Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común

                                                                    Circular 4/2.004

Anteproxecto da Lei de Montes de Galicia

    A Consellería de Medio Ambiente presentou diante do sector relacionado co monte o borrador do anteproxecto da Lei de Montes de Galicia. O anteproxecto tenta a eliminación da figura do Monte Veciñal en Man Común (MVMC) como unha propiedade veciñal e reduce os aproveitamentos do montes, somentes, ó aspecto forestal.... Na primeira reunión que mantivo a Consellería de Medio Ambiente  cos representantes do sector monte, somentes a nosa Organización manifestouse en contra do contido que lle da este borrador da lei á figura do MVMC.

     Conven que as Comunidades de MVMC sigamos enviando ( á Consellería de Medio Ambiente ou a nosa Organización) o escrito que vos enviamos anteriormente. Só así seremos quén lograr que a futura Lei de Montes de Galicia non seña lesiva para o MVMC.

Problemática das acacias

    Por iniciativas do Grupo Parlamentar do BNG e aprobado por unanimidade, o Parlamento Galego acordou instar á Xunta de Galicia a que continue coas investigacións encamiñadas a lograr métodos eficaces para lograr o control da propagación das acacias e a por en marcha liñas da axudas para os propietariosdos montes afectados por dita propagación.

Medidas agroambientais

    No DOGA do 17 de Xuño do 2.004 veñen de saír as axudas de medidas agroambientais. As Comunidades de MVMC que teñan gando propio ou dos comeneiros ou comuneiras e as comunidades que queiran regular o gando ceibo que pastan nos seus montes, poden acollerse a este tipo de axudas. O prazo de presentación para solicita-las remata o 27 de Xullo do 2.004.

    Aquelas Comunidades de Montes que queiran máis información ou mesmo axuda para cubrir as solicitudes poden porse en contacto coa nosa Organización chamando ó teléfono 649.137.135

                               Galicia, a 26 de Xuño do 2.004

                O Presidente da ORGACCMM  -Xosé Alfredo Pereira Martínez-