III
CONGRESO GALEGO DE COMUNIDADES DE MONTES
SITUAR O MONTE VECIÑAL NA SOCIEDADE GALEGA
1º RELATORIO
O MONTE VECIÑAL: O GRANDE DESCOÑECICIDO DA SOCIEDADE
GALEGA
1- Situación actual do coñecemento
do monte veciñal na sociedade galega.
O cambio da estructura económica en Galicia coa
consecuente diminución da importancia do sector agrario e o desprazamento cara
aos núcleos urbanos da poboación provocou o abandono do rural e dos modos de
producción ancestrais, entre os que se atopaba o monte veciñal.
A sociedade rural transformouse radicalmente, ao
darse nela un proceso de desertización e abandono da súa poboación. Situación
na que o monte veciñal en man común, deixou de ter a función de medio case
imprescindíbel de vida dos habitantes do mundo rural, o que significou que este
se abandonase. Neste proceso de abandono do monte veciñal como medio de vida
dos habitantes do mundo rural, non é alleo a política de montes
aplicada,primeiro polos gobernos centrais e despois pola Xunta de Galicia.
Proceso que arranca coa usurpación dos montes veciñais en man común os seus
lexítimos donos ( Lei Hipotecaria – 1941), continua coa política de plantación
de especies de crecemento rápido (Lei de Patrimonio Forestal- 1946) e sigue
hoxendía coa potenciación solo do uso forestal dos montes veciñais en man
común.
Esta
política de montes fixo que se pasase de un monte veciñal en man común asociado
ao sistema agrogandeiro, e xa que logo, medio de vida, a un monte veciñal en
man común caracterizado polo abandono e polo monocultivo forestal case nun 50
%. Absentismo e productivismo que provocou unha reconversión salvaxe de estas
terras veciñais. Producción caracterizada por:
-Ser
escasamente rendible en termos financeiros
-Ser
incapaz de consolidar un patrimonio forestal diversificado
-Eliminar
as outras funcións do monte veciñal en man común
-Eliminar
o monte como medio de vida.
Esta
política repoboadora aplicada ao monte veciñal en man común, acabou destinando
as mellores terras, terras axeitadas para usos agrarios e gandeiros, mesmo alternativos,
para uso forestal, e que produzo enfrontamentos cos intereses da poboación do
mundo rural. Política repoboadora que se sigue aplicando na actualidade coas
axudas para a forestación de terras agrarias. Política repoboadora que se
efectivizou con especies de crecemento rápido, esquecéndose totalmente das
frondosas. Especies de crecemento rápido que se ben poden ser mais rentables a
curto prazo, non favoreceron a industria de transformación da madeira e foron
incompatibles co papel social e medioambiental que teñen que ter estas terras.
Política
repoboadora que considerou ao monte veciñal en man común como un lugar de
obtención fiñancieira a través de producción de madeira, promovendo deste
xeito, masas monoespecíficas en terras de cultivo e monte de
Ao
mesmo tempo que se produce esta reconversión salvaxe dos montes veciñais en man
común coa conseguinte despoboación do mundo rural, a sociedade galega que non
ostenta a calidade de veciño-veciña comuneiro, escomenza a considerar o monte
(en termo xenérico e sen distinción do que é o monte veciñal en man común),
como un lugar portador de funcións recreativas, sociais e medio ambientais. Non
dándolle valor, por descoñecemento, aos beneficios que debe dar o monte veciñal
en man común aos veciños –veciñas comuneiros. Sen esquecerse das funcións
sociais e medioambientais que o monte veciñal debe cumprir, estes deben de dar
beneficios directos os seus lexítimos propietarios. Se non é así, se os veciños
e veciñas comuneiros non viven a carón dos seus montes veciñais en man común,
estes non teñen futuro.
A
sociedade galega, sobor de todo a que non ostenta a calidade de veciño- veciña
comuneiro, empeza a conceptuar o monte veciñal en man común como un monte mais.
Igual co resto dos montes. E dicir, empezou a considerar ao monte veciñal en man
común como unha elevación de un terreo ou como unha superficie de terra cuberta
de árbores e de capa vexetal. E dicir a consideralo fisicamente e non
socialmente. Cando o monte veciñal en man común pode ser unha elevación do
terreo, ou non. Pode ter cuberta vexetal e arborada,ou non, xa que o monte
veciñal en man común, foi aquela superficie rústica non adicada permanentemente
ao cultivo agrario, e ten que ser unha peza que sirva para o desenvolvemento do
mundo rural.
O
descoñecemento da realidade e características, e inda da existencia de monte
veciñal, é xeralizado no conxunto da sociedade, e abarca distintos ámbitos: nas
cidades e no rural ( incluíndo lugares onde están constituídas
A
infravaloración dos montes veciñais, as falsas ideas, as actitudes
paternalistas producto do descoñecemento non so afogan a vitalidade das
Este
descoñecemento do monte veciñal en man común , do seu tipo de propiedade, do
seu futuro, tense que ver refrexada nos elementos que compoñen a sociedade
galega. E dicir, nos medios de comunicación, no sistema educativo, na vida dos
grupos políticos (non esquezamos que estes non son outra cousa que os representantes democráticos da
cidadanía), e mesmo nas outras entidades asociativas das parroquias, que son a
sociedade civil organizada.
a) Presencia nos medios de
comunicación social
O reflexo que os montes veciñais teñen nos medios
de comunicación non están en absoluto de acorde coa importancia e influencia a
todos os niveis na vida da xente. A presencia é escasa, errónea e fragmentada.
Presencia
escasa por non dicir nula. Non existe en absoluto na programación de TV nin
emisoras de radio de carácter galego, e menos estatal; nos medios audiovisuais
de carácter local a presencia é anecdótica e non se recolle a labor nin os
problemas das
Presencia
errónea por descoñecemento e prexuízos dos xornalistas. As poucas veces en que
as
E
presencia fragmentaria por que só se transmite ao resto da sociedade unha
visión distorsionada, negativa, pois só se reflexa a existencia de CM
illadamente e de xeito local, onde non se sinte a voz da organización de ámbito
galego que leva xa un labor de máis de 7 anos ocupándose da problemática dos
montes veciñais no seu conxunto. E fragmentaria
por que os MV son obxecto de novas xornalísticas e non suxeito delas.
Con
todo isto resulta evidente que o conxunto da sociedade non pode mudar o seu
nivel de coñecemento e de valoración das CM e dos MV se a súa opinión se forma
unicamente por unha lectura acrítica do que emiten os medios de comunicación. A
actitude destes pode calificarse respecto aos montes como de impermeabilidade,
por dicilo en termos suaves.
Para
nada falan das
A imaxe
que ofrecen os medios a través dos lumes forestais e do desastre ambiental, sen
explicar que estes feitos se producen a pe
b) O concepto de monte
veciñal das persoas non veciños comuneiros e comuneiras
A
sociedade en xeral, e sobre todo os habitantes dos núcleos urbanos ou daqueles
que non teñen opción a formar parte da xestión do monte, ignoran o significado
e o funcionamento das CCMM, sendo moi pouco sensibles coa súa esencia. A falta
de información fai que o monte comunal sexa considerado monte público e deste
xeito se permita realizar sobre el todo tipo de actividades (lecer, deporte,
recollida de cogomelos, gastronomía, etc.) e de falcatruadas ( recoller pinos
para o nadal, abandonar cans, pasear con vehículos por onde quixeran, facer
lume ou coller madeira onde quixeran, etc.). a falta de reacción, a postura á
defensiva fronte á agresión, a falta de comprensión mutua e de medios adecuados
das
O
grande descoñecemento social da existencia de características dos MVMC fai que
o concepto de MV estea moi desenfocado e a miúdo cheo de prexuízos. Imponse por
unha banda unha valoración negativa da existencia dos MV e do funcionamento das
CM, onde se magnifican algúns aspectos negativos –certos ou non-, como a “usura
ou enriquecemento ilícito” dos comuneiros e nomeadamente dos cargos das Xuntas
Rectoras, a falla de control que teñen as CM pois “fan o que queren”, a
pretendida ilexitimidade duns veciños que queren decidir e xestionar uns montes
que “son de todos” (e neste todos inclúense xentes das cidades ou persoas que
viven a centos de kilómetros do monte en cuestión). Todas estas actitudes
denotan un paternalismo cara aos MV e aos veciños comuneiros –todos sen
excepción veciños do rural- que cuestiona a capacidade e mesmo a lexitimidade,
de os veciños facerse cargo responsablemente dos montes que lle son propiedade.
En
contraste, non se percebe polas persoas que non son comuneiras unha actitude de
comprensión cara as CM, nin de reivindicación de seren unha realidade singular
do noso país, de defensa ante os ataques que sofren os MV, nin de atención ou
reivindicación de que se aproveiten as súas potencialidades. Parafraseando a
Castelao podemos dicir que ninguén fóra dos comuneiros concienciados e
responsabilizados cos seus MV é quen de entender a súa importancia e pórse do
lado da súa xusta causa.
As máis
das veces a xente allea ás
c) As relacións con outras
entidades da parroquia.
Na súa
maioría, os montes veciñais en man común teñen como ámbito territorial as
parroquias. Normalmente nas parroquias as entidades organizadas que existen ou
funcionan son: as asociacións veciñais, as culturais, as xuvenís e as anpas.
Moitos membros destas entidades organizadas, ostentan a condición de
veciño-veciña comuneiro, e polo tanto, deberían ter por ouxetivo a figura da
defensa do monte veciñal en man común e o desenvolvemento harmónico de todos os
seus usos. Mais en moitos casos, esto non ocorre así. Estas entidades
asociativas da parroquia, teñen a concepción de que as
Non
estamos a negar de xeito radical que as
Unhas
óptimas relacións entre as distintas entidades parroquiais deben ter como base
a independencia, o mutuo respecto, a interlocución, a coordinación e
colaboración, mantendo a identidade cada entidade e preservando a súas
características. Debe partirse de que as entidades teñen unha natureza,
funcionamento, obxectos e ámbitos diferentes.
A
evolución histórica das CCMM e a súa relación co resto das entidades
parroquiais está en moitos casos desvirtuada e viciada pola xestión inadecuada
de persoas e xuntas que utilizan a representación veciñal como plataforma de
proxección ou como reducto caciquil.
A CCMM
supón unha das máis fortes organizacións parroquiais debido a que os comuneiros
comparten a propiedade do monte e polo tanto os seus recursos. O uso do monte
actual por parte dos parroquianos limitase a coller unha pouca leña, a pasear,
a facer algunha festa e nalgúns casos a recoller as augas e a deixar o gando
pastando. A maior parte do uso segue a ser forestal, deste recurso obteñen a
maior parte da financiación e resulta esta actividade máis xeralizada, aínda
que nalgunhas zonas a instalación de aeroxeneradores, canteiras ou polígonos
industriais permita aportar outros beneficios económicos.
d) A falla de presencia nos
ciclos educativos.
No
sistema educativo, o MVMC tampouco existe. Non se ensina que é unha propiedade
especial, a par da propiedade publica e da propiedade privada. Non se ensina a
súa historia, as súas funcións. Non se define o concepto de veciño-veciña
comuneiro, cando moitos nenos e nenas de eses centros de ensino son futuros
veciños e veciñas comuneiras. Agora ben, o ensino do MV no sistema educativo
non pode reducirse a slogans nin campañas concretas de divulgación, como
tampouco ás actuacións illadas e voluntariosas das CM que a nivel local
realizan un esforzo de conexión interesante cos centros de ensino da súa zona.
Isto, sen estar mal, non chega. O ensino do MVMC debe estar presente en todo o
sistema educativo, dende a ensinanza primaria ate a ensinanza universitaria. E
se falamos de educación profesional, acontece o mesmo. Nin na formación profesional,
nin nas escolas taller e obradoiros a formación para ter persoal para
desenvolver os múltiples usos dos montes, está plenamente cuberta. Non só hai
que formar enxeñeiros, técnicos e axentes forestais. Tamén se precisan
traballadores e traballadoras cualificadas profesionalmente, para os traballos
dos diversos usos dos montes veciñais en man común. O traballo no monte non
pode considerarse como algo temporal, para gañar uns cartos na tempada de vran.
O traballador e traballadora do monte ten que vivir dignamente deste oficio.
Porque isto, ademais, e unha forma de asegurar a supervivencia do MVMC.
Non
existe unha permeabilidade de información das CCMM cara á sociedade, sendo
neste momento un dos maiores problemas dado que nin sequera a educación non formal
desenvolve actividades nas que a sociedade poida integrarse, quedando pechadas
case exclusivamente aos comuneiros e familias.
e) Presencia nos programas e
na práctica diaria dos partidos políticos.
Cando
analizamos a presencia da figura do MVMC no programa dos partidos políticos e
na súa práctica diaria, non podemos esquecernos de analizar que os partidos
políticos son a representación democrática da cidadanía. Son un reflexo da
sociedade. Como tampouco podemos esquecer que e unha análise xeral, e xa que
logo, non real na aplicación total a todos os grupos políticos. Así as cousas,
tampouco e de estrañar que o MVMC sexa o gran ausente dos programas dos
partidos políticos, e tamén da súa práctica diaria. Nos programas dos partidos
políticos, cando falan do monte veciñal en man común , inclúeno sempre dentro
da política forestal. Dando propostas somentes para un só dos seus usos, o
productivo. Pero mesmo este uso productivo asóciano sempre ao uso forestal. As
reivindicacións máis sentidas das
A nivel
político, ao igual que no resto da sociedade, existe un gran descoñecemento do
que supón o monte comunal. En moitas ocasións o monte e defendido localmente en
contra da liña política de todas as organizacións partidarias.
Agora
ben, tamén podemos dicir que as eleccións autonómicas do ano 2005 parece que
poden significar un cambio, é a pri
2- Os beneficios indirectos dos
montes veciñais en man común: as súas funcións sociais e medioambientais.
Os
montes veciñais en man común sempre foron espacios abertos, e deberían seguilo
sendo. Cumpriron e deberían seguir cumprindo, a parte da función productiva, as
funcións sociais e medioambientais, que, non esquezamos, teñen por si mesmas unha
importancia parella a aquela, e inclusive posúen unha dimensión económica que
por ser máis difícil de cuantificar en moitas ocasións non valoramos. E hai que
considerar que os beneficiados de estas dúas últimas funcións, non son somentes
os veciños e veciñas comuneiros. O beneficiado e a sociedade galega no seu
conxunto.
Os
montes veciñais en man común sempre desenvolveron importantes funcións de tipo
social como foron a ser creación de emprego e medio de vida para o mantemento
da poboación no medio rural asociado ao sistema agrogandeiro.
a) O monte
veciñal como pulmón das cidades e como lugares de disfrute do lecer para toda a
sociedade.
O
crecemento indiscriminado dos núcleos urbanos e a falta de planificación levou
a unha verdadeira fractura xeográfica e social. A perda de valores sociais e de
sistemas económicos tradicionais, a fagocitación do rural pola urbe e a
explotación de recursos fai que quede un medio natural nunha situación moi
mermada. Co despoboamento do medio rural e a concentración da poboación en
cidades industriais levou a estas populacions a buscar espacios naturais, non
contaminados para satisfacer as súas necesidades de lecer co fin de lograr unha
mellor calidade de vida. De feito que, merendeiros, areas de lecer, rotas de
carreirismo, disfrute da paisaxe , practicas deportiva o ar libre , foron
aparecendo como usos dos montes veciñais en man común. Novos usos que foron
disfrutados por toda a sociedade galega e non somentes por veciños e veciñas
comuneiros.
Este
uso social das populacions de cidades e das vilas costeiras, que fixeron e fan
dos montes veciñais en man común, debese a estes non somentes ser unha
propiedade especial (privada pero colectiva e abertos), senón tamén por súa
ubicación xeográfica . Non somentes hai montes veciñais en man común no medio
rural .Hainos nos concellos costeiros (mesmo chegando a demarcación
maritimo-terrestre) , e hainos nas cidades .Esta ubicación xeográfica
especial fixo que os montes veciñais en
man común, no somentes fosen lugares para o ocio e o esparcimento das
populacions das cidades e das vilas costeiras; fixo ademais que se converteran
en verdadeiros pulmóns das cidades.
O monte
periurbán é a día de hoxe un medio antropizado, coroado por monocultivos de
piñeiro e eucalipto quedando relicto ou inexistente o bosque galería ou o
bosque atlántico. Aínda así dadas as grandes carencias verdes dos núcleos
urbanos o monte supón o pouco de natureza e de saúde que queda preto dos
núcleos excesivamente urbanizados.
Ao
mesmo tempo , hai que considerar que cando os montes veciñais en man común son
recuperados por seus lexítimos propietarios, unha parte dos seus ingresos son
investidos en obras de tipo social e comunitario (asfaltado de camiños ,
abastecementos de augas , alumeamento público, saneamento......). Así como
tamén hai que considerar que outra parte dos ingresos dos montes veciñais en
man común adicanse ao mantemento das manifestacións culturais do noso Pais.
Moitas bandas de música, moitos grupos de bailes, moitos grupos de gaitas......
existen gracias ao mantemento que fan deles as
b) A defensa da biodiversidade e o
combate ó cambio climático.
Ademais
de esta función social, os montes veciñais en man común cumpren tamén unha
importante función medioambiental. Semella que a partir das últimas décadas do
século pasado, a sociedade mundial tomou conciencia dos graves problemas
mediambientais que está a sufrir a Terra. Dende a celebración do Cumio de Río
de Xaneiro (1992) aceptase mundialmente que os montes (os veciñais tamén) teñen unha transcendencia global por súa
contribución ao mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais, sobor de todo cos
relacionados coa regulación do ciclo das augas, co cambio
climático e coa preservación da biodiversidade.
Nos montes é onde está a flora e a fauna a perservar, onde están as paisaxes
ameazadas que hai que conservar, onde hai
que protexer o chan e coidar a calidade das augas.
Na
conferencia de Nacións Unidas sobor Medio Ambiente e Desenvolvemento,
denominada Río -1992, vense a definir que os montes (os veciñais tamén) son
indispensables para o desenvolvemento económico e para o mantemento de todas as
formas de vida. E que os aproveitamentos dos montes deben de ser obxecto de
unha ordenación sustentable co fin de atender as necesidades sociais,
económicas, ecolóxicas e culturais das xeracións presente e futuras. E dicir,
compre camiñar de contado hacia un monte multifuncional desenvolvido baixo a óptica da
sustentabilidade. Esto é, que sexa economicamente viable, socialmente
beneficioso e mediambientalmente responsable.
c) A aplicación do protocolo de Kioto
Un dos maiores desastres ambientais
contemporáneos é a perda de biodiversidade, é dicir a reducción e perda da
variedade de especies que provoca un empobrecemento do medio ambiente. A
sobreexplotación histórica dos recursos forestais e a promoción do monocultivo
levou a unha perda de valores ambientais dos nosos montes comparable só a unha
catástrofe planetaria. A nivel mundial esta situación tende a xeralizarse en
todos os lugares do planeta, dende a selva amazónica aos bosques nórdicos e
xunto coa perda de biodiversidade vexetal pérdese tamén todos seres vivos
asociados, fauna, fungos, microorganismos, etc. Esta situación é aproveitada
por unha serie de seres oportunistas que se promocionan ou ben se adaptan, como
é o caso dos bioinvasores, agudizando os efectos.
Nos
últimos tempos, vimos asistindo a diferentes informacións relacionadas co
cambio climático e co efecto invernadoiro, como consecuencia das emisións a
atmosfera de gases (entre eles o C02), dos países industrializados ou en vías
de industrialización. No ano 1997 asinase o chamado Protocolo de Kioto co
obxectivo de reducir, (para o período 2008-2012) ditas emisións nun 5´2%. Como
consecuencia de este acordo, establecese un comercio de emisións entre os
países industrializados. Comercio, que como o seu propio nome indica, e unha
compra e venda de emisións.De xeito que os que reduzan as súas emisións mais do
comprometido, poidan vender certificados
e emisións aos países que non cumprían co seu compromiso. Fica claro que o
comercio de emisións non reduce por si mesmo as emisións, senón que supón unha redistribución das emisións dos países
industrializados. A filosofía do protocolo de Kioto, non é que se remate coas
emisións, son que somentes persigue que pague quen contamine ou quén menos
reduza as súas emisións. O único xeito de que este instrumento tivese uns
resultados mediambientais, seria o establecemento de unha cuota estricta de
dereitos de emisións que fose garantida polo protocolo de Kioto.
A
función do arborado no ciclo do carbono e o seu papel de mitigar o cambei
climático a través da fixación do CO2, o que se coñece polo efecto sumidoiro. E
un papel sumamente importante, xa que por tomar somentes o dato do arborado que
mais existe no monte galego, podemos dicir que 1 Ha de piñeiros, absorbe 110 Tm
de carbono ao ano. A masa arborada que ten Galicia, e a que mais fixación fai
en todo o Estado, mais para a asignación de cotas de emisións as empresas, a
fixación de carbono que fan os montes galegos, non se contabilizou para as
empresas galegas, senón que se inclúe na contabilización para todo o Estado.
No
momento actual escóitanse voces entre os gobernos e as empresas para tratar de
acadar acordo sobor a compre e venda de emisións. Pero en ningún caso se está a
falar cos titulares dos montes, no noso caso cos titulares dos montes veciñais
en man común, que son os que absorben o carbono. Esta situación amosa unha vez
mais que as funcións sociais e mediambientais que realizan os montes, non son
asumidos polos poderes públicos, que nin sequera falan cos titulares dos
terreos para falar de este asunto. Esta importante contribución que fan os
montes (no noso caso os montes veciñais) a protección do medio ambiente, teñen
que ter repercusións favorables para os titulares de estas terras xa que coas
inversións que fan para a mellora dos seus montes, están a contribuír no cumprimento da función
ecolóxica e da función social (o reparto
de asignacións de emisións axuda o mantemento das empresas e xa que logo o
mantemento dos postos de traballo.
d) O aproveitamento sustentable dos montes: planos de
ordenación, certificacións de madeira, monocultivos.
A
ordenación das actividades do monte faise nece
O monte
segue a ser actualmente un recurso indispensable, a pe
O logro
dun monte multifuncional ten que ir
unido a unha xestión dos usos de estas terras dende a óptica da
sustentabilidade (económica, social e
medioambiental). E dicir, que o uso de estas terras comunais hai que facelo de
xeito que manteñan a súa biodiversidade, a súa productividade, a súa capacidade
de rexeneración, a súa utilidade e o seu potencial para asegurar que hoxe e mañá sigan cumprindo
as súas funcións sociais e economizas,
sen danar os ecosistemas. Pola propias características das Comunidades de
montes estas atópanse en mellor posición cós propietarios particulares ou as
empresas capitalistas para actuar non no curto prazo, senón con criterios de
desenvolvemento sustentábel. As ferramentas para lograr este xeito de xestión son
diversas. Entre elas temos os plans de ordenamento e a certificación forestal.
A
xestión sustentable dos montes veciñais en man común (plans de ordenación,
certificación forestal e outras ferramentas), significa un custe a mais para os
titulares de estas terras, a vez que pode hipotecar certos usos. Dentro de esta
xestión sustentable dos montes veciñais en man común, atopase o mantemento das
funcións sociais e mediambientais de estas terras. Funcións das que son
beneficiados non somentes os veciños e veciñas comuneiros, senón que o é toda a
sociedade no seu conxunto.
Xa que
logo, estas funcións teñen que facer que
a mesma sociedade que e a gran beneficiada, tome medidas que favorezan os
titulares de estas terras. Os Plans de Ordenación son ferramentas que teñen que ser unha
planificación dos obxectivos e a definición de prioridades de ese monte
multifuncional e sustentable. E mais, o criterio de sustentabilidade debe
garantir o mantemento dos outros criterios. Nos criterios de
sustentabilidade debe de analizarse a
eliminación paulatina dos monocultivos forestais que padecen os nosos montes e
que son producto de unha política de montes moi concreta (política forestalista
e productivista), e analizar os usos das augas. A existencia do monte non
somentes inflúe no réxime de precipitacións; senón que tamén filtran a auga e
retéñena na terra, reducindo o efecto erosión.
A
Certificación forestal e unha ferramenta que pretende vincular o comercio dos
productos do monte coa xestión sustentable
de estes co fin de lograr que se
comercie unicamente con productos do
monte xestionados de xeito sustentable. A certificación forestal basease en
dous aspecto. Un: a presión externa aplicada a través do comercio levaría
aparellada practicas de xestión sustentable.
Dúas: A demanda do mercado de productos provintes
de montes con xestión sustentable provocaría prezos mais altos de estes
productos nos mercados. De todos os xeitos, a certificación forestal, pódese
dicir que está nos seus comezos. A día de hoxe resulta difícil prever as
consecuencias de esta esixencia, se ben semella probable que perante os
próximos anos as actividades de certificación forestal seguiran medrando.
A
verdadeira certificación forestal é o ter unha monte con un plan de
aproveitamento sustentable; situación que hoxe por hoxe non se da nos montes
galegos. A implantación da certificación forestal en Galicia, hoxe voluntaria
pero quizais mañá imprescindíbel, foi un colocar o carro diante dos bois. A
actitude que tivo o anterior goberno galego no tema da certificación forestal,
ademais de partidista (optou descaradamente polo selo forestal PEFC), non foi
lograr que os montes veciñais en man común fosen xestionados de forma
sustentable, senón que foi lograr un selo de calquera maneira, co fin de vender
no mercado madeira "certificada". Somentes así pode entenderse que en
un momento, o anterior goberno galego certificou case 100.000 Has de monte veciñal en man
común conveniado ou consorciado. Cando é
público e notorio que estes montes, salvo excepcións, son os que están mais
abandonados. Sen ter moi claro a necesidade de certificación forestal, vista a
realidade dos montes veciñais en man común, estes deberían optar de xeito claro
e nídio polo modelo FSC. Non somentes porque medioambientalmente é mais
correcto, senón tamén porque é o selo
que relaciona o monte co desenvolvemento
rural, que recolle mellor a esencia e plantexamentos iniciais da certificación,
e non implica simplemente un verniz de lexitimación social pero mantedor do
estado das cousas como pode ser o outro selo.
Nestes
momentos circulan estudios por aí
adiante que tenta calcular monetariamente os custos dos usos sociais e
mediambientais dos montes veciñais en
man común, co fin de que sexan os usuarios o que paguen estes custes. E mesmo
hai voces que apoian estas pretensións. Non estamos de acordo con estes
prantexamentos. E non estamos de acordo non somentes porque sexa difícil
cuantificar economicamente o custe do "servicio medioambiental". Non
estamos de acordo con esa filosofía xa que a función social, pero mais a
función ecolóxica dos montes veciñais en man común non teñen, nin deben ter
padriños privados. Este ben que fai o monte veciñal en man común a toda a
sociedade, ten que ser esta a que compense os titulares de estas terras. E esta
compensación terá que vir dada por
lexislacións especiais ( caso da fiscalidade) e sobor de todo por unhas
políticas de axudas e subvencións. Pero non dadas en concepto de limosna, senón
dadas en concepto de inversión en obras de caracter social e de interés público
(como se fai cas estradas, centros de ensino, centros de saúde,...).
Cando
se fala de xestión sustentable de MVMC, semella que se esta a falar de un
concepto novo, de un concepto moderno. Mais esto non é así.
A
Ou non
foron accións sustentables, evitar que na época da desamortización se venderan
os MVMC, asociar os MVMC ó sistema agro-gandeiro xerando emprego e fixando
poboación, ou nas décadas dos 60 e 70 do século pasado loitar pola devolución
dos MVMC aos seus lexítimos donos?.
Se non
fora por estas accións sustentables humanas, hoxe non existiría o MVMC, e xa
que logo, sería imposible facer unha xestión sustentable do mesmo.
Normalmente
cando se fala de xestión sustentable dos MVMC, sempre se fala de instrumentos
de xestión forestal. Evidentemente estes instrumentos técnicos son importantes,
mais por si solos non chegan para asegurar unha xestión sustentable dos MVMC.
Non se pode descartar o seu
emprego, pero hai que facer algo mais.
A
sustentabilidade dos MVMC, independentemente dos instrumentos técnicos que se
empreguen, vai depender da actitude que manteñan os veciños-as comuneiros-as.
De que os veciños-as comuneiros-as vivan a carón do monte e non de costas a el.
Porque os veciños-as comuneiros-as son o elemento dinámico do sector montes.
A
sustentabilidade dos MVMC pasa por:
·
Restablecer a simbiose
monte-veciñanza
·
Camiñar de contado hacia un
monte multifuncional axustando en primeiro lugar a demanda dos veciños-as
comuneiros-as e en segundo lugar as demandas da sociedade.
·
Reclamar o desenvolvemento dos
MVMC, co desenvolvemento do medio rural (e tamén local).
3- O concepto de monte veciñal en
man común como reserva de chan barato.
"O
que é do común , non é de ningún" .Esta frase tremenda, está por desgracia,
metida nas mentes dos Poderes Públicos, dos poderes económicos, en boa parte da
sociedade galega e mesmo nalgunhas
Repasemos as opinións que polo
común verquen os diferentes grupos sociais sobre os MV. Os xestores municipais
ollan con receo aos MV, e non lles convén a súa autonomía con respecto aos
concellos, de quen dependeron ate a súa devolución aos veciños. Os empre
Ate o
día de hoxe, os sucesivos gobernos galegos non entenderon o monte veciñal en
man común como un espacio xeográfico onde se deben de cumprir as tres funcións
clásicas e tradicionais que todo monte debe cumprir (a social, a económica e a
medioambiental). Nin sequera entenderon ao monte veciñal en man común como unha
das pezas para lograr o desenvolvemento do mundo rural no camiño de fixar
poboación neste medio. Ate o día de hoxe, os sucesivos gobernos galegos
entenderon o monte veciñal en man común como un problema que hai que arrancalo
axiña das mans dos veciños e veciñas comuneiros para entregalos e intereses económicos e especulativos. De aí
que os sucesivos gobernos galegos non procederan a facer os deslindes dos
montes veciñais, non cumprían os convenios (non digamos os consorcios), non
asesoraron as
a) A
contradicción: desenvolvemento dos usos do monte e dotación de infraestructuras
e de servizos públicos.
A concepción practica e real que
tiveron , ate o día de hoxe os sucesivos gobernos galegos foi a de que o monte
veciñal en man común non ten ningún valor (se acaso o forestal) e iso veuse
refregado nos expedientes de expropiación forzosa dos montes veciñais en man
común, expropiación que nono esquezamos , significa eliminación física do
monte. Por lei, os montes veciñais en man común poden ser expropiados por
causas de utilidade pública ou interese social. Para que un monte veciñal poida
ser expropiado e preceptivo que o Consello da Xunta de Galicia, dicte un acto
de prevalencia. E é nestes actos de prevalencia onde se amosa as claras a
concepción que tiveron os sucesivos gobernos galegos. Nestes actos de
prevalencia o monte veciñal nunca o foi, nunca se tiveron en conta, ademais das
económicas, as importantes funcións sociais e medioambientais que cumpren. E
esta postura valeu tanto para cando había un interese social grande (centros de
saúde, infraestructuas), como cando o interés social era verdadeiramente
particular (enerxía eólica, urbanizacións asociadas a campos de golf...). As
administracións e a sociedade deberan ter claro que en moitos casos existe unha
contradición grande entre o desenvolvemento e usos do monte e as
infraestruturas públicas, que non sempre se ten que resolver en contra dos
montes veciñais.
A
concepción do monte como unha reserva de chan barato, vese tamén refrexada nas
sentencias dos Tribunais do Xustiprecio (organismo dependente do goberno
galego). Estes tribunais cando dictan o xustiprecio dos montes veciñais en man
común expropiados, somentes valoran a terra segundo a clasificación
urbanística. Para nada teñen en conta as funcións sociais e mediambientais que
cumpren estas terras, os valores paisaxísticos, a existencia de restos
históricos e culturais.
Para
estes tribunais os montes veciñais en man común son valorados somentes dende a
óptica urbanística. ¿Onde esta o valor do concepto da sustentabilidade que
teñen os montes veciñais en man común). Os concellos galegos, salvando
evidentemente as excepcións, que sempre as hai, conceptúan os montes veciñais
en man común como unha reserva de chan barato, (ou sen ningún valor), onde se
poden instalar calquera tipo de obras e dotacións (escombreiras, autoestradas,
polígonos industriais....), que ninguén quer. E o que aínda e mais grave,
conceptúanse os montes veciñais en man común como grandes superficies de terra
para favorecer intereses económicos, urbanísticos e especulativos, intereses
todos eles alleos os intereses das
b) O monte veciñal en man común e o solo
industrial.
Quizais
non estaría mal recomendarlle as actuais corporacións dos concellos galegos que
lean as actas dos seus concellos no século XIX. Naquela época, os concellos
galegos, moito menos democráticos cos concellos de hoxe, cando se aplicaron as
leis desamortizadoras que puñan a venta os montes veciñais en man común,
puxéronse a carón dos veciños e veciñas comuneiros para que os montes veciñais
en man común non sairán da titularidade destes. E puxéronse a favor dos
intereses dos veciños e veciñas comuneiros porque entendían que os montes
veciñais en man común eran o medio de vida da sociedade rural galega, xa que
daquela os montes veciñais en man común eran o soporte do complexo
agrogandeiro.
Os
poderes económicos e especulativos, vai mais alá. Reclaman abertamente que se
lle rouben os montes veciñais en man común os seus lexítimos propietarios, aos
veciños e veciñas comuneiros. Propoñen abertamente que se modifique a
lexislación sobre os montes veciñais para que estes poidan ser obxecto de
compra e venda. E dicir, tentan que se elimine o concepto de propiedade
xermánica de estas terras, abrindo así a portas para a súa desaparición. Aparte
de que esta proposta e ir en contra da que estes poderes entenden para as súas
propiedades, (a sacrosanta idea da propiedade individual), e ir en contra do
concepto, semellase ser asumido por todos, da sustentabilidade que teñen que
ter estas terras comunais. Estes poderes económicos e especulativos, ante o que
din eles falla de chan industrial, pretenden fincarlle o dente, aos montes
veciñais en man común, terras que moi en contra do que din eles "non están
a monte". Algunhas de estas terras son productivas dende o punto de vistas
económico, e todas son productivas dende o punto de vista social e
medioambiental. Hai moitas mais terras que están "a monte", pero que
non son montes veciñais en man común, senón que son propiedades particulares.
Mais destas os poderes económicos e especulativos non din nada. Mais se estas
terras teñen propietarios, os montes veciñais en man común tamén, os
propietarios son os veciños e veciñas comuneiros.
Na
utilización dos montes veciñais en man común para dotación de chan industrial,
produces un enorme negocio especulativo, negocio do que os únicos que non son
beneficiados son a
c) A
actitude dos sectores relacionados co monte veciñal en man común e o
desenvolvemento do monte veciñal.
Hai
outros sectores relacionados cos montes veciñais en man común que se ben, non
conceptúan o monte veciñal en man común como unha terra sen valor ou como unha
reserva de chan barato, si que ven o monte veciñal en man común dende o punto
de vista do negocio, do seu negocio. Estamos a falar, salvando as excepcións
que haxa que facer, de distintas asociacións de propietarios forestais, de
empresas forestais e de persoal técnico. Estes sectores entenden que os veciños
e veciñas comuneiros, non están preparados, non están capacitados para
xestionar as súas propiedades, para xestionar os montes veciñais en man común.
Xa que logo, deben ser eles os que decidan e xestionen sobre de estas
propiedades. Compre tamén combater esta concepción do monte veciñal. Os únicos
que deben de decidir, xestionar e administrar estas propiedades, son os seus
titulares, esto é, son os veciños e veciñas comuneiros. Ninguén alleo a eles
debe facelo. Non cabe dúbida que no desenvolvemento dos aproveitamentos do
monte veciñal, as
Nesta
concepción do monte veciñal en man común como terras sen valor, como grandes
reservas de chan barato, como "seu negocio", os poderes políticos, os
poderes económicos e especulativos por
desgracia non están solos. Boa parte da sociedade galega e mesmo algúns veciños e veciñas comuneiros,
tamén teñen esta concepción sobre estas terras comunais. “Cando se plantexa a construcción de unha infraestructura,
poñamos por caso unha vía de comunicación, é normal escoitar propostas das
comisións de afectados esixindo que o vial vaia polo monte que é “ por onde menos danos fai” . E
non é infrecuente escoitar nas Asembleas Xerais dos veciños e veciñas
comuneiros, as mesmas argumentacións. Compre rachar este tipo de argumentacións
estándares; e os primeiros que temos que facelo somos os veciños e veciñas
comuneiros .
d) A preservación física dos montes veciñais.
Freo a diminución e degradación.
A pe
Conceptuar
os montes veciñais en man común como terras sen valor ou como
grandes reservas de chan barato, e eliminar todas
as funcións que debe de cumprir estes montes. E os grandes prexudicados de esta
concepción, non son solo os veciños e veciñas comuneiros, éo toda a sociedade.
Conceptuar ao monte de este xeito, e pan para hoxe e fame para mañá.
4- O papel das
Administracións Públicas neste descoñecemento do monte veciñal en man común na
sociedade Galega.Alternativas para mudar esta situación.
As
distintas administracións Públicas (locais, galegas e estatais), conceptúan ao
monte veciñal en man común, en dúas grandes liñas, en termos xerais. Estas dúas
grandes liñas son:
-A
función principal dos montes veciñais en man común e a productiva, entendendo
como productiva solo a producción
forestal.
-Os
montes veciñais en man común son reservas de chan barato para instalar neles
obras e servicios, non para intereses
sociais, senón para intereses económicos particulares e especulativos.
Agora
ben, as corporacións locais e os distintos parlamentos, non son entes etéreos,
non están postos por un ser superior. Son a representación democrática da
cidadanía; dos veciños e veciñas comuneiros, tamén. Xa que logo, vai ser a
sociedade civil organizada e unida, e as
Unha
distinta concepción dos montes veciñais en man común, que ten que pa
1)-Recoñecemento pleno do monte veciñal en man común como unha
propiedade de caracter xermánico, pero que poida actuar e desenvolverse na
sociedade actual.
2)-Camiñar de contado cara un monte multifuncional axeitado, en primeiro
lugar as demandas dos veciños e veciñas comuneiros, e en segundo lugar axeitado
as demandas da sociedade no seu conxunto.
3)-Desenvolvemento de todos os usos de todas as funcións dos montes
veciñais en man común, dende a óptica da sustentabilidade.
4)-Relación do desenvolvemento dos usos dos monte veciñal en man común
co desenvolvemento do mundo rural (e local, tamén), no camiño da creación de
postos de traballo e no fixamento da poboación no medio rural.
O
futuro do monte veciñal en man común pasa pola relación do seu desenvolvemento
harmónico, co desenvolvemento do mundo rural. De non ser así, case nos
atrevemos a dicir que o monte veciñal en man común, non terá futuro. Entendendo
sempre que monte veciñal en man común non
e a peza para este desenvolvemento, senón que e unha das pezas do mesmo.
Agora
ben, neste desenvolvemento do mundo rural (e local, tamén) a poboación (e as
As
estratexias para o desenvolvemento do
mundo rural, teñen que darse dende a óptica da integración. Este caracter
integrador de este desenvolvemento, ten que representar a conciliación entre as
necesidades manifestas de un determinado territorio, as condicións de vida da
poboación que o habita e os recursos do mesmo. Polo tanto, ten que ser a
sociedade civil organizada a protagonista de este desenvolvemento. Esto
significa planificar as estratexias do desenvolvemento pensando na poboación o cal ten que significar que debe ser a propia poboación a que
planifique estratexicamente como quer ese desenvolvemento. Porque ademais, este
e o único xeito de lograr un desenvolvemento dende a óptica da
sustentabilidade. E dicir, plantexando un desenvolvemento de xeito equilibrado,
empregando respectuosamente os recursos existentes do territorio e garantindo a
mellora das condicións de vida das poboacións do mundo rural (e local tamén).