Revista informativa da Organización Galega de Comunidades de Montes. Ano 5 Número 6 Marzo 2003

Edita: Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común

Director: Xosé Carlos Morgade Martínez, responsable de Comunicación Interna da Xunta Rectora.

Consello de Redacción:

Xosé A. Pereira Martínez, Xoán Collazo Pazó, David Díaz Losada, Claudio Quintillán Vallejo, Cándido Garrido Ferreira, Margarita Alonso Martínez

 

Organización Galega de Comunidades de Montes

Estrada Xeral de Valadares, 233

36314 Vigo (Pontevedra)

Tel. 986 46 70 53

Fax: 986 46 70 52

 

Revista O Común dos Veciños

Apartado 559

36080 Pontevedra

http://www.geocities.com/maocomun

correo electrónico: OGCMVMC@teleline.es

ISSN: 241/00

Depósito Legal: PO-241/00

 

Limiar

Mal empezamos, señor Conselleiro

A marea negra do Prestige papou a Carlos del Álamo por ir de caza maior mentres na súa consellería non sabían qué facer diante da maior catástrofe ambiental de Galicia. Coas costas cheas de chapapote o preclaro preboste cansouse de repetir que “non pasa nada”. Agora aproveitaron para saldar con el vellas contas e mandárono a cazar a casa.

E xa temos novo conselleiro. Xosé Manuel Barreiro Fernandez, lugués, catedrático universitario. Gustaríanos que o cambio de nome significara un cambio de política no tocante ó monte veciñal en man común. Que por fin se atendera como é debido ó monte consorciado e conveniado, que se acometera decididamente o problema dos deslindes, onde a Consellería empezou con moita calma e poucas ganas, que se actuara decididamente contra as apropiacións de monte veciñal por particulares, que os Xurados Provinciais de Clasificación funcionaran ben e sen hostilidades cara ás comunidades de montes, que se recoñecera o dano que o Imposto sobre Sociedades fai ó monte veciñal, etc, etc. Gustaríanos pensar que por fin a Administración galega está a favor do monte en man común.

Pero a ilusión durou pouco. A actitude impresentable da Consellería de Medio Ambiente diante do proxecto de Lei de Montes estatal, colaborando coa Administración central nun novo ataque ó monte veciñal galego, desbota calquera esperanza de cambio. O novo conselleiro parece proseguir na política de desprezo e abandono do monte veciñal, incumprindo claramente a lexislación vixente que o obriga a defendelo e tutelalo. Política sectaria, clientelar e perniciosa. Xa que logo, desde estas páxinas non temos outro remedio que denuncialo, facelo público e criticalo. Non nos esconderemos neste labor. Como tampouco teremos reparo en gabar os acertos que a Consellería teña no tocante ó monte veciñal e as comunidades de montes, que polo de agora foron ben poucos.

Voltar ó ÍNDICE do nº 6 de "O COMÚN DOS VECIÑOS"