COMUNICADO INFORMATIVO (29.11.2006):
Ante o proxecto de lei de prevención e defensa contra os incendios forestais, que ven de enviar a Conselleria de Medio Rural ás entidades relacionadas cos montes, a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común(ORGACCMM), entende, que en termos xerais , o proxecto de lei é positivo , xa que é a primeira vez que se da prioridade as medidas preventivas na loita contra os lumes forestais, ordease parte do territorio (distancias de plantacións das distintas especies, franxas de seguridade cos nucleos de poboación e outras infraestructuras, xestión do combustible), e acompañanse medidas de sensibilización e divulgación para a defensa dos montes contra os lumes forestais .
No que fai referencia ao cumplimento das medidas sinaladas nos diversos planos de prevención dos lumes forestais, entende a ORGACCMM ,que deberian facerse matizacions, xa que, deberíase ter en conta as caracteristicas dos montes veciñais e o grado de organización das comunidades de montes (montes sen orzamentos ou con orzamentos escasos, montes consorciados e conveniados , comunidades de montes con pouca poboación ou poboación envellecida). E sobor de todo, deberiase ter en consideración o feito de que o cumplimento liñal de estas medidas, non deberia hipotecar a posta en valor dos montes veciñais.Un dos eixos para unha eficaz loita contra os lumes forestais son as medidas preventivas , mais o outro eixo e por en valor os montes ; e para elo, as comunidades de montes precisan de orzamentos. A aplicación da lei deberia ser flexible , senon estaremos a cometer unha inxustiza .
Do que si se manifesta radicalmente en contra a ORGACCMM e da intención de impor unha taxa pola extinción dos lumes forestais. Esta taxa viría a siñificar que se culpabilizarian dos lumes forestais aos que verdadeiramente son as victimas, ésto é, os propietarios das terras.Os que teñen que pagar os danos dos lumes , son os incendiarios que lles prenden lume os montes a cargo do seu patrimonio. Se aos incendiarios non se lles deten e non se lles xuzga, o culpable será o Estado, e non os titulares das terras. Facer pagar os titulares das terras unha taxa pola extinción do lume, seria como culpar a victima do un atraco, polo feito de ser atracado.
E ademais, impor unha taxa pola extinción dos lumes forestais, seria estar de novo a prantexar que a loita contra os lumes forestais se faga dende a optica do negocio e non dende a optica de un servicio social. E seria tamen recoñocer que a lei de prevención e defensa contra os lumes forestais que se está a elaborar ou non vai ser eficaz, ou non se vai cumplir. A ORGACCMM,entende que a lei é positiva e que vai por os primeiros pasos para unha loita eficaz contra os lumes forestais.