Desde hai algúns meses e en representación dunha parte das comunidades de montes, a Organización Galega reclamou formar parte do Comité Galego de Defensa dos Montes contra os Incendios Forestais. Desde o pasado mes de abril, xa está presente nel.
A ORGACCMM considera os incendios como unha praga que cómpre eliminar e que ten remedio. Hai que analizar as causas inmediatas e profundas e plantexar solucións. Non podemos aceptar que os incendios son unha realidade inevitable. A actuación política e social debe camiñar cara a súa eliminación. Coa nosa presencia no Comité Galego tentaremos aportar as nosas propostas para acadar unha meta posible: un monte galego sen lumes.