| A Mancomunidade do Castrove promove un couto de cogomelos |
|
|
|
Un dos productos máis apreciados do monte son os
cogomelos. A súa procura increméntase cada ano e cómpre chegar a un coñecemento
máis profundo das súas produccións, límites de recollida e métodos de
xestión das masas arbóreas que aseguren a súa persistencia e mellor o
seu incremento. Con esta teima, a Mancomunidade de Montes do Castrove-Salnés
está a promover un proxecto piloto de “Couto de cogomelos” a partir
dun estudio realizado pola enxeñeira María Formoso no monte veciñal de
San Vicente de Nogueira (Meis). Este proxecto ten como obxectivos estimar
a producción anual de cogomelos na zona, estudiar as condicións
ambientais e silvícolas necesarias para mellorala, organizar a recolleita
de cogomelos en cantidade, especie e momento, obter o máximo rendemento
na combinación da explotación dos cogomelos coa da madeira. O couto estará vixiado permanentemente en certas épocas,
inda que isto supón un gasto considerable. A superficie acoutada é
pequena, polo que o número de licencias para aproveitar a producción de
cogomelos é limitada. Como aspecto negativo sinálase a falta de
mentalización da poboación da necesidade de pagar por recoller
cogomelos, mentres se apunta
como positivo que as condicións vexetais deste couto piloto son
semellantes ás doutras comunidades do contorno, que poderán beneficiarse
da experiencia. |