|
|
Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común |
|
Circular 1/2.006
Estimado/a Presidente/a da Comunidade de Montes de ... :
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Pola presente convocamosvos á Asemblea Xeral Ordinaria da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM), que terá lugar O SÁBADO, DÍA 4 DE FEBREIRO DO 2.006, AS 10 HORAS DA MAÑÁN no AUDITORIO MUNICIPAL DE CONCELLO DE OURENSE (Rúa do Canle nº 2, esquiña Rúa Emilio Pardo Bazán).
O Orde do día será a seguinte:
1)-- Lectura e aprobación do Acta anterior, se procede.
2)-- Altas e baixas no censo de Comunidades.
3)-- Informe de xestión do ano 2.005.
4)-- Balance económico do ano 2.005 e cuota para o ano 2.005.
5)-- Informe acerca do 3º Congreso Galego de Comunidades de Montes..
6)-- Convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria para a elección de Xunta Rectora da ORGACCMM e aprobación do calendario electoral.
7)-- Propostas e preguntas.
Logo de sesión da mañán celebraremos un xantar de irmandade no Restaurante San Rosendo. O precio por persoa é de 25 Euros que debedes ingresar antes do 28 de Xaneiro na conta da Organización:
2080 / 0072 / 70 / 0040006299 de CAIXANOVA (sucursal de Sabarís-Baiona)
NOTAS:
1.-) Ó realizar o ingreso e moi importante facer constar o número de persoas que van xantar e o nome da Comunidade de Montes.
2.-) Tamén é moi importante o cumprimento dos plazos para que logo
non haxa problemas na organización do xantar.
Galicia a 7 de Xaneiro do 2.006
O PRESIDENTE: Xosé Alfredo Pereira Martínez