III CONGRESO GALEGO DE
COMUNIDADES DE MONTES
SITUAR O MONTE VECIÑAL NA
SOCIEDADE GALEGA
1º RELATORIO
I- Situación actual do coñecemento do monte veciñal na sociedade galega
a) Presencia nos medios de comunicación social
b) O concepto de monte veciñal das persoas non
veciños comuneiros e comuneiras
c) As relacións con outras entidades da parroquia
d) A falla de presencia nos ciclos educativos
e) Presencia nos programas e a práctica diaria
dos partidos políticos
II. Os beneficios indirectos do monte veciñal en man común: as funcións
sociais e medioambientais
a) O monte veciñal como pulmón das cidades e lugar
de disfrute do lecer de toda a sociedade
b) A defensa da biodiversidade e o combate contra
o cambio climático
c) A aplicación do Protocolo de Kioto
d) O aproveitamento sustentábel dos montes: os
planos de ordenamento, a certificación da madeira, os monocultivos, os usos da
auga.
III. O monte veciñal en man común como reserva de terra barata
a) A contradicción desenvolvemento de usos do
monte e dotación de infraestructuras e servicios públicos
b) O solo industrial
c) A actitude dos sectores relacionados co monte
veciñal
d) A preservación física dos montes veciñais, o
freo á súa diminución e degradación
IV. O papel das administracións públicas (locais, galegas e estatais) no
descoñecemento social do monte veciñal
V. Alternativas
2º RELATORIO
I. O concepto de propiedade veciñal e de veciño comuneiro
a) A busca
do nexo de unión desenvolvemento do monte veciñal e interese da comunidade
veciñal
b) Os dous
modelos de comunidades de montes: costa/interior
c) A
xeración ou non de rendas directas para os comuneiros
d) Procesos
de renovación das xuntas rectoras e censo de comuneiros/as
e) Corresponsabilización dos comuneiros e
participación nas asembleas xerais
f) Cursos
de formación de Xuntas rectoras e veciños comuneiros
g) Relación
cos centros de ensino da parroquia, concello ou bisbarra
h) Campañas
de divulgación entre escolares
i) Participación
da mocidade e das mulleres nas comunidades
l) Desaparición
da comunidade veciñal por abandono do lugar
II. Xestión e administración das comunidades de montes
a) Xestión
propia. A dignidade de ser veciño comuneiro
b) Xestión
propia entregada directamente a empresas e técnicos
c) Xestión
conveniada coa Administración
d) Xestión
dos montes aínda consorciados
e) Monte
veciñal e creación de emprego local
III. Divulgación do labor das comunidades de montes
a)
Intercambios de experiencias, visitas, comunidades organizadas en ámbitos
superiores á parroquia
b) Edición
de folletos informativos, revistas,...
c) Uso das
novas tecnoloxías da información
IV. O papel que han de ter as Administracións públicas para acadar unha
nova situación
III
CONGRESO GALEGO DE COMUNIDADES DE MONTES
SITUAR O MONTE VECIÑAL NA
SOCIEDADE GALEGA
1º RELATORIO
O MONTE VECIÑAL: O GRANDE
DESCOÑECICIDO DA SOCIEDADE GALEGA
I- Situación actual do
coñecemento do monte veciñal na sociedade galega.
O cambio
da estructura económica en Galicia coa consecuente diminución da importancia do
sector agrario e o desprazamento cara aos núcleos urbanos da poboación provocou
o abandono do rural e dos modos de producción ancestrais, entre os que se
atopaba o monte veciñal.
A
sociedade rural transformouse radicalmente, ao darse nela un proceso de
desertización e abandono da súa poboación. Situación na que o monte veciñal en
man común, deixou de ter a función de medio case imprescindíbel de vida dos
habitantes do mundo rural, o que significou que este se abandonase. Neste
proceso de abandono do monte veciñal como medio de vida dos habitantes do mundo
rural, non é alleo a política de montes aplicada,primeiro polos gobernos
centrais e despois pola Xunta de Galicia. Proceso que arranca coa usurpación
dos montes veciñais en man común os seus lexítimos donos ( Lei Hipotecaria –
1941), continua coa política de plantación de especies de crecemento rápido
(Lei de Patrimonio Forestal- 1946) e sigue hoxendía coa potenciación solo do
uso forestal dos montes veciñais en man común.
Esta política de montes fixo que se pasase de un
monte veciñal en man común asociado ao sistema agrogandeiro, e xa que logo,
medio de vida, a un monte veciñal en man común caracterizado polo abandono e
polo monocultivo forestal case nun 50 %. Absentismo e productivismo que
provocou unha reconversión salvaxe de estas terras veciñais. Producción
caracterizada por:
-Ser escasamente rendible en termos financeiros
-Ser incapaz de consolidar un patrimonio forestal
diversificado
-Eliminar as outras funcións do monte veciñal en
man común
-Eliminar o monte como medio de vida.
Esta política repoboadora aplicada ao monte
veciñal en man común, acabou destinando as mellores terras, terras axeitadas
para usos agrarios e gandeiros, mesmo alternativos, para uso forestal, e que
produzo enfrontamentos cos intereses da poboación do mundo rural. Política
repoboadora que se sigue aplicando na actualidade coas axudas para a
forestación de terras agrarias. Política repoboadora que se efectivizou con
especies de crecemento rápido, esquecéndose totalmente das frondosas. Especies
de crecemento rápido que se ben poden ser mais rentables a curto prazo, non
favoreceron a industria de transformación da madeira e foron incompatibles co
papel social e medioambiental que teñen que ter estas terras.
Política repoboadora que considerou ao monte
veciñal en man común como un lugar de obtención fiñancieira a través de
producción de madeira, promovendo deste xeito, masas monoespecíficas en terras
de cultivo e monte desarborado no resto. Modelo de monte planificado para
favorecer os intereses dos axentes privados e en contra dos intereses dos veciños
e veciñas comuneiros. Modelo de monte que ate o de agora seguiu
potenciando a Administración Pública
Galega. Está ben estudiado que o mundo rural galego entra en franca decadencia
e abandono máis ca nunha evolución que o faga progresar de xeito coherente. O
monte veciñal, expropiado e repoboado de xeito masivo polo réxime franquista,
deixa de ter utilidade para a veciñanza, que se ve incluso abocada a traballar
de balde para o estado nos que eran os seus montes, ou recibir multas e
sancións se tentaban continuar cos inmemoriais labores que tradicionalmente
eran básicos para o seu sustento, como apacentar o gando ou recoller estrumes
ou leña. Este é o punto de arranque que explica en parte a situación actual de
descoñecemento, de virar as costas aos montes veciñais por parte da nosa
sociedade.
Ademais
cando os montes veciñais son recuperados polos veciños e veciñas, faise cunha
serie de atrancos que non axuda a rachar con este descoñecemento, pois as
comunidades de montes teñen que desenvolver o seu labor nun contexto económico,
legal, social, en que este tipo de propiedades non encaixan doadamente.
Ao mesmo tempo que se produce esta reconversión
salvaxe dos montes veciñais en man común coa conseguinte despoboación do mundo
rural, a sociedade galega que non ostenta a calidade de veciño-veciña
comuneiro, escomenza a considerar o monte (en termo xenérico e sen distinción
do que é o monte veciñal en man común), como un lugar portador de funcións
recreativas, sociais e medio ambientais. Non dándolle valor, por descoñecemento,
aos beneficios que debe dar o monte veciñal en man común aos veciños –veciñas
comuneiros. Sen esquecerse das funcións sociais e medioambientais que o monte
veciñal debe cumprir, estes deben de dar beneficios directos os seus lexítimos
propietarios. Se non é así, se os veciños e veciñas comuneiros non viven a
carón dos seus montes veciñais en man común, estes non teñen futuro.
A sociedade galega, sobor de todo a que non
ostenta a calidade de veciño- veciña comuneiro, empeza a conceptuar o monte
veciñal en man común como un monte mais. Igual co resto dos montes. E dicir,
empezou a considerar ao monte veciñal en man común como unha elevación de un
terreo ou como unha superficie de terra cuberta de árbores e de capa vexetal. E
dicir a consideralo fisicamente e non socialmente. Cando o monte veciñal en man
común pode ser unha elevación do terreo, ou non. Pode ter cuberta vexetal e
arborada,ou non, xa que o monte veciñal en man común, foi aquela superficie
rústica non adicada permanentemente ao cultivo agrario, e ten que ser unha peza
que sirva para o desenvolvemento do mundo rural.
O descoñecemento da realidade e características, e
inda da existencia de monte veciñal, é xeralizado no conxunto da sociedade, e
abarca distintos ámbitos: nas cidades e no rural ( incluíndo lugares onde están
constituídas comunidades de montes, e ate entre membros das xuntas rectoras);
no mundo académico e cultural; entre os movementos sociais; nos grupos
políticos; nos medios de comunicación; etc.
A infravaloración dos montes veciñais, as falsas
ideas, as actitudes paternalistas producto do descoñecemento non so afogan a
vitalidade das comunidades de montes, senón que teñen como consecuencia que se
dilapiden oportunidades de desenvolvemento, que se tomen decisións políticas
sobre os montes discutíbeis e contradictorias, que se destrúan recursos, que se
perda un importante sinal de identidade do país, que, en fin, os montes
veciñais, malia a súa extensión , sexan invisíbeis e figuren como o derradeiro
lugar nas prioridades sociais.
Este descoñecemento do monte veciñal en man común
, do seu tipo de propiedade, do seu futuro, tense que ver refrexada nos
elementos que compoñen a sociedade galega. E dicir, nos medios de comunicación,
no sistema educativo, na vida dos grupos políticos (non esquezamos que estes
non son outra cousa que os
representantes democráticos da cidadanía), e mesmo nas outras entidades
asociativas das parroquias, que son a sociedade civil organizada.
a) Presencia nos medios
de comunicación social
O reflexo
que os montes veciñais teñen nos medios de comunicación non están en absoluto
de acorde coa importancia e influencia a todos os niveis na vida da xente. A
presencia é escasa, errónea e fragmentada.
Presencia escasa por non dicir nula. Non existe en
absoluto na programación de TV nin emisoras de radio de carácter galego, e
menos estatal; nos medios audiovisuais de carácter local a presencia é
anecdótica e non se recolle a labor nin os problemas das comunidades de montes.
Isto ocorre nos informativos e nos programas que tratan dos sectores
relacionados co monte. Así, cando un programa trata dun espacio natural, por
exemplo, nunca se fai referencia ao seu réxime de propiedade nin se cita ás
comunidades de montes nin de pasada; ou se hai que abordar os problemas do
monte de xeito global ou por un problema puntual nunca se contará coa voz nin
coa opinión dos comuneiros. Para os medios de comunicación de titularidade
pública esta situación non cumpre, no referido aos montes veciñais , coa obriga
de formar e informar á sociedade. En canto á prensa diaria a ausencia é total,
e só en determinadas comarcas se recolle a nivel local –nunca nacional- as
voces de intereses de todo tipo que reclaman espacios nos montes veciñais,
equipamentos, campos de golf, infraestructuras,... ou os conflictos entre
comunidades de montes dentro delas. Poren, certamente debe recoñecerse que é no
ámbito das “páxinas locais ou comarcais” daquelas zonas onde as comunidades de
montes están máis activas, que se recolle unha realidade realmente existente,
onde afloran novas e reflicten o labor e a problemática que se xera a nivel
concreto nunha comunidade de montes, nunca analizando a nivel xeral.
Presencia errónea por descoñecemento e prexuízos
dos xornalistas. As poucas veces en que as comunidades de montes aparecen,
móstranse continuos erros terminolóxicos (“Xuntas de montes”, “Montes
comunais”, confusión MV/CM...), e confusións en canto ao xeito de funcionamento
e nas súas características. E nisto caen tanto os xornalistas, como opinadores
varios, expertos e desgrazadamente, en non poucas ocasións comuneiros e ate
directivos de CM.
E presencia fragmentaria por que só se transmite
ao resto da sociedade unha visión distorsionada, negativa, pois só se reflexa a
existencia de CM illadamente e de xeito local, onde non se sinte a voz da
organización de ámbito galego que leva xa un labor de máis de 7 anos ocupándose
da problemática dos montes veciñais no seu conxunto. E fragmentaria por que os MV son obxecto de novas
xornalísticas e non suxeito delas.
Con todo isto resulta evidente que o conxunto da
sociedade non pode mudar o seu nivel de coñecemento e de valoración das CM e
dos MV se a súa opinión se forma unicamente por unha lectura acrítica do que
emiten os medios de comunicación. A actitude destes pode cualificarse respecto
aos montes como de impermeabilidade, por dicilo en termos suaves.
Para nada falan das comunidades de montes veciñais
en man común como xeradoras de emprego, da súa loita contra os lumes forestais,
de creadoras de proxectos, que baixo a óptica da sustentabilidade, están pondo
en valor todas as funcións dos montes
veciñais en man común.
A imaxe que ofrecen os medios a través dos lumes
forestais e do desastre ambiental, sen explicar que estes feitos se producen a
pesar dos esforzos das CCMM logra un efecto contrario e devastador que provoca
un rexeitamento social cara ao lume pero tamén un desprezo das CCMM como se
fosen responsables do lume directamente ou indirectamente por unha mala xestión
xeralizada de todas as CCMM.
b) O concepto de monte
veciñal das persoas non veciños comuneiros e comuneiras
A sociedade en xeral, e sobre todo os habitantes
dos núcleos urbanos ou daqueles que non teñen opción a formar parte da xestión
do monte, ignoran o significado e o funcionamento das CCMM, sendo moi pouco
sensibles coa súa esencia. A falta de información fai que o monte comunal sexa
considerado monte público e deste xeito se permita realizar sobre el todo tipo
de actividades (lecer, deporte, recollida de cogomelos, gastronomía, etc.) e de
falcatruadas ( recoller pinos para o nadal, abandonar cans, pasear con
vehículos por onde quixeran, facer lume ou coller madeira onde quixeran, etc.).
a falta de reacción, a postura á defensiva fronte á agresión, a falta de
comprensión mutua e de medios adecuados das comunidades de montes non pon
atallo a esta situación.
O grande descoñecemento social da existencia de
características dos MVMC fai que o concepto de MV estea moi desenfocado e a
miúdo cheo de prexuízos. Imponse por unha banda unha valoración negativa da
existencia dos MV e do funcionamento das CM, onde se magnifican algúns aspectos
negativos –certos ou non-, como a “usura ou enriquecemento ilícito” dos
comuneiros e nomeadamente dos cargos das Xuntas Rectoras, a falla de control
que teñen as CM pois “fan o que queren”, a pretendida ilexitimidade duns
veciños que queren decidir e xestionar uns montes que “son de todos” (e neste
todos inclúense xentes das cidades ou persoas que viven a centos de kilómetros
do monte en cuestión). Todas estas actitudes denotan un paternalismo cara aos
MV e aos veciños comuneiros –todos sen excepción veciños do rural- que
cuestiona a capacidade e mesmo a lexitimidade, de os veciños facerse cargo
responsablemente dos montes que lle son propiedade.
En contraste, non se percebe polas persoas que non
son comuneiras unha actitude de comprensión cara as CM, nin de reivindicación
de seren unha realidade singular do noso país, de defensa ante os ataques que
sofren os MV, nin de atención ou reivindicación de que se aproveiten as súas
potencialidades. Parafraseando a Castelao podemos dicir que ninguén fóra dos
comuneiros concienciados e responsabilizados cos seus MV é quen de entender a
súa importancia e pórse do lado da súa xusta causa.
As máis das veces a xente allea ás comunidades ven
os MV como un feito anacrónico no mundo de hoxe, onde prima a suposta
eficiencia económica, os beneficios a curto prazo, o individualismo e os
aproveitamentos privados que poden cuantificarse monetariamente de contado.
Certamente as características das CM non permiten entrar nese xogo de xeito
doado, e isto explicaría en parte os continuos ataques á natureza xermánica dos
MVMC, e críticas ás comunidades pola lentitude na toma de decisións, as
dificultades dunha “xestión pouco profesionalizada” ou a pretendida falla de
democracia.
c) As relacións con
outras entidades da parroquia.
Na súa maioría, os montes veciñais en man común
teñen como ámbito territorial as parroquias. Normalmente nas parroquias as
entidades organizadas que existen ou funcionan son: as asociacións veciñais, as
culturais, as xuvenís e as anpas. Moitos membros destas entidades organizadas,
ostentan a condición de veciño-veciña comuneiro, e polo tanto, deberían ter por
ouxetivo a figura da defensa do monte veciñal en man común e o desenvolvemento
harmónico de todos os seus usos. Mais en moitos casos, esto non ocorre así.
Estas entidades asociativas da parroquia, teñen a concepción de que as
comunidades de montes son o banco público da parroquia, e moitas veces a súa
actividade redúcese a solicitar axudas económicas á comunidade de montes para
levar a diante os seus proxectos. Este xeito de proceder non e o adecuado. E
non e o adecuado por que as comunidades de montes non son as corporacións
locais da parroquia, por non poden ser os amortecedores das reivindicacións
sociais da cidadanía ante os concellos, e sobor de todo porque desvirtúase os
ouxetivos das outras entidades asociativas das parroquias, dado que os seus
obxectivos son a reivindicación diante dos concellos para lograr unha mellora
da calidade de vida dos seus asociados nos distintos aspectos (social,
cultural, de infraestructuras, de dotación de servicios...).
Non estamos a negar de xeito radical que as
comunidades de montes veciñais en man común, non fagan obras de carácter
social, comunitario, nin potenciar actos culturais, con parte dos seus
ingresos. Pero este non pode ser o obxectivo principal do quefacer das
comunidades de montes. E en todo caso, se as fan, teñen a suficiente capacidade
para facelas elas mesmas. Todas as entidades organizadas das parroquias,
incluídas as comunidades de montes veciñais en man común, teñen que camiñar
conxuntamente para reivindicar diante das institucións administrativas a
mellora da calidade de vida, tanto dos que ostentan a condición de
veciño-veciña comuneiro, como das que non a ostentan.
Unhas óptimas relacións entre as distintas
entidades parroquiais deben ter como base a independencia, o mutuo respecto, a
interlocución, a coordinación e colaboración, mantendo a identidade cada entidade
e preservando a súas características. Debe partirse de que as entidades teñen
unha natureza, funcionamento, obxectos e ámbitos diferentes.
A evolución histórica das CCMM e a súa relación co resto das entidades
parroquiais está en moitos casos desvirtuada e viciada pola xestión inadecuada
de persoas e xuntas que utilizan a representación veciñal como plataforma de
proxección ou como reducto caciquil.
A CCMM supón unha das máis fortes organizacións
parroquiais debido a que os comuneiros comparten a propiedade do monte e polo
tanto os seus recursos. O uso do monte actual por parte dos parroquianos
limitase a coller unha pouca leña, a pasear, a facer algunha festa e nalgúns
casos a recoller as augas e a deixar o gando pastando. A maior parte do uso segue
a ser forestal, deste recurso obteñen a maior parte da financiación e resulta
esta actividade máis xeralizada, aínda que nalgunhas zonas a instalación de
aeroxeneradores, canteiras ou polígonos industriais permita aportar outros
beneficios económicos.
d) A falla de presencia
nos ciclos educativos.
No sistema educativo, o MVMC tampouco existe. Non
se ensina que é unha propiedade especial, a par da propiedade publica e da
propiedade privada. Non se ensina a súa historia, as súas funcións. Non se
define o concepto de veciño-veciña comuneiro, cando moitos nenos e nenas de
eses centros de ensino son futuros veciños e veciñas comuneiras. Agora ben, o
ensino do MV no sistema educativo non pode reducirse a slogans nin campañas
concretas de divulgación, como tampouco ás actuacións illadas e voluntariosas
das CM que a nivel local realizan un esforzo de conexión interesante cos
centros de ensino da súa zona. Isto, sen estar mal, non chega. O ensino do MVMC
debe estar presente en todo o sistema educativo, dende a ensinanza primaria ate
a ensinanza universitaria. E se falamos de educación profesional, acontece o
mesmo. Nin na formación profesional, nin nas escolas taller e obradoiros a
formación para ter persoal para desenvolver os múltiples usos dos montes, está
plenamente cuberta. Non só hai que formar enxeñeiros, técnicos e axentes
forestais. Tamén se precisan traballadores e traballadoras cualificadas
profesionalmente, para os traballos dos diversos usos dos montes veciñais en
man común. O traballo no monte non pode considerarse como algo temporal, para
gañar uns cartos na tempada de vran. O traballador e traballadora do monte ten
que vivir dignamente deste oficio. Porque isto, ademais, e unha forma de
asegurar a supervivencia do MVMC.
Non existe unha permeabilidade de información das
CCMM cara á sociedade, sendo neste momento un dos maiores problemas dado que
nin sequera a educación non formal desenvolve actividades nas que a sociedade
poida integrarse, quedando pechadas case exclusivamente aos comuneiros e familias.
e) Presencia nos programas
e a práctica diaria dos partidos políticos.
Cando analizamos a presencia da figura do MVMC no
programa dos partidos políticos e na súa práctica diaria, non podemos
esquecernos de analizar que os partidos políticos son a representación
democrática da cidadanía. Son un reflexo da sociedade. Como tampouco podemos
esquecer que e unha análise xeral, e xa que logo, non real na aplicación total
a todos os grupos políticos. Así as cousas, tampouco e de estrañar que o MVMC
sexa o gran ausente dos programas dos partidos políticos, e tamén da súa
práctica diaria. Nos programas dos partidos políticos, cando falan do monte
veciñal en man común , inclúeno sempre dentro da política forestal. Dando
propostas somentes para un só dos seus usos, o productivo. Pero mesmo este uso
productivo asóciano sempre ao uso forestal. As reivindicacións máis sentidas
das comunidades de montes veciñais en man común non se ven reflexadas polo
xeral nos programas dos partidos políticos.
A nivel político, ao igual que no resto da
sociedade, existe un gran descoñecemento do que supón o monte comunal. En
moitas ocasións o monte e defendido localmente en contra da liña política de
todas as organizacións partidarias.
Agora ben, tamén podemos dicir que as eleccións
autonómicas do ano 2005 parece que poden significar un cambio, é a primeira vez
que nos programas dalgún partido político se relaciona o MVMC co
desenvolvemento rural e tamén a primeira vez que hai uns puntos concretos para
os MVMC. Semella que pode ser un punto de arranque para unha concepción máis
axustada dos MVMC, como o exemplifican certas iniciativas e expectativas que se
abren para modificar a fiscalidade ás CM, para facela máis acaída á súa
natureza. En calquera caso, este incipiente troco de actitudes non debe facer
que as CM baixemos a garda, pois debemos seguir insistindo na loita de defensa
do concepto de monte veciñal para non desvirtuar a súa esencia e asegurar a súa
pervivencia futura.
II- Os beneficios indirectos do monte
veciñal en man común: as funcións sociais e medioambientais.
Os montes veciñais en man común sempre foron
espacios abertos, e deberían seguilo sendo. Cumpriron e deberían seguir
cumprindo, a parte da función productiva, as funcións sociais e
medioambientais, que, non esquezamos, teñen por si mesmas unha importancia
parella a aquela, e inclusive posúen unha dimensión económica que por ser máis
difícil de cuantificar en moitas ocasións non valoramos. E hai que considerar
que os beneficiados de estas dúas últimas funcións, non son somentes os veciños
e veciñas comuneiros. O beneficiado e a sociedade galega no seu conxunto.
Os montes veciñais en man común sempre
desenvolveron importantes funcións de tipo social como foron a ser creación de
emprego e medio de vida para o mantemento da poboación no medio rural asociado
ao sistema agrogandeiro.
a) O
monte veciñal como pulmón das cidades e como lugares de disfrute do lecer de
toda a sociedade.
O crecemento indiscriminado dos núcleos urbanos e
a falta de planificación levou a unha verdadeira fractura xeográfica e social.
A perda de valores sociais e de sistemas económicos tradicionais, a
fagocitación do rural pola urbe e a explotación de recursos fai que quede un
medio natural nunha situación moi mermada. Co despoboamento do medio rural e a
concentración da poboación en cidades industriais levou a estas populacions a
buscar espacios naturais, non contaminados para satisfacer as súas necesidades
de lecer co fin de lograr unha mellor calidade de vida. De feito que,
merendeiros, areas de lecer, rotas de carreirismo, disfrute da paisaxe ,
practicas deportiva o ar libre , foron aparecendo como usos dos montes veciñais
en man común. Novos usos que foron disfrutados por toda a sociedade galega e
non somentes por veciños e veciñas comuneiros.
Este uso social das populacions de cidades e das
vilas costeiras, que fixeron e fan dos montes veciñais en man común, debese a
estes non somentes ser unha propiedade especial (privada pero colectiva e
abertos), senón tamén por súa ubicación xeográfica . Non somentes hai montes
veciñais en man común no medio rural .Hainos nos concellos costeiros (mesmo
chegando a demarcación maritimo-terrestre) , e hainos nas cidades .Esta
ubicación xeográfica especial fixo que
os montes veciñais en man común, no somentes fosen lugares para o ocio e o
esparcimento das populacions das cidades e das vilas costeiras; fixo ademais
que se converteran en verdadeiros pulmóns das cidades.
O monte periurbán é a día de hoxe un medio
antropizado, coroado por monocultivos de piñeiro e eucalipto quedando relicto
ou inexistente o bosque galería ou o bosque atlántico. Aínda así dadas as
grandes carencias verdes dos núcleos urbanos o monte supón o pouco de natureza
e de saúde que queda preto dos núcleos excesivamente urbanizados.
Ao mesmo tempo , hai que considerar que cando os
montes veciñais en man común son recuperados por seus lexítimos propietarios,
unha parte dos seus ingresos son investidos en obras de tipo social e
comunitario (asfaltado de camiños , abastecementos de augas , alumeamento
público, saneamento......). Así como tamén hai que considerar que outra parte
dos ingresos dos montes veciñais en man común adicanse ao mantemento das
manifestacións culturais do noso Pais. Moitas bandas de música, moitos grupos
de bailes, moitos grupos de gaitas...... existen gracias ao mantemento que fan
deles as comunidades de montes veciñais en man común. E os beneficios de esta
laboura , que tamén siñifica mellora da
calidade de vida, non son somentes os veciños e veciñas comuneiros, senón que o
é a sociedade no seu conxunto.
b)
A defensa da
biodiversidade e o combate ó cambio climático.
Ademais de esta función social, os montes veciñais
en man común cumpren tamén unha importante función medioambiental. Semella que
a partir das últimas décadas do século pasado, a sociedade mundial tomou
conciencia dos graves problemas mediambientais que está a sufrir a Terra. Dende
a celebración do Cumio de Río de Xaneiro (1992) aceptase mundialmente que os
montes (os veciñais tamén) teñen unha
transcendencia global por súa contribución ao mantemento dos procesos
ecolóxicos esenciais, sobor de todo cos relacionados coa regulación do ciclo
das augas, co cambio climático e coa preservación da biodiversidade. Nos montes
é onde está a flora e a fauna a perservar, onde están as paisaxes
ameazadas que hai que conservar, onde
hai que protexer o chan e coidar a calidade das augas.
Na conferencia de Nacións Unidas sobor Medio
Ambiente e Desenvolvemento, denominada Río -1992, vense a definir que os montes
(os veciñais tamén) son indispensables para o desenvolvemento económico e para
o mantemento de todas as formas de vida. E que os aproveitamentos dos montes
deben de ser obxecto de unha ordenación sustentable co fin de atender as
necesidades sociais, económicas, ecolóxicas e culturais das xeracións presente
e futuras. E dicir, compre camiñar de contado hacia un monte
multifuncional desenvolvido baixo a
óptica da sustentabilidade. Esto é, que sexa economicamente viable, socialmente
beneficioso e mediambientalmente responsable.
c) A aplicación do protocolo de Kioto
Un dos maiores desastres
ambientais contemporáneos é a perda de biodiversidade, é dicir a reducción e
perda da variedade de especies que provoca un empobrecemento do medio ambiente.
A sobreexplotación histórica dos recursos forestais e a promoción do
monocultivo levou a unha perda de valores ambientais dos nosos montes
comparable só a unha catástrofe planetaria. A nivel mundial esta situación
tende a xeralizarse en todos os lugares do planeta, dende a selva amazónica aos
bosques nórdicos e xunto coa perda de biodiversidade vexetal pérdese tamén
todos seres vivos asociados, fauna, fungos, microorganismos, etc. Esta
situación é aproveitada por unha serie de seres oportunistas que se promocionan
ou ben se adaptan, como é o caso dos bioinvasores, agudizando os efectos.
Nos últimos tempos, vimos asistindo a diferentes
informacións relacionadas co cambio climático e co efecto invernadoiro, como
consecuencia das emisións a atmosfera de gases (entre eles o C02), dos países
industrializados ou en vías de industrialización. No ano 1997 asinase o chamado
Protocolo de Kioto co obxectivo de reducir, (para o período 2008-2012) ditas
emisións nun 5´2%. Como consecuencia de este acordo, establecese un comercio de
emisións entre os países industrializados. Comercio, que como o seu propio nome
indica, e unha compra e venda de emisións.De xeito que os que reduzan as súas
emisións mais do comprometido, poidan
vender certificados e emisións aos países que non cumprían co seu compromiso.
Fica claro que o comercio de emisións non reduce por si mesmo as emisións,
senón que supón unha redistribución das
emisións dos países industrializados. A filosofía do protocolo de Kioto, non é
que se remate coas emisións, son que somentes persigue que pague quen contamine
ou quén menos reduza as súas emisións. O único xeito de que este instrumento
tivese uns resultados mediambientais, seria o establecemento de unha cuota
estricta de dereitos de emisións que fose garantida polo protocolo de Kioto.
A función do arborado no ciclo do carbono e o seu
papel de mitigar o cambei climático a través da fixación do CO2, o que se
coñece polo efecto sumidoiro. E un papel sumamente importante, xa que por tomar
somentes o dato do arborado que mais existe no monte galego, podemos dicir que
1 Ha de piñeiros, absorbe 110 Tm de carbono ao ano. A masa arborada que ten
Galicia, e a que mais fixación fai en todo o Estado, mais para a asignación de
cotas de emisións as empresas, a fixación de carbono que fan os montes galegos,
non se contabilizou para as empresas galegas, senón que se inclúe na
contabilización para todo o Estado.
No momento actual escóitanse voces entre os
gobernos e as empresas para tratar de acadar acordo sobor a compre e venda de
emisións. Pero en ningún caso se está a falar cos titulares dos montes, no noso
caso cos titulares dos montes veciñais en man común, que son os que absorben o
carbono. Esta situación amosa unha vez mais que as funcións sociais e
mediambientais que realizan os montes, non son asumidos polos poderes públicos,
que nin sequera falan cos titulares dos terreos para falar de este asunto. Esta
importante contribución que fan os montes (no noso caso os montes veciñais) a
protección do medio ambiente, teñen que ter repercusións favorables para os titulares
de estas terras xa que coas inversións que fan para a mellora dos seus montes,
están a contribuír no cumprimento da
función ecolóxica e da función social (o
reparto de asignacións de emisións axuda o mantemento das empresas e xa que
logo o mantemento dos postos de traballo.
d) O aproveitamento sustentable dos montes: os planos
de ordenamento, a certificación da madeira, os monocultivos, os usos da auga.
A ordenación das actividades do monte faise
necesaria dende o punto de vista da garantía dunha explotación que permita u bo
aproveitamento e unha pervivencia do recurso, ademais a ordenación traspasa o
mero feito da explotación forestal para analizar todas as posibilidades do
monte tratando de combinalas e aproveitalas.
O monte segue a ser actualmente un recurso
indispensable, a pesar dos cambios de uso. Antano, cando se facía uso do monte
a auga non era necesaria porque as fontes públicas e os pozos surtían abondo
para a poboación. O aumento da poboación e das construccións e a falta de
planificación e saneamento provocaron a sobreexplotación e contaminación dos
acuíferos facéndoos insuficientes e insalubres. É por iso que os montes pasaron
a ser un aporte de auga san de grande importancia, a pesar de non ser
suficiente para un incremento brutal, non tanto da poboación, senón do consumo.
A sociedade do benestar converteuse na sociedade do despilfarro e actualmente
en lugares a menos de 10 Km das praias máis frecuentadas cóntase con centos de
piscinas e de rego de céspedes que tiran dun consumo excesivo e despilfarrador
dun recurso de alta calidade como é a auga dos mananciais do monte.
O logro dun monte multifuncional ten que ir unido a unha xestión dos usos de
estas terras dende a óptica da sustentabilidade
(económica, social e medioambiental). E dicir, que o uso de estas terras
comunais hai que facelo de xeito que manteñan a súa biodiversidade, a súa
productividade, a súa capacidade de rexeneración, a súa utilidade e o seu
potencial para asegurar que hoxe e mañá
sigan cumprindo as súas funcións sociais
e economizas, sen danar os ecosistemas. Pola propias características das
Comunidades de montes estas atópanse en mellor posición cós propietarios
particulares ou as empresas capitalistas para actuar non no curto prazo, senón
con criterios de desenvolvemento sustentábel. As ferramentas para lograr este
xeito de xestión son diversas. Entre elas temos os plans de ordenamento e a
certificación forestal.
A xestión sustentable dos montes veciñais en man
común (plans de ordenación, certificación forestal e outras ferramentas),
significa un custe a mais para os titulares de estas terras, a vez que pode
hipotecar certos usos. Dentro de esta xestión sustentable dos montes veciñais
en man común, atopase o mantemento das funcións sociais e mediambientais de
estas terras. Funcións das que son beneficiados non somentes os veciños e
veciñas comuneiros, senón que o é toda a sociedade no seu conxunto.
Xa que logo, estas funcións teñen que facer que a mesma sociedade que e a gran
beneficiada, tome medidas que favorezan os titulares de estas terras. Os Plans
de Ordenación son ferramentas que teñen
que ser unha planificación dos obxectivos e a definición de prioridades de ese
monte multifuncional e sustentable. E mais, o criterio de sustentabilidade debe
garantir o mantemento dos outros criterios. Nos criterios de
sustentabilidade debe de analizarse a
eliminación paulatina dos monocultivos forestais que padecen os nosos montes e
que son producto de unha política de montes moi concreta (política forestalista
e productivista), e analizar os usos das augas. A existencia do monte non
somentes inflúe no réxime de precipitacións; senón que tamén filtran a auga e
retéñena na terra, reducindo o efecto erosión.
A Certificación forestal e unha ferramenta que
pretende vincular o comercio dos productos do monte coa xestión
sustentable de estes co fin de lograr que se comercie unicamente con productos do monte xestionados
de xeito sustentable. A certificación forestal basease en dous aspecto. Un: a
presión externa aplicada a través do comercio levaría aparellada practicas de
xestión sustentable.
Dúas: A demanda do mercado de productos provintes
de montes con xestión sustentable provocaría prezos mais altos de estes
productos nos mercados. De todos os xeitos, a certificación forestal, pódese
dicir que está nos seus comezos. A día de hoxe resulta difícil prever as
consecuencias de esta esixencia, se ben semella probable que perante os
próximos anos as actividades de certificación forestal seguiran medrando.
A verdadeira certificación forestal é o ter unha
monte con un plan de aproveitamento sustentable; situación que hoxe por hoxe
non se da nos montes galegos. A implantación da certificación forestal en
Galicia, hoxe voluntaria pero quizais mañá imprescindíbel, foi un colocar o
carro diante dos bois. A actitude que tivo o anterior goberno galego no tema da
certificación forestal, ademais de partidista (optou descaradamente polo selo
forestal PEFC), non foi lograr que os montes veciñais en man común fosen
xestionados de forma sustentable, senón que foi lograr un selo de calquera
maneira, co fin de vender no mercado madeira "certificada". Somentes
así pode entenderse que en un momento, o anterior goberno galego
certificou case 100.000 Has de monte
veciñal en man común conveniado ou
consorciado. Cando é público e notorio que estes montes, salvo excepcións, son
os que están mais abandonados. Sen ter moi claro a necesidade de certificación
forestal, vista a realidade dos montes veciñais en man común, estes deberían
optar de xeito claro e nídio polo modelo FSC. Non somentes porque
medioambientalmente é mais correcto, senón tamén porque é o selo que relaciona o monte co desenvolvemento rural,
que recolle mellor a esencia e plantexamentos iniciais da certificación, e non
implica simplemente un verniz de lexitimación social pero mantedor do estado
das cousas como pode ser o outro selo.
Nestes momentos
circulan estudios por aí adiante que tenta calcular monetariamente os
custos dos usos sociais e mediambientais
dos montes veciñais en man común, co fin de que sexan os usuarios o que
paguen estes custes. E mesmo hai voces que apoian estas pretensións. Non
estamos de acordo con estes prantexamentos. E non estamos de acordo non
somentes porque sexa difícil cuantificar economicamente o custe do "servicio
medioambiental". Non estamos de acordo con esa filosofía xa que a función
social, pero mais a función ecolóxica dos montes veciñais en man común non
teñen, nin deben ter padriños privados. Este ben que fai o monte veciñal en man
común a toda a sociedade, ten que ser esta a que compense os titulares de estas
terras. E esta compensación terá que vir dada
por lexislacións especiais ( caso da fiscalidade) e sobor de todo por
unhas políticas de axudas e subvencións. Pero non dadas en concepto de limosna,
senón dadas en concepto de inversión en obras de caracter social e de interés
público (como se fai cas estradas, centros de ensino, centros de saúde,...).
Cando se fala de xestión sustentable de MVMC,
semella que se esta a falar de un concepto novo, de un concepto moderno. Mais
esto non é así.
A comunidade rural labrega, os veciños-as
comuneiros-as, sempre usaron os seus MVMC de forma sustentable. Mesmo cando no
MVMC se realizaban tarefas para aumentar a producción coma arar as rozadas, as
cavadas, as estivadas e o emprego do lume, facíano de forma sustentable.
Ou non foron accións sustentables, evitar que na
época da desamortización se venderan os MVMC, asociar os MVMC ó sistema
agro-gandeiro xerando emprego e fixando poboación, ou nas décadas dos 60 e 70
do século pasado loitar pola devolución dos MVMC aos seus lexítimos donos?.
Se non fora por estas accións sustentables
humanas, hoxe non existiría o MVMC, e xa que logo, sería imposible facer unha
xestión sustentable do mesmo.
Normalmente cando se fala de xestión sustentable
dos MVMC, sempre se fala de instrumentos de xestión forestal. Evidentemente
estes instrumentos técnicos son importantes, mais por si solos non chegan para
asegurar unha xestión sustentable dos MVMC. Non se pode descartar o seu
emprego, pero hai que facer algo mais.
A sustentabilidade dos MVMC, independentemente dos
instrumentos técnicos que se empreguen, vai depender da actitude que manteñan
os veciños-as comuneiros-as. De que os veciños-as comuneiros-as vivan a carón
do monte e non de costas a el. Porque os veciños-as comuneiros-as son o
elemento dinámico do sector montes.
A sustentabilidade dos MVMC pasa por:
III-O monte veciñal en man común como
reserva de terra barata.
"O que é do común , non é de ningún"
.Esta frase tremenda, está por desgracia, metida nas mentes dos Poderes
Públicos, dos poderes económicos, en boa parte da sociedade galega e mesmo
nalgunhas comunidades de montes veciñais en man común.
Repasemos as opinións que polo común verquen os diferentes grupos sociais
sobre os MV. Os xestores municipais ollan con receo aos MV, e non lles convén a
súa autonomía con respecto aos concellos, de quen dependeron ate a súa
devolución aos veciños. Os empresarios ven só terreos baldíos sen
aproveitamento que só son un atranco aos seus desexos de dotarse de terreos
baratos. Os promotores diversos ollan os MV pensando en poder meterlle o dente
para a súa urbanización con vivendas, chalés, canteiras ou parques eólicos. E
así seguido. Os veciños comuneiros en todo caso non serían máis ca uns
propietarios molestos a quen hai que canear dalgún xeito.
Ate o día de hoxe, os sucesivos gobernos galegos
non entenderon o monte veciñal en man común como un espacio xeográfico onde se
deben de cumprir as tres funcións clásicas e tradicionais que todo monte debe
cumprir (a social, a económica e a medioambiental). Nin sequera entenderon ao
monte veciñal en man común como unha das pezas para lograr o desenvolvemento do
mundo rural no camiño de fixar poboación neste medio. Ate o día de hoxe, os
sucesivos gobernos galegos entenderon o monte veciñal en man común como un
problema que hai que arrancalo axiña das mans dos veciños e veciñas comuneiros
para entregalos e intereses económicos e
especulativos. De aí que os sucesivos gobernos galegos non procederan a facer
os deslindes dos montes veciñais, non cumprían os convenios (non digamos os
consorcios), non asesoraron as comunidades de montes, non dotaron os montes
veciñais en man común de plans de xestión. De aí que se elaboraran lexislacións
lesivas para os montes veciñais en man común (fiscalidade, lei do solo, enerxía
eólica.....). De aí que os xurados provincias de clasificación dos montes
veciñais en man común non declararan a
montes como tales en base a argumentacións tan absurdas e ilegais como: non ter
interese forestal, estar ocupados por dotacións e servicios e mesmo estar
usurpando por particulares.
a) A
contradicción: desenvolvemento dos usos do monte e dotación de infraestructuras
e de servizos públicos.
A concepción practica e real que tiveron , ate o día de hoxe os sucesivos
gobernos galegos foi a de que o monte veciñal en man común non ten ningún valor
(se acaso o forestal) e iso veuse refregado nos expedientes de expropiación
forzosa dos montes veciñais en man común, expropiación que nono esquezamos ,
significa eliminación física do monte. Por lei, os montes veciñais en man común
poden ser expropiados por causas de utilidade pública ou interese social. Para
que un monte veciñal poida ser expropiado e preceptivo que o Consello da Xunta
de Galicia, dicte un acto de prevalencia. E é nestes actos de prevalencia onde
se amosa as claras a concepción que tiveron os sucesivos gobernos galegos.
Nestes actos de prevalencia o monte veciñal nunca o foi, nunca se tiveron en
conta, ademais das económicas, as importantes funcións sociais e
medioambientais que cumpren. E esta postura valeu tanto para cando había un
interese social grande (centros de saúde, infraestructuas), como cando o
interés social era verdadeiramente particular (enerxía eólica, urbanizacións
asociadas a campos de golf...). As
administracións e a sociedade deberan ter claro que en moitos casos existe unha
contradición grande entre o desenvolvemento e usos do monte e as
infraestruturas públicas, que non sempre se ten que resolver en contra dos
montes veciñais.
A concepción do monte como unha reserva de chan
barato, vese tamén refrexada nas sentencias dos Tribunais do Xustiprecio
(organismo dependente do goberno galego). Estes tribunais cando dictan o
xustiprecio dos montes veciñais en man común expropiados, somentes valoran a
terra segundo a clasificación urbanística. Para nada teñen en conta as funcións
sociais e mediambientais que cumpren estas terras, os valores paisaxísticos, a
existencia de restos históricos e culturais.
Para estes tribunais os montes veciñais en man
común son valorados somentes dende a óptica urbanística. ¿Onde esta o valor do
concepto da sustentabilidade que teñen os montes veciñais en man común). Os
concellos galegos, salvando evidentemente as excepcións, que sempre as hai,
conceptúan os montes veciñais en man común como unha reserva de chan barato,
(ou sen ningún valor), onde se poden instalar calquera tipo de obras e
dotacións (escombreiras, autoestradas, polígonos industriais....), que ninguén
quer. E o que aínda e mais grave, conceptúanse os montes veciñais en man común
como grandes superficies de terra para favorecer intereses económicos,
urbanísticos e especulativos, intereses todos eles alleos os intereses das
comunidades de montes veciñais en man común. Por esta mesma idea, non e de
estrañar que os concellos consideren as comunidades de montes veciñais en man
común como os seus substitutos para que fagan obras que lles corresponden a
eles. Para nada os concellos conceptúan aos montes veciñais en man común como
unha das pezas para o desenvolvemento da economía local, da economía social,
nin como unha das pezas para o desenvolvemento do mundo rural. Para que os
montes veciñais en man común sexan medios de vida e axuda a fixación da
poboación nestes medios.
b) O solo industrial.
Quizais non estaría mal recomendarlle as actuais
corporacións dos concellos galegos que lean as actas dos seus concellos no
século XIX. Naquela época, os concellos galegos, moito menos democráticos cos
concellos de hoxe, cando se aplicaron as leis desamortizadoras que puñan a
venta os montes veciñais en man común, puxéronse a carón dos veciños e veciñas
comuneiros para que os montes veciñais en man común non sairán da titularidade
destes. E puxéronse a favor dos intereses dos veciños e veciñas comuneiros
porque entendían que os montes veciñais en man común eran o medio de vida da
sociedade rural galega, xa que daquela os montes veciñais en man común eran o
soporte do complexo agrogandeiro.
Os poderes económicos e especulativos, vai mais
alá. Reclaman abertamente que se lle rouben os montes veciñais en man común os
seus lexítimos propietarios, aos veciños e veciñas comuneiros. Propoñen
abertamente que se modifique a lexislación sobre os montes veciñais para que
estes poidan ser obxecto de compra e venda. E dicir, tentan que se elimine o
concepto de propiedade xermánica de estas terras, abrindo así a portas para a
súa desaparición. Aparte de que esta proposta e ir en contra da que estes
poderes entenden para as súas propiedades, (a sacrosanta idea da propiedade
individual), e ir en contra do concepto, semellase ser asumido por todos, da
sustentabilidade que teñen que ter estas terras comunais. Estes poderes
económicos e especulativos, ante o que din eles falla de chan industrial,
pretenden fincarlle o dente, aos montes veciñais en man común, terras que moi
en contra do que din eles "non están a monte". Algunhas de estas
terras son productivas dende o punto de vistas económico, e todas son
productivas dende o punto de vista social e medioambiental. Hai moitas mais
terras que están "a monte", pero que non son montes veciñais en man
común, senón que son propiedades particulares. Mais destas os poderes
económicos e especulativos non din nada. Mais se estas terras teñen propietarios,
os montes veciñais en man común tamén, os propietarios son os veciños e veciñas
comuneiros.
Na utilización dos montes veciñais en man común
para dotación de chan industrial, produces un enorme negocio especulativo,
negocio do que os únicos que non son beneficiados son a comunidade veciñal. Tamén os concellos son
os grandes beneficiados. Estes son os que adquiren as terras (mediante cesión
ou expropiación). Mércana con valor de chan rústico (nas expropiacións tamén),
e logo véndenlla as empresas con prezo de chan industrial. E neste cambio de
clasificación do chan, o valor de este, cando menos, multiplicase por dez. A
isto hai que engadirlle o que recadan os concellos dos impostos que teñen que
pagar as empresas radicadas no polígono industrial. Os concellos son os que se
embolsan estas enormes plusvalías. Se por causa de forza maior, se por un
interese social meridianamente claro, hai que ceder superficie do monte veciñal
para dotación de chan industrial, a comunidade veciñal nunca debe de perder a
titularidade de estas terras, nin debe deixar de xestionalas. Hai outras
fórmulas como e a do aluguer. Se hai negocio, o negocio que sexa para a
comunidade veciñal para que, cando menos, os principais beneficiados sexan os
titulares de estas terras.
c) A actitude dos sectores relacionados co monte veciñal.
Hai outros sectores relacionados cos montes
veciñais en man común que se ben, non conceptúan o monte veciñal en man común
como unha terra sen valor ou como unha reserva de chan barato, si que ven o
monte veciñal en man común dende o punto de vista do negocio, do seu negocio.
Estamos a falar, salvando as excepcións que haxa que facer, de distintas
asociacións de propietarios forestais, de empresas forestais e de persoal
técnico. Estes sectores entenden que os veciños e veciñas comuneiros, non están
preparados, non están capacitados para xestionar as súas propiedades, para
xestionar os montes veciñais en man común. Xa que logo, deben ser eles os que
decidan e xestionen sobre de estas propiedades. Compre tamén combater esta
concepción do monte veciñal. Os únicos que deben de decidir, xestionar e
administrar estas propiedades, son os seus titulares, esto é, son os veciños e
veciñas comuneiros. Ninguén alleo a eles debe facelo. Non cabe dúbida que no
desenvolvemento dos aproveitamentos do monte veciñal, as comunidades de montes,
teñen que contactar con empresas forestais e persoal técnico ( plans de
ordenación, proxectos, memorias, traballos silviculturais.....), pero esta
relación ten que ser meramente mercantil. E dicir, ten que significar soamente
pagar polo traballo feito. E nada mais.
Nesta concepción do monte veciñal en man común
como terras sen valor, como grandes reservas de chan barato, como "seu
negocio", os poderes políticos, os poderes económicos e especulativos por desgracia non están solos. Boa parte da
sociedade galega e mesmo algúns veciños
e veciñas comuneiros, tamén teñen esta concepción sobre estas terras comunais. “Cando se plantexa a construcción de
unha infraestructura, poñamos por caso unha vía de comunicación, é normal
escoitar propostas das comisións de afectados esixindo que o vial vaia polo
monte que é “ por onde menos danos
fai” . E non é infrecuente escoitar nas Asembleas Xerais dos veciños e
veciñas comuneiros, as mesmas argumentacións. Compre rachar este tipo de
argumentacións estándares; e os primeiros que temos que facelo somos os veciños
e veciñas comuneiros .
d) A preservación física dos montes veciñais
o freo á súa diminución e degradación.
A pesar das súas características de propiedade
xermánica, os montes veciñais en man común, por razóns de utilidade pública ou
de interese social, poden ser expropiados. A expropiación significa a
eliminación física do monte veciñal. A superficie de monte expropiado, deixa de
ser monte. E dicir, esa superficie de monte expropiado deixa de cumprir as
funcións que debe cumprir (a social a productiva e a medioambiental), das que
son beneficiados toda a sociedade. Polo tanto o monte deixa de cumprir as súas
funcións. Compre comezar a divulgar, co fin de concienciar a sociedade galega,
que as veces é moito mais rentable, mesmo economicamente, o tirar varias casas
para a construcción de esa infraestructura (sempre e cando ao afectado se lle
resarce nas debidas condicións), que eliminar fisicamente o monte veciñal en
man común. Evidentemente sempre é mais rendíbel social e medioambientalmente a
preservación dos montes veciñais en man común. Débese manter viva a loita pola
preservación física, pola pervivencia dos montes veciñais. No últimos anos
estáse a dar unha agresión sen precedentes que fai que diminúa
significativamente a súa superficie, fragmentándose, perdendo utilidade pola
súa falla de continuidade. Imponse a regulación da utilidade pública do monte,
estabelecer criterios de prevalencia en caso de colisión de utilidades públicas
par minimizar as expropiacións, e que se realicen estudos serios e contrastados
cando se dean estes procesos. Cando excepcionalmente
a expropiación se teña que producir, debería permitirse, mediante a lexislación
acaída, que as Comunidades de Montes afectadas poidan incorporar outros terreos
que pasen a ter a consideración de montes veciñais en man común.
Conceptuar os montes veciñais en man común como
terras sen valor ou como grandes reservas de chan barato, e eliminar todas as
funcións que debe de cumprir estes montes. E os grandes prexudicados de esta
concepción, non son solo os veciños e veciñas comuneiros, éo toda a sociedade.
Conceptuar ao monte de este xeito, e pan para hoxe e fame para mañá.
IV-
O papel das Administracións Públicas (locais, galegas e estatais) no
descoñecemento social do monte veciñal.
As distintas administracións Públicas (locais,
galegas e estatais), conceptúan ao monte veciñal en man común, en dúas grandes
liñas, en termos xerais. Estas dúas grandes liñas son:
-A función principal dos montes veciñais en
man común e a productiva, entendendo como productiva solo a producción forestal.
-Os montes veciñais en man común son
reservas de chan barato para instalar neles obras e servicios, non para intereses sociais,
senón para intereses económicos particulares e especulativos.
Agora ben, as corporacións locais e os distintos
parlamentos, non son entes etéreos, non están postos por un ser superior. Son a
representación democrática da cidadanía; dos veciños e veciñas comuneiros,
tamén. Xa que logo, vai ser a sociedade civil organizada e unida, e as
comunidades de montes veciñais en man común, sono, as que poidan lograr ese
cambio na concepción dos montes veciñais en man común por parte das distintas administracións
públicas.
Unha distinta concepción dos montes veciñais en
man común, que ten que pasar polos seguintes eixes:
1)-Recoñecemento pleno do monte
veciñal en man común como unha propiedade de caracter xermánico, pero que poida
actuar e desenvolverse na sociedade actual.
2)-Camiñar de contado cara un monte
multifuncional axeitado, en primeiro lugar as demandas dos veciños e veciñas
comuneiros, e en segundo lugar axeitado as demandas da sociedade no seu
conxunto.
3)-Desenvolvemento de todos os usos
de todas as funcións dos montes veciñais en man común, dende a óptica da
sustentabilidade.
4)-Relación do desenvolvemento dos
usos dos monte veciñal en man común co desenvolvemento do mundo rural (e local,
tamén), no camiño da creación de postos de traballo e no fixamento da poboación
no medio rural.
O futuro
do monte veciñal en man común pasa pola relación do seu desenvolvemento
harmónico, co desenvolvemento do mundo rural. De non ser así, case nos
atrevemos a dicir que o monte veciñal en man común, non terá futuro. Entendendo
sempre que monte veciñal en man común non
e a peza para este desenvolvemento, senón que e unha das pezas do mesmo.
Agora ben,
neste desenvolvemento do mundo rural (e local, tamén) a poboación (e as
comunidades de montes veciñais en man común, son poboación organizada), non
pode ocupar un lugar secundario, tal e como acontece, e aconteceu, ate de agora
nos diversos programas europeos de desenvolvemento rural. Ate o de agora, o
protagonismo de estes programas europeos, son as empresas e os concellos. A
sociedade civil organizada (e as comunidades de montes o son), teñen que ser os
principais protagonistas de este desenvolvemento rural (e tamén local).
As
estratexias para o desenvolvemento do mundo
rural, teñen que darse dende a óptica da integración. Este caracter integrador
de este desenvolvemento, ten que representar a conciliación entre as
necesidades manifestas de un determinado territorio, as condicións de vida da
poboación que o habita e os recursos do mesmo. Polo tanto, ten que ser a
sociedade civil organizada a protagonista de este desenvolvemento. Esto
significa planificar as estratexias do desenvolvemento pensando na
poboación o cal ten que significar que debe ser a propia poboación a que
planifique estratexicamente como quer ese desenvolvemento. Porque ademais, este
e o único xeito de lograr un desenvolvemento dende a óptica da
sustentabilidade. E dicir, plantexando un desenvolvemento de xeito equilibrado,
empregando respectuosamente os recursos existentes do territorio e garantindo a
mellora das condicións de vida das poboacións do mundo rural (e local tamén).
V- Alternativas.
SEGUNDO RELATORIO:
“ACTITUDE A TOMAR POLOS
VECIÑOS/AS COMUNEIROS PARA SITUAR
O MONTE VECINAL NA SOCIEDADE
GALEGA”
I- O concepto de
propiedade veciñal e o concepto de veciño/a comuneiro.
A
propiedade do monte veciñal en man común correspóndelle a colectividade
veciñal. Para acadar a condición de veciño/a comuneiro hai que ser titulares de
unidades económicas con casa aberta no linde territorial no que foi devolto o
monte veciñal en man común e que veñan exercendo, segundo usos e costumes,
algunha actividade relacionado co monte. Precísase tamén dun acto de vontade do
veciño como é solicitar a súa inclusión no censo de comuneiros, que ha de ser
aprobada pola asemblea xeral. Nin na lei de montes veciñais en man común
actualmente vixente, nin no seu Regulamento, define como ten que ser esta
actividade relacionada co monte.
A
interpretación da condición de veciño/a comuneiro e moi dispar nas diversas
comunidades de montes que existen no Pais. De feito que en algunhas para ter a
condición de veciño/a comuneiro soamente compre con ser veciño/a; namentres que
noutras, para acadar tal condición, esíxelle
que sexan agricultores/as ou gandeiros/as.
Este
indefinición, carrexa problemas para as comunidades de montes. Para as
comunidades de montes das cidades e vilas, onde se instalan unidades económicas
de segunda residencia ou de residencia-dormitorio, e que deciden acadar a
condición de veciño/a comuneiro para arranxar problemas persoais (asfaltar o
seu camiño, por puntos de luz no seu camiño, traída de augas para a súa vivenda
.....), pero que logo de arranxado o seu problema, nunca mais aparecen polas
asembleas xerais. Para as comunidades de montes do interior do País, onde os
que viven fora do lugar, queren acadar a condición de veciño/a comuneiro, sobre
todo naquelas comunidades de montes que reparten parte do ingresos do monte,
sobre todo, cando estes ingresos non proveñen do que poderamos dicir, ingresos
propios do monte, senón dos que proveñen como producto de expropiacións,
instalacións de parques eólicos ou actividades extractivas. Alegando que teñen
dereito a ser veciño/a comuneiro porque manteñen propiedades.
A
definición de veciño/a comuneiro que se mantén, tanto na lei de monte veciñais
en man común actualmente vixente, como no seu regulamento, tiña sentido para
aqueles momentos, para cando o monte veciñal en man común era o soporte do
complexo agrogandeiro, e xa que logo medio fundamental de vida da sociedade
rural galega. Mais a sociedade cambiou, o monte veciñal tamén e xa que logo
tamén ten que cambiar o concepto de veciño/a comuneiro. Mais, mesmo daquela,
non soamente acadaban a condición de veciño/a comuneiro os que tiñan como
actividade principal a agricultura ou a gandería e xa que logo, usaban o monte
veciñal todos os días. Tamén acadaban a condición de veciño/a comuneiro as
outras profesión do lugar, aldea ou parroquia na que era usado o monte veciñal
en man común e que usaban o monte de xeito esporádico (leña para a cociña,
estro para o gando en cortes, suplemento alimentario do mesmo gando. Semellaba
que xa daquela, prevalecía mais o ser veciño/a que o ter unha relación directa
co monte veciñal.
A
sociedade cambiou, e xa que logo, a relación monte veciñanza ten que cambiar
tamén. Pódese hoxendía afirmar que non é ter relación co monte veciñal en man
común o ir a pasear disfrutando da paisaxe, ir na tempada a coller cogomelos ou
pasar un festivo nunha area de lecer?... Sería hoxe moi difícil a definición de
unha relación co monte. Se avanzamos por ese camiño, poderíamos chegar a
paradoxo de que soamente poderían acadar a condición de veciño/a comuneiro,
os/as cazadores, os/as gandeiros e os accionistas das empresas instaladas no
monte veciñal en man común. E a paradoxo seria que estes usuarios do monte,
terían a condición de veciños/as comuneiros e non terían a súa residencia no
lugar, aldea ou parroquia, ao que foi devolto o monte veciñal en man común.
Entendemos
e defendemos que a veciñanza no lugar, aldea ou parroquia, debe ser o único
requisito para gozar do dereito do monte veciñal, do dereito de ser veciño/a
comuneiro. Mais para que este achegamento o monte veciñal en man común non sexa
por mero interese persoal, senón que sexa polo interese de defender este tipo
de propiedade especial, debe esixirse a asistencia obrigatoria as asembleas
xerais. De feito que a non asistencia a dúas asembleas xerais consecutivas
debería significar a suspensión da condición de veciño/a comuneiro. Condición
que non podería recuperar ate a próxima asemblea xeral de caracter ordinario
(que e cando se trata no orde do día a alta e a baixa de comuneiros e
comuneiras), sempre e cando o afectado o solicitase.
Ademais
a esixencia da obrigatoriedade de asistencia as asembleas xerais, levada
adiante coa flexibilidade que sexa necesaria, vai supor que os veciños/as
comuneiros se vaian corresponsabilizando da boa marcha da comunidade de montes
e a súa vez, pode supor que se faciliten as renovacións das xuntas rectoras das
comunidades de montes.