Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común
Circular 3/2.004 COMUNICADO INFORMATIVO
NOVA LEI DE MONTES DE GALICIA, NOVO INTENTO DE USURPALOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN ÓS SEUS LEXÍTIMOS DONOS
A Consellería de Medio Ambiente ten elaborado dende finais de decembro do ano pasado un borrador de anteproxecto de Lei de Montes de Galicia. Un anteproxecto que como dita o pensamento democrático tería que facelo chegar os sectores interesados, no noso caso: ás comunidades de montes veciñais en man común. Sen emgargo, e seguindo coa súa política oscurantista, nono fixo chegar (a nosa Organización teno pero non porque llo enviase a Consellería de Medio Ambiente como sería preceptivo).
O texto do anteproxecto da Lei de Montes de Galicia é un novo intento de, se non roubarlle os Montes Veciñais en Man Común os seus lexítimos donos, si privatizar e usurparlle a súa xestión. Con este fín pretende criar o que nomea Organismo Autónomo de Montes de Galicia, formado pola Administración Forestal Galega e representantes do sector forestal. Un organismo con plena autonomía para xestionar o que chama "xestión dos montes de xestión pública", onde se encadra ós MVMC conveniados e consorciados, e que, en Galicia, con máis de metade dos MVMC.
A Consellería de Medio Ambiente pretende descoñecer que os MVMC, independentemente que a súa xestión sexa libre, consorciada ou conveniada, son propiedade dos veciños e veciñas comuneiros e, xa que logo, a súa planificación e a decisión dos seus aproveitamentos correspóndelles ós veciños e veciñas comuneiros. Os convenios e mailos consorcios son un pacto mediante o cal a Administración Forestal Galega, en troques de realizar obras de milloras e conservación destes montes, recibe un porcentaxe de cada tala de madeira e máis nada.
Mediante a creación do que chama Organismo Autónomo Montes de Galicia, a Administración Forestal Galega, en comandita con intereses económicos privados que pululan, como parásitos arredor dos MVMC, pretende privatizar e usurpar a xestión dos MVMC ós seus lexítimos donos.
Usurpar a xestión porque entre as funcións que se marca este Organismo Autónomo Montes de Galicia están: a elaboración de plans de xestión dos montes, de proxectos de ordenación, de plans básicos de xestión, celebrar contratos e explotar obras e servicios nos MVMC.
Privatizar a xestión dos MVMC consorciados e conveniados xa que os recursos financieiros deste Organismo Autónomo Montes de Galicia, ademáis de asinacións orzamentarias nos Orzamentos Xerais de Galicia (financiación pública), faríase polas seguintes vías 25% dos ingresos de cada monte por ocupacións, servidumes e cesión de direitos s favor de terceiros, taxas pola xestión do monte e canón polos beneficios acadados por instalacións de aeroxeneradores, postes de telefonía, liñas eléctricas e instalacións de infraestructura.
É dicir, a partir da aprobación da nova Lei de Montes de Galicia, se non somes quen de cambiala, ós ingresos de un monta conveniado ou consorciado haberá que restarlle:
- o 25% do Imposto de Sociedades,
- o 25% para finaciar ó Organismo Autónomo Montes de Galicia,
- as taxas pola xestión e
- o canón polas instalaciós. UN VERDADEIRO ROUBO.
Ante este novo intento de privatizar e ususpar a xestión dos MVMC ós seus lexítimos donos, é dicir, os vaciños e vaciñas comuneiros, as Comunidades de MVMC temos de unirmonos aínda máis para defender a figura do MVMC como unha propiedade veciñal e desta nova agresión por parte da Administración Forestal Galega en comandita con intereses económicos que queren vivir a conta dos MVMC cando os que teñen que vivir a conta dos MVMC son os seus lexítimos donos.
Unha boa data para iniciar esta loita pola defensa do MVMC contra un novo intento da súa privatización e da súa usurpación é a Asemblea Xeral que a Organización Galega de Comunidades de MVMC (ORGACCMM) vai celebrar o sábado, día 27 de Marzo do 2.004, a partires das 10 da mañá no Hotel Balneario do Concello de GUITIRIZ. Unha Asemblea aberta a tódalas Comunidades de MVMC de Galicia.
Galiza, a 20 de Marzo do 2.004
O P R E S I D E N T E: Xosé Alfredo Pereira Martínez