O Común dos Veciños
 Revista informativa da Organización Galega de Comunidades de Montes Ano 6 Número 7 Setembro 2004
Ir ó Sumario Ir á páxina ANTERIOR  

 Publicacións de interese

Título: As devesas reais da parroquia de Mourente
Autor: Xosé Carlos Morgade Martínez
Edita: Concello de Pontevedra

 

As devesas reais eran carballeiras mandadas facer no comunal pola Coroa xa desde a Idade Media. A súa función era a producción de madeira con destino á construcción naval, aínda que este obxectivo fracasou. Cada veciño era obrigado a plantar tres carballos por ano, o que provocaba moitos incidentes e non poucos saqueos das devesas. Séculos despois, durante a Desamortización, a maioría delas foron subhastadas. Hoxe soamente queda  a toponimia nas parroquias como vestixio da súa presencia. Este libro, do historiador Xosé Carlos Morgade, conta a historia destas parcelas desde o século XV ao XIX en que foron vendidas, con especial detalle na súa parroquia de Mourente. Os interesados poden pedir esta publicación ó Concello de Pontevedra.

 

Ir ó Sumario Ir á páxina ANTERIOR  
O Común dos Veciños
 Revista informativa da Organización Galega de Comunidades de Montes Ano 6 Número 7 Setembro 2004