ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAISEN MAN COMÚN

ORGACCMM

 

 COMUNICADO INFORMATIVO

 

            A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM), ante o desastre económico e ecolóxico producido xa e que vai producir ainda máis pola avería e fundimento do buque PRESTIGE nas costas galegas,

 

      Quer manifestar publicamente a súa solidaridade cos afectados e afectadas; e ao mesmo tempo a súa crítica a actitude do Goberno Central que o único que fixo foi tentar zafarse das súas responsabilidades e ao Goberno da Xunta que estivo desaparecido nos días cruciais da traxedia.

 

      O Monte Veciñal en Man Común é unha propiedade tan singular de Galicia que, mesmo un desastre marítimo como é o caso do fundimento do PRESTIGE, vexe afectado xa que hai montes veciñais en concellos costeiros nos que os montes veciñais lindan coa liña marítima costeira, hai parques e areas naturais que estan perto das praias e son montes veciñais e porque os mariñeiros de baixura e as mariscadoras, que son os principais afectados, teñen a condición de de veciños e veciñas comuneiros no seu caso.

 

      Por todo isto, a ORGACCMM, fai un chamamento a todos os veciños e veciñas comuneiros para que participen en todos aqueles actos que tenten esixir solucións a estes desastres económicos e ecolóxicos para que non ocurran NUNCAMÁIS.

 

      Deste xeito facemos un chamamento para que ós devanditos comuneiros acudan á Manifestación que terá lugar o próximo DOMINGO, día 1 de DECEMBRO, en Santiago de Compostela.

 

            O Presidente da ORGACCMM:

 

            Asdo. Xosé Alfredo Pereira Martínez

            Vigo, a 27 de Novembro do 2.002