O pasado mes de xuño a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, a Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo e a Mancomunidade de Montes do Val Miñor asinaron un convenio que ten como obxectivo a realización do inventario da microtoponimia dos núcleos de poboación e dos montes da comarca do Val Miñor.
Recuperar a toponimia do territorio e inventariala é unha tarefa importante, xa que a toponimia e un dos sinais da memoria común que reflicte na
linguaxe a relación da poboación co medio físico ó longo da historia.
Outra volta as comunidades de montes -neste caso as da bisbarra do Val Miñor- dan mostra de gran dinamismo e capacidade de iniciativa. Demostran, unha vez máis, que non son soamente entidades que se dedican á venda de madeira, senón organismos sociais que loitan pola mellora e o desenvolvemento do monte e de súa zona de influencia de xeito integrador.
No mes de agosto, mes festeiro en Galicia, celebráronse a Festa do Leñador, a Festa do Veciño/a Comuneiro e a Romaría do Galiñeiro, organizadas polas comunidades de montes de
Moaña, Peitieiros e Vincios respectivamente. Son hora de lecer, conversa, xantar e convivencia. E tamén da música e o baile.