Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común
Circular 3/2.004 ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Estimado/a Presidente/a da Comunidade de Montes de:
Pola presente convocamos á Comunidade de Montes que vostede preside a unha Asemblea Xeral Extraordinaria da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM), que terá lugar:
O SÁBADO, DÍA 22 DE MAIO DO 2.004, AS 17 HORAS (5 DA TARDE) NAS INSTALACIÓNS DO MERCADO DO GANDO DE SANTIAGO (Mercado de Amio).
A Orde do día será a seguinte:
1)-- Lectura e aprobación do Acta anterior, se procede.
2)-- Aprobación das alegacións a presentar ao Proxecto de Lei de Montes de Galicia.
NOTAS.-
1).- É moi importante que a Lei de Montes de Galicia que se va a debater e logo aprobar no Parlamento de Galicia, seña unha Lei que defenda a figura do Monte Veciñal en Man Común e que permita o desenvolvemento de todas as súas potencialidades. Por iso é moi importante que as Comunidades de Montes de Galicia presentemos alegacións de xeito unido.
2).- Cumprimentando o acordo da última Asemblea Xeral, acompañamos para as Comunidades-membro o xustificante do pago da cuota do ano 2.004.
O PRESIDENTE: Xosé Alfredo Pereira Martínez