|
SEGUNDO RELATORIO
A
ACTITUDE A TOMAR POLOS VECIÑOS/AS COMUNEIROS PARA SITUAR O MONTE VECIÑAL EN
MAN COMÚN NA SOCIEDADE GALEGA. .- ¿ O concepto de propiedade veciñal e o
concepto de veciño/a comunero. Se
entende por propiedade veciñal,todo aquelo que por dereito de uso historico
facian os veciños/as de un lugar ou o que hoxe se denomina parroquia, de
forma conxunta e equitativamente, entre eles das riquezas naturaies e dos
terreos onde residian. E
se entende como veciño/a comunero, a persoa que representando a unha familia
ou clan se asociava os outros representantes para acadar os acordos de uso e
disfrute das riquezas e terreos onde se encontraban vivindo. Unha
vez coñecido a definición expoño a idea que hoxe en dia se denota entre os
veciños/as dos distintos lugares e parroquias do entorno de Vilagarcia de
Arousa. A propiedade veciñal en man común ten arraigo na
poboación de distinta maneira según as circunstancias de cada parroquia ou
lugar, con maís firmeza ou descoñecemento. En certos lugares as persoas maiores son as maís
coñecedoras da propiedade comunal e a sua forma de entender a convivencia
entre veciños, din como se repartian as tarefas de traballo común e o reparto
das distintas riquezas que a terra lles daba, reparaban camiños, coidaban os
animaís,cortaban a leña e o esquilme ou a madeira necesaria para arranxar as
casas, labraban as leiras, etc. Conxuntamente, en colaboración mutua. Os maís xovenes o concepto de propiedade veciñal
xa esta menos arraigado, xa se impon maís a propiedade privada, si queren ou
admiten o concepto comunal pero demarcandoo solo a certos aspectos da
vida. O traballo en forma colectiva e
o reparto de bens comúns perdeu o que os abuelos ou en moitos casos país
tiñan da forma de vida dentro da aldea, a influencia de culturas alleas a
nosa e de formas de vida moi distintas, incluso en bastantes casos
contrarios, a facer tarefas colectivas e o reparto de reponsavilidades para
acadar un resultado proveitoso pros comureos dispersouse asta o punto de que
se trasformou en unha loita para acadar os bens comunaís en bens
particulares, con resultados nefastos en alguns lugares onde o comunal hoxe
en dia desapareceu para ser de uns poucos. A
miña opinión para renovar deforma practica e acadar na sociedade actual a
forma de convivencia e defensa dos
intereses comunaís veciñaís, e facer campañas de información e formación dos
Comuneros/as, pero de forma realista e actualizada as novas circunstancias
integrando no contesto e nas formas de actuación a claridade que debe rexir
dentro das Directivas para cos Comuneros/as, a firmeza que se ten que ter
ante as autoridades ou Organismos tanto oficias como sociais do entorno
Comunal, reafirmar e asentar de forma definitiva as leis e normas polas que
nos temos que rexir, tanto nos como os nosos contrarios, onde non poidan
facer o que lles pete acada cual no momento de obter o cargo ben como
directivo, ou calquer outro que de algunha forma poida disgregar,destruir ou
deteriorar o que foi e sera, bens veciñaís comunais ou man común. En esto a OGCMVM fixo moito pero ainda queda moito por
facer, fomentando e realizando ben directamente,ben en colaboración con
outras entidades o que se expuso en outras asambleas xeraís e eu reitero
encarecidamente aquí, e necesario, pero Xa as campañas de información e
formación do que significa o ser Comunero/a
e o ben social que representa po colectivo Veciñal sexa ou non da
Comunidade onde reside. --. Nexo de unión entre desenvolvemento do
monte veciñal e o interese da Comunidade veciñal do entorno. As condicións actuaís dos bens comunaís, sexan
montes ou calquer outro, o desenvolvemento rentual pros veciños/as comuneros
e con diferencia distinto os que se coñece de antiguo, salvo escepcións, por
varios motivos, alguns básicos na actualidade; antiguamente o monte comunal
servia para ter leña,esquilme, madeira,pasto e zonas de cultivo, que sempre
solia facerse en armoniosa colaboración comunal. Na mayoría das comunidades de hoxe, o
exposto anteriormente foi desplazado en algunhas das vertientes por deixar os
Comuneros/as de cocinar con leña, ou facelas casas con madeira, ou non ter
animaís que estrumar ou leiras que estercar, por dedicarse a outros traballos
distintos os agrícola-gandeiro. Po
eso a rentualidade directa os comuneros/as deixou de ser de interes para
eles/as, foi sendo abandonado tanto po los lexitimos propietarios como po los
seus descendientes comuneros/as en algunhas zonas mantubose a idea da
comunidade pero non a eficacia nin a efectividade de tal entidade. Trataron
de que se rentuaran coa madeira pero de forma case anarquica o que a propia
natureza facia por se mesma, cando certo colectivo veciñal nacesitava uns
cartos para algo incluso facer festas, pidenlle os cartos as Comunidades de
montes alegando o que non demostraba ser no tratamento que se lle daba o
monte, autenticos comuneros. Esa
rentavilidade e minima por la falta de planificación dos propios bens
comunaís, a falta en moitos casos de preparación e de interes de formación
dos comuneros e as suas Directivas, baseandose como disculpa en falta de
tempo, ou non poder atendela como e necesario, vese que o que falta e motivo
economico directo, salvo excepcións, na mayoría os propios Directivos corren
cos gastos, principalmente de viaxes. E
por outro lado Os directivos que fan algo, os discordiantes de sempre
amarganlle a esistencia facendo comentarios denigratorios contra eles, en alguns casos, fomentan po lo lugar ou
parroquia a idea,de que se queren quedar co monte,ou cos cartos que poida ter
a comunidade, e posible que en alguns casos esto suceda, pero para eso estan
as asambleas xeraís, para poñer a cada quen no seu lugar, asistir as
asambleas e unha obligación como comunero/a, e no caso que non funcione de
forma adecuada todo asociado/a, pode, de forma democratica, forzar a cambiar
unha directiva e clarexar as cousas, incluso no Xusgado de ser grave o
problema. A falta de emprego que se ben padecendo dende
fai tempo pricipalmente entre xovenes e persoas mayores de 45 anos, podria
servir de nexo rentable para os comuneros/as, dentro da capacidade que cada
Comunidade teña para elo, fomentar o cooperativismo comunal atraves de facer
empresas de mantemento dos montes ou, granxas de animaís,
vacun,cabalar,lanar, colmeas, etc. Onde con acordos concretos e especificos
rentuar o comunal entre os propios comuneros/as. Esto se fai mas facil coas axudas que a
Xunta da pa fomentar o emprego, tamen esta favorecido po lo desenrrolo e
demanda de productos ecoloxicos con garantias, que fan que se paguen mellor
no mercado. Para esto o da
información-formación dos socios e directivos comuneros/as e primordial. --. Os dous modelos de Comunidades
Costeiras e interior. Por ter condicions distintas de vida, na costa e
no interior, a variación das comunidades da cada unha das zonas varia na sua
característica de explotación ou rentabilidade algo. Na costa o monte comunal tense como o
complemento pras necesidades de vida case como antiguamente, esquilme, leña
ou madeira, pastoreo en algunhas,vacuno ou cabalar libre, e pouco maís, po los motivos expostos en outro apartado
estas necesidades foron deixando de ser tales co abandono tanto das leiras
como dos animaís, e cociñas ou lareiras de uso cotian en outros tempos, so
queda o que e forestal propiamente dito ou pastoreo, antes mencionado. Esto fai ver a necesidade de cambiar a
mentalidade dos Comuneros/as e as
Directivas para que se faga rentable en outros aspectos ou posibilidade que
xa levan a cavo en algunhas, buscar alternativas o monte e a diversidade de
explotación. A asociación en
mancomunidades e de suma importancia podendose facer conxuntamente a
diversidade en distintos productos e fecelos rendibles para a sua
comercialización mancomunadamente e a posibilidade de que se podia, visto as
características de cada terreo concreto, ter parcelas do monte a un cultivo
determinado que sendo de forma independiente non e rentable pero si o ser
entre distintas parcelas de distintas comunidades. As do interior, algo maís descoñecidas para min,
pero que debido as propias necesidades de vida dos veciños que se vasea na
agricultura ou ganderia, con pequenas variantes a condición e comportamento
dos veciños/as Comuneros e moito maís achegada a defensa do monte ou ben
comunal, e o seu desenvolvemento rentual con maís amplitude,
apicultura,ganderia,madeira,canteiras, e incluso mineria, posto que da terra
sacan o seu sustento e moven a sua economia, basica esencial, tendo do monte
comunal a idea de ser e formar parte de eles mesmos non tan solo da sua forma de vida. --.
Xeneración ou non xeneración de rendas os comuneros/as. O repartir “dividendos” entre os veciños/as
comuneros ten, o meu parecer, que considerarse duas posibilidades: 1ª.- Que verdadeiramente a rendabilidade do
monte sexa nunha proporción medio/alta, para cada socio, despois de pagar os
impostos correspondientes o IRPF,tendo enconta os demaís ingresos que poida
ter cada comunero/a por calquer outro concepto. 2ª.- Que se faga un fondo común para realizar
melloras que de acordo sexan necesarias para todos ou cada un dos
comuneros/as, na propia parroquia ou lugar, e incluso a aqueles maís
necesitados solucionando problemas de vivenda con rendas baixas ou
reparandolle as que teñan en malas condicións. Tamen podria servir para promover postos de
traballo, como mencionei en outro apartado, granxas de animaís, terreos de
cultivos comunitarios de forma rendibles e incluso industrias de
transformación dos cultivos ou gando do entorno. Esta posibilidade o meu entender, a maís
directamente vinculada co que e a filosofia e forma de vida das comunidades
veciñaís en man comun, o reparto
equitativo da riqueza que os montes e bens veciñaís proporcionan os seus
Comuneros/as. --.
Proceso de renovación das Xuntas rectoras e censo de Comuneros/as. O proceso de renovación e indispensable pras
comunidades de montes e bens comúns, en todas as vertientes, poís sin elo son
comunidades mortas, e tendentes a desaparecer e perderse unha das formas de
vida maís antiga en democracia e reparto de riqueza que se coñece en Galicia. --.
Participación e corresponsabilización dos comuneros/as e participación
na asamblea Xeral. Todo Veciño/a comunero ten dereito e obligación
de participar nos debates das asambleas xeraís este dereito ten que telo tan
arreigao ou maís que os das eleccións xerais os Concellos ou Parlamentos do
pais, pois e o o que maís directamente lle toca na sua vida e bens, pois
corresponde o mismo lugar onde vive e se move diariamente, cos seus veciños
maís cercanos, canto maís colabore mellor se vivira no lugar, aldea ou
parroquia, e maís e mellor defendera os seus bens, sexan ou non comunales. --.
Cursos de formación para comuneros/as e Directivas. A falta de información actualizada e veraz e o
maior problema con que se encontran tanto os Comuneros/as como as
Directivas. En moitos casos son os
propios compoñentes de ambolos dous colectivos os culpables, os primeiros por
creer que as directivas son os que teñen que saber todo e informarlle de todo
case de forma persoal. E os segundos
por que asi como se ten que enterar cando debe pagar os impostos paque non
lle embarguen os bens tamen debe de enterarse de todo o que concerne a
comunidade de montes que rixen e informar de forma sinxela pero clara todo o
que se faga dentro da comunidade. Para
todos o maís imprescindible o maís honesto e o que mellor lles pode sintir
satisfeitos e asistir as asambleas e participar de forma correcta e
democratica, aportando ideas traballo e colaboración. Os cursillos ou charlas de formación-información
sempre fun partidario de facelos, e a todos nos fan falta, para poñernos o
día nas cousas que nos coveñen e necesitamos, e xa se pediron en outras
Asambleas Xeraís da OGCMVM por
distintos membros da misma. --.
Relación comunidades de montes e centros de ensino ou outros
colectivos veciñaís da parroquia,concello ou da bisbarra. En este apartado, indicarei que a relación e
relativamente cordial a sensación que se teñen nas directivas e que salvo nos
colexiós, que realizan a veces escursións divulgativas ou plantacións de
arbores a distintas zonas do entorno cos outros colectivos sendo cordial o
trato a sensación e de que so parece que queren os cartos que selles pode dar
para as suas necesidades de desenrrolo, sexan festas, teatros ou folclores. A autentica vinculación considero cando
todos colectivos se reforzan e armonizan as suas tarefas conxuntamente e
armonizando actuacións e comportamentos de complementacion e divulgación dos
traballos que cada cual faga colaborando a sua divulgación entre os
respectivos colectivos de forma clara e formativa, non deformativa como suele
pasar. --.
Participación da mocidade e a muller nas comunidades de montes. Un dos problemas que temos que plantexar as
Comunidades , a sí o demostra a enquisa realizada, e a ausencia de xente
xoven nas asambleas e directivas das comunidades, tamen son escasas as
mulleres en algunhas, teño que indicar que a que Eu represento si asiste un
numero elevado de mulleres, non así de xovenes entre 18 a 35 anos. Aquí considero que independiente de que
a xuventude en xeral non ten interese po lo que se refiere o monte ou a
cinexetica como vinculación, si ten interes cando se realiza unha
demostración de Moto-cross ou carktins enton si que visitan o monte e suben
os penedos mellor situados para ver, pero o que e preocuparse po lo monte
como tal, coidalo disfrutar do monte como ben da natureza e relax do
espirito, xa e fariña de outro costal, onde eles parece ser que non queren
participar, salvo en alguns lugares que si van para utilizar algun tipo de
fariña ou chocolate que non se come pero lles gusta utilizar. --.
Divulgación nas escolas. En todo tipo de sociedade human, para que esa
sociedade perviva nos seculos, educar a sua infancia e xuventude nos
coñecementos e cultura da sua propia sociedade e imprescindible. De ahí a necesidade case ineludible de
formar nos centros escolares a idea clara do significado e repercusión
socio-economica-medioambiental do monte e bens comunaís para sociedade actual
e futura. --. Despoboamento
das aldeas, e repercusión nas comunidades. Sobre este apartado non teño coñecemento como
para realizar opinión suficientemente cabal sobor do problema. --.
Xestión e Administración das Comunidades de montes e bens comúns. A xestión do monte veciñal en man común ou bens
comunaies, o meu entender, sin dubida ten que ser feita po los propios
comuneros/as e a sua Directiva nomeada o efecto de forma democratica e
renovación periódica de esta. Non
son partidario nin que se eternice unha directiva nin que sexa realizada por
unha Empresa ou Administración. No primero caso, porque o estar as mesmas
persoas nunha directiva da pé a que se deteriore o deasenrrolo e mellora da
comunidade, a parte que pode ser que se mangoneen os interes da comunidade a
favor de uns poucos. E no segundo caso, porque as empresas que
xestionan os montes comunaís traballan para sacar rendimento o monte como tal
empresa, e ter uns beneficios economicos, benéficios economicos que se lles
restan a comunidade e os seus comuneros/as e o resto da veciñanza, de ser
estos algo importantes. No caso das
Administracións o risco e de que non se cumplan os acordos do convenio
suscrito ou se aproveiten do monte comunal e a sua variada riqueza otras
persoas distintas os Comuneros/as, e se abandone a explotación racional do
monte, como sucede en algunhas entre elas a que eu pertenezco. --.
Divulgación da laboura das comunidades de montes. Un dos problemas que teñen as comunidades de
montes e precisamente o no ser coñecidas de forma real e actualizada,
informar do que son ou pode ser unha comunidade pros veciños/as, sexan ou non
comuneros. Tanto no eido das riquezas que poden aportar na sua racional e
variada explotación economica como medioambientalmente, que xa e sobradamente
coñecida pero pouco divulgada o que é en si o monte Comunal como tal. Todo tipo de actuacións de tipo
divulgativo-formativo ou de intercambio de conocementos sobre os montes ou
riquezas comunaís son necesarios e beneficiosos para todos, onde se poden
como corresponde a entidades actuaís, utilizar todos os medios que se
encontren o noso alcance e posibilidade. --.
O papel das Administracións Publicas, para acadar esta nova situación. Considero que o monte veciñal en man común e os
bens comunales, po las características que o distinguen de calquer outro
monte ou ben, debe telo en conta
calquer tipo de Administración Publica, sexa local
Provincial,Autonomica, estatal ou de maior envergadura.
1º.- Por aportar unha forma de vida e riqueza democratica e equitativa
entre un colectivo veciñal moi amplio e variado no contexto social galego.
2º.- A extensión en Has. Do Monte comunal en man común e moi
importante no contexto medioambiental para combatir a alta contaminación que
proporcionan os paises en vias de desenrrolo industrial como e Galicia.
3º-. A gran aportación socio-economica que o Monte veciñal en man
común move no seu entorno, e que se pode ampliar, si se sabe coordinar a sua
explotación racional, xa ten, o dia de hoxe unha importancia significativa no
contesto galego. |