Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común

Circular 1/2.005

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA     
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA     
XANTAR DE IRMANDADE     
Ás Comunidades de Montes: "UNHA FISCALIDADE AXEITADA Ó MONTE VECIÑAL É POSIBEL"     

Estimado/a Presidente/a da Comunidade de Montes de ... :   

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

    Pola presente convocamosvos á Asemblea Xeral Ordinaria da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM), que terá lugar no AUDITORIO MUNICIPAL DE SANXENXO (Pontevedra)   O SÁBADO, DÍA 5 DE MARZO DO 2.005, AS 10 HORAS DA MAÑÁN.

 

    A Orde do día será a seguinte:

    1)-- Lectura e aprobación do Acta anterior, se procede.

    2)-- Altas e baixas no censo de Comunidades.

    3)-- Informe de xestión do ano 2.004.

    4)-- Balance económico do ano 2.004 e cuota para o ano 2.005.

    5)-- Análise sobre a situación da Revista da Organización.

    6)-- Información sobre a campaña contra o Imposto de Sociedades. (Ver ó remate desta convocatoria: "UNHA FISCALIDADE AXEITADA Ó MONTE VECIÑAL E POSIBEL")

    7)-- Propostas e preguntas.

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

    A continación celebrarase unha Asemblea Xeral Extraordinaria co seguinte e único punto no Orde do día:

    1)-- Modificación se procede do Artigo 36-a dos Estatutos

"Artigo 36 a- Os cargos teñen unha duración de tres anos e son honoríficos e gratuítos, sufragando a Organización os gastos derivados da súa xestión. Serán substituídos por outros, do xeito que se estipula máis adiante, nos seguintes casos:

 1) Falecemento ou incapacidade de obrar.

 2) Perda da condición de comuneiro da súa comunidade.

3) Renuncia voluntaria.

4) Remoción por Asemblea Xeral extraordinaria. "

    Pola tarde, a partir das 1630 horas, realizarase unha visita a praia da Lanzada e a unha Aula de Interpretación da Natureza sita no monte veciñal.

XANTAR DE IRMANDADE

    Logo de sesión da mañán celebraremos un xantar de irmandade no Restaurante Ardora de Sanxenxo. O precio por persoa é de 30 Euros que debedes ingresar na conta da Organización:

2080 / 0072 / 70 / 0040006299 de CAIXANOVA (sucursal de Sabarís-Baiona)

                        Galicia a 7 de Febreiro do 2.005

                            O PRESIDENTE: Xosé Alfredo Pereira Martínez

Ás Comunidades de Montes: "UNHA FISCALIDADE AXEITADA Ó MONTE VECIÑAL É POSIBEL"

    Dende o momento en que o Goberno Central (ano 1.999) meteu ás Comunidades de Montes no Imposto de Sociedades, a única entidade relacionada co monte veciñal que se manifestaba en contra desta imposición fiscal inaxeitada foi a Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM). Dúas manifestacións en Santiago de Compostela e contínuas solicitudes ós partidos políticos galegos para que presentasen iniciativas parlamentarias para lograr unha fiscalidade adaída para o monte veciñal en man común, foi a nosa loita.

    Con data 21 de Decembro do 2.004, a deputada do BNG no Congreso dos Deputados, a sra. Olaia Fernández, presentou unha moción para que os montes veciñais en man común deoixaran de ser suxetos pasivos do Imposto de Sociedades e para lograr unha fiscalidadem axeitada ao monte veciñal. Esta proposta foi transacionada por deputados do PSOE no sentido de que se instara ao Goberno Central a que perante o ano 2.005 entablara conversas coas entidades representativas das Comunidades de Montes coa fin de lograr unha fiscalidade acaída ós MVMC.

    A proposta transacionada foi aprobada polo Congreso dos Deputados. Non cabe dúbida que ésta non é a solución definitiva para tampouco cabe dúbida que este acordo siñifica que se abre unha porta que nos conduza a acadar unha fiscalidade xusta para o MVMC.

    Naide pode negar que esta pequena vitoria é o produto da loita que sen desánimo e dende 1.999 veñen levando a cabo moitas CMVMC agrupadas na nos Organización. Agora que poidemos estar ás portas de lograr unha fiscalidade acaída para o MVMC compre, se cadra, estar máis unidos que nunca.

    O arranque para intensificar esta campaña para lograr unha fiscalidade xusta para o Monte Veciñal pode ser a Asemblea Xeral Ordinaria da ORGACCMM que terá lugar o día 5 de Marzo. Covidamos pois a participar na mesma.