Para xustificar o seu repetido fracaso na loita contra os incendios forestais, a Xunta colle cada ano un cabeza de turco a quen botarlle as culpas. Xa pasaron pola pedra os fenómenos meteorolóxicos, as mafias, os grupos nacionalistas, os mariñeiros do Morrazo, as neglixencias e o pasado ano foron os concellos. Este ano Del Álamo acusou a Perez Touriño (PSOE) de facerlle o xogo ós incendiarios, pero sabedor de que pinchaba en óso, cargou contra os xuíces por seren bos con poucos acusados que a policía lles leva. Despois, Fraga apoiou ó seu Conselleiro.
Non sabemos as consecuencias desta presión sobre as instancias xudiciais. Quizais para o ano vindeiro se formen cuadrillas de “maxistrados apagalumes”, ou se levarán ó xulgado a todos os que atopen fumando polo monte. Visto que polo de agora soamente detiveron a algúns vellos e dementes, non sabemos se queren encher os cárceres con eles. Quizais así resolvan o problema.