Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais
 en Man Común
ORGACCMM

Circular 1/2008
Sr/a Presidente/a da comunidade de montes de:

Pola presente , convocamovos a Asemblea Xeral de caracter Ordinario da Organización Galega de comunidades de montes veciñais en mán común (ORGACCMM),que terá lugar o SABADO 12 DE ABRIL DO 2008, NO PAZO DE EXPOSICIÓNS DO CONCELLO DE LUGO.

A Asemblea Xeral , comenzará a 10 horas baixo o seguinte ORDE DO DIA

1)-LECTURA E APROBACIÓN DO ACTA ANTERIOR , SE PROCEDE.
2)-INFORME DE XESTIÓN DA XUNTA RECTORA, APROBACIÓN SE PROCEDE.
3)-ESTADO DE CONTAS DA ORGACCMM E APROBACION DA CUOTA PARA O ANO 2008.
4)-ALTAS E BAIXAS NO CENSO DE COMUNIDADES.
5)-INFORMACION E DEBATE SOBOR:
            PROGRAMA LEADER 2007-2013
            ENERXÍA FOTOVOLTAICA
            CESIÓNS DE MONTE VECIÑAL PARA APROVEITAMENTO DA BIOMASA
6)-DEBATE SOBOR O BORRADOR DA LEI DE MONTES DE GALIZA.
7)-PREGUNTAS E PROPOSTAS.

N O T A S

1)-Se para o día da Asemblea Xeral xa temos o borrador da Lei de Montes de Galiza,
celebraremos unha sesión pola tarde para a presentación de alegacións, se procede.

2)-A Delegación da Consellería do Medio Rural en Lugo ten convocado para o domingo,
30 de Marzo do 2.008, un encontro de Comunidades de Montes da PROVINCIA para elexir o
vocal das mesmas no Xurado de Clasificación Provincial. O candidato que presenta a ORGACCMM
é DAVID DÍAZ LOSADA, Presidente da Comunidade de Montes de Santo Estevo de Parga (Guitiriz)
e Coordenador Xeral da ORGACCMM.


XANTAR DE IRMANDADE

Logo da sesión da mañán, celebremos un xantar de irmandade no mesmo PAZO DE EXPOSICIÓNS.O
prezo do xantar é de 34 euros por persoa, cantidade que debedes ingresar na conta da ORGACCMM,
numero 2080/ 0072/ 0040006299 de Caixanova (sucursal de Sabaris-Baiona), antes do dia 4 de
Abril de 2008 ( e moi importante que fagades constar o número de persoas que ides xantar e o
nome da comunidade de montes)

Galicia / Marzo/2008