Convocatoria da Organización Galega de CMVMC ORGACCMM

Asunto: Reunión FSC

            Estimados amigos:

        O pasado Outono mantívose no Pazo da Cultura de Pontevedra, unha reunión sobre a Certificación Forestal na que participaron unha serie de Organizacións (sindicais, profesionais, medioambientais, ...), como primeira toma de contacto, e na que se debatiron os modelos de certificación existentes (PEFC e FSC).

        Na dita convocatoria estiveron ausentes algúns colectivos xa que por diversos motivos non lles chegara a mesma.

        A maioría das intervencións coincidiron en que o modelo PEFC, no seu ámbito galego, conta xá con un grupo promotor, impulsado pola Xunta de Galicia, no que se pode participar sin ser incompatibel co modelo denominado FSC (de xeito que algunha organización indica que pode optar polas dúas vias). De tódolos xeitos, esta última fórmula é considerada por moitos a máis achegada ós criterios de xestión sostibel.

        Para afondar nas particularidades do model FSC quedóuse en que sería necesario crear un grupo de traballo con personas coas potencialidades de actuación e aplicación (si elo fora posibel) do dito modelo.

        Por tal motivo a Organización Galega de CMVMC, asumindo por delegación dos asistentes o papel de organización convocante, convida ó colectico que representas á reunión que terá lugar o vindeiro día 28 de Febreiro, sábado, ás 1700 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra, na aula 2.

        Prégase que comuniquedes a asistenza ó tfo. 649.137.135

                Pontevedra, a 18 de Febreiro do 2.004

                                    Asdo.:Xosé Alfredo Pereira Martínez