Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común

Circular 1/2.004

 

        Sr Presidente da Comunidade de Montes de ... :

                Polo presente convócase a todas as Comunidades de Montes á Asemblea Xeral de caracter ordinario da Organización Galega de CMVMC, que se celebrará nas instalacións do Hotel Balneario de Guitiriz (Lugo) o sábado, 27 de Marzo do 2.004, as 10 horas  da mañá co seguinte Orde do Día:

    1).- Lectura e aprobación do acta anterior, se procede.

    2).- Altas e baixas no censo de Comunidades membro

    3).- Informe de xestión do ano 2.003

    4).- Balance económico do ano 2.003 e cota para o ano 2.004.

    5).- Debate acerca da Lei de Montes de Galiza que está a elaborar a Consellería de Medio Ambiente.

    6).- Analise do funcionamento (interno-externo) da nosa Organización.

    7).- Preguntas e propostas

        POLA TARDE realizarase unha visita guiada á Aula da Natureza de San Xosé, na parroquia de San Xosé de Lagostelle, no mesmo concello de Guitiriz.

XANTAR DE IRMANDADE

Trala sesión da mañá, celebrarase un Xantar de Irmandade no restaurante do mesmo Hotel Balneario. O prezo do xantar é de 30 Euros por persoa que deberán seren ingresados antes do 23 de Marzo do 2.004 na conta da Organización: 2080 0072 70 0040006299 de CAIXANOVA (sucursal Sabarís-Baiona). Ó realizaren o ingreso deberase facer constar o número de persoas o o nome da Comunidade de Montes.

                                    Galiza, a 6 de Febreiro do 2.004

                        O     P R E S I D E N T E