O Común dos Veciños
 Revista informativa da Organización Galega de Comunidades de Montes Ano 6 Número 7 Setembro 2004
Ir ó Sumario Ir á páxina ANTERIOR  

 Publicacións de interese

Título: II Congreso Galego de Comunidades de Montes
Edita: Organización Galega de Comunidades de Montes, Pontevedra 2003

 

A Organización Galega de Comunidade de Montes editou as Actas do II Congreso Galego de Comunidades de Montes, celebrado en Pontevedra os días 1 e 2 de xuño de 2002. Na publicación recóllense íntegros os relatorios debatidos e aprobados, agrupados baixo tres epígrafes: “As reformas lexislativas necesarias”, “As alternativas para o monte veciñal” e “O monte veciñal como peza para o desenvolvemento local”, ademais das conclusións votadas en pleno pola asemblea. O libro inclúe tamén os discursos de inaguración e clausura, así como a homenaxe aos veciños de Balea (O Grove) pola defensa do seu monte veciñal nos anos 70. Os interesados poden pedir esta publicación á ORGACCMM.

 

O Común dos Veciños
 Revista informativa da Organización Galega de Comunidades de Montes Ano 6 Número 7 Setembro 2004