O pasado 2 de febreiro celebrouse, con notable asistencia e participación das comunidades de montes, a asemblea anual ordinaria da nosa Organización. O lugar elixido para esta IV Asemblea Xeral, logo da constituínte en Vigo no 99 e as sucesivas de Lugo e Noia, foi o Santuario dos Milagres, no concello de Baños de Molgas, xa que a provincia de Ourense era a única onde aínda non celebraramos a nosa Asemblea. E u lugar non puido ser mellor, tanto pola beleza da paraxe como pola boa organización e pola asistencia: 95 comunidades de montes, cun total de 200 persoas, en boa parte das comarcas próximas. Aprobouse o informe de xestión e o balance económico do ano 2001, así como o orzamento para o presente ano, que ascende a case 15.000 , cunha cota para as comunidades de 120 .
 
T
Tamén se trataron temas como a organización do II Congreso Galego de Comunidades de Montes a convocatoria dunha Asemblea Xeral Extraordinaria para a elección de nova xunta rectora da nosa Organización e debatíronse os criterios para a negociación sobre a instalación de parques eólicos, que xeraron un amplo debate por ser un tema de fonda preocupación entre as comunidades de montes.
 
V Xornada Monográfica
 
Xa pola tarde celebrouse a V Xornada Monográfica sobre o Monte Veciñal, que tratou sobre a responsabilidade civil e penal na xestión das comunidades de montes. Trala exposición de xuristas especializados, o debate foi de moito interese para os asistentes, que participaron activamente no mesmo.
A Organización Galega de Comunidades de Montes xa está en Internet. Todas as persoas interesadas en informarse das actividades da Organización poden visitar a nosa páxina Web. O enderezo é: http://www.geocities.com/maocomun e tamén en buscadores como altavista, terra ou voila. Recomendamos o galego www.vieiros.com. Buscar polos termos “monte”, “montes”, “comunidades”, “comun”, etc. correo electrónico: OGCMVMC@teleline.es