apoio á fixación da poboación. Indicou que os propios veciños e veciñas comuneiros poden ser socios/as das cooperativas e que os rendementos económicos da súa actividade se invisten na propia comarca. Voltar ó ÍNDICE do nº 6 de "O COMÚN DOS VECIÑOS"