A Organización Galega de Comunidades de Montes, xunto con asociacións ecoloxistas, grupos políticos, centrais sindicais e outras entidades, celebrou este ano o Día Mundial de Medio Ambiente cunha manifestación en Ferrol o pasado 2 de xuño baixo o lema “En defensa das nosas rías”. No manifesto lido ó remate da concentración, avogouse pola defensa das rías, por unha nova cultura da auga, por un modelo enerxético sostible, un transporte racional e eficiente, a protección dos espacios naturais, a reducción dos residuos e a desaparición dos lumes forestais.