Circular 1/2000 Circular 2/2000 Circular 3/2000 Circular 4/2000        
Circular 1/2001 Circular 2/2001 Circular 3/2001 Circular 4/2001 Circular 5/2001 Circular 6/2001    
Circular 1/2002 Circular 2/2002 Circular 3/2002 Circular 4/2002 Circular 5/2002 Circular 6/2002 Circular 7/2002

 

Circular 1/2003 Circular 2/2003 Circular 3/2003 Circular 4/2003 Circular 5/2003      
Circular 1/2004 Circular 2/2004 Circular 3/2004 Circular 3bis/2004 Comunicado Informativo Circular 4/2.004 Convocatoria x/2.004  
Circular 1/2005              
Circular 1/2006 Circular 1/2006 ENGADIDO Circular Inscripció ó III Congreso NOTA DE PRENSA encol dos lumes da ORGANIZACIÓN GALEGA DE CMVMC (ORGACCMM) O sábado, 23 de Setembro de 2.006, ás 17 horas (5 do serán), no Pazo de Congresos do concello de Pontevedra a ORGACCMM , concova unha Asemblea Xeral de caracter extraordinaria  26.9.2006 NOVA DO DÍA:               NOTA DE PRENSA: A Organización Galega de comunidades de montes veciñais en man común (ORGACCMM) quer manifestar publicamente que non asinou o Acordo forestal para o aproveitamento da madeira queimada e para a recuperación  sustentable dos montes arborizados afectados polos lumes forestais 29.11.2006 NOVA DO DÍA:                COMUNICADO INFORMATIVO da Organización Galega de MVMC (ORGACCMM) (29.11.2006): “Ante o proxecto de lei de prevención e defensa contra os incendios forestais”    
Asemblea Xeral de caracter Ordinario da Organización Galega de comunidades de montes veciñais en mán común e Xornada Temática baixo o titulo "NOVOS RETOS SOCIOECONOMICOS  DO MONTE VECIÑAL" (ORGACCMM)               
13.08.2009 NOVA DO DÍA:    NOTA DE PRENSA ORGACCMM SOBRE A ENERXIA EOLICA. SI PRECISADES MAIOR INFORMACIÓN CONTACTAR CO PRESIDENTE XOSE ALFREDO PEREIRA NO Nº 649 137 135 OU 687 393 117               
23.3.2010 NOVA DO DÍA:    Organización Galega de CMVMC (ORGACCMM), Circular 02/2.010: Encol da nova Lei de Montes Veciñais en Man Común,  IV Congreso Galego de Comunidades de Montes, Cuota para o 2.010 e Elección da nova Xunta Reitora da ORGACCMM.
1ª parte da Circular            2ª parte 
   

  

 

 

 

 

 
 

             Circular 1-2000

Estimados compañeiros:

            Na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada en Lugo o pasado 25 de marzo tratouse detidamente a nova fiscalidade sobre o monte veciñal e acordouse, por ampla maioría, o seguinte:

            a) Seguir reafirmando a oposición total da Organización á inclusión das comunidades de montes no Imposto de Sociedades.

            b) Continuar as xestións diante dos grupos políticos para a derogación deste imposto e a súa sustitución por unha fiscalidade xusta e axeitada ó monte veciñal.

            c) Continuar coas accións para reclamar a atención da sociedade e dos políticos sobre esta inxustiza que se comete coas comunidades de montes; entre elas a presentación de mocións nos concellos.

            d) Aconsellar ás xuntas rectoras a tramitación do citado imposto só cos datos dispoñibles. Tendo en conta a múltiples dúbidas que se van plantexar, realizar a declaración coas interpretacións máis beneficiosas para a comunidade e onde non se teñan os datos suficientes porque a Consellería non os facilitou ou porque a Administración de Facenda non contestou ás preguntas que se lle fixeron, facelo constar expresamente.

            e) Solicitar das comunidades de montes que comuniquen á Consellería de Medio Ambiente o acordo de suspender as talas de madeira mentres non se retire este imposto inxusto. Tamén aconsellar ás xuntas rectoras que leven a cabo accións simbólicas (peche de áreas de lecer, impedir o libre acceso ó monte en determinados días, facer reunións informativas coas asociacións veciñais...) que faga ver a importancia social do monte veciñal.

            Nos meses vindeiros realizaremos xuntanzas informativas por todas as comarcas de Galicia para tratar este tema da fiscalidade e os problemas que presenta o realizar a declaración. Nas zonas onde queiradas facer unha destas xuntanzas, poñédevos en contacto con alguén da Xunta Rectora.voltar arriba

            Por outra parte debateuse a traxectoria levada a cabo pola Organización neste primeiro ano de existencia legal. Acordouse tentar de mellorar o funcionamento interno e facer un esforzo para atraer a máis comunidades de montes, pois a Organización aspira a representar á maioría das comunidades.

            Aprobouse a cota anual para o 2000, que é de 20.000 ptas. Deberá ser aboada  na conta bancaria nº 2080-0072-70-0040006299 de CaixaVigo, preferentemente antes do mes de xullo, indicando o nome da comunidade de montes que fai o pago e o concello; tamén pode cubrir a domiciliación bancaria que vai en folla á parte e mandala á Organización. Aquelas comunidades de montes que, polos seus escasos recursos económicos, lles sexa moi dificultoso aboar a cota, poden solicitar a exención temporal (artigo 16 dos estatutos) en carta dirixida á Organización, explicando a situación económica da comunidade.voltar arriba

Circular 2-2000

Estimados compañeiros:

            Ven de saír no Diario Oficial de Galicia do 21 de agosto, nº 161, a Orde de axudas para plantación de árbores. Tanto os montes veciñais en man común libres como os conveniados ou consorciados, poden acollerse a estas subvencións. Esíxese unha superficie mínima de 10 ha. e o prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de outubro deste ano. Para máis información, chamar a Xosé Pereira, tel. 986.35.42.48 ou 649.13.71.35.

            As sociedades de caza están nestes días procedendo a legalizar os TECOR (terreos cinexeticamente ordenados), para o cal precisan a autorización das asembleas das comunidades de montes afectadas. A ORGACCMM sempre mantivo a postura de que a caza é un uso máis do monte, de aí que defendemos que as cesións de uso do monte para a caza foran de balde ou por unha cantidade simbólica. Nembargantes, a inclusión das comunidades de montes veciñais en man común no Imposto sobre Sociedades e os contidos da nova Lei de Caza, obriga a que as comunidades de montes esixan ás sociedades de caza, para cederlle o uso do monte para cazar, o asinamento dun documento escrito de cesión, condicionada ós seguintes requisitos:

            a) Obriga de asumir a carga fiscal derivada do aproveitamento cinexético. Hai que facer constar que, no caso de que as axencias tributarias apliquen o uso da caza á estimación de rendas, a contía a abonar no seu caso correrá a cargo da sociedade de cazadores.

            b) Copia, certificada e compulsada pola sociedade de caza, do Plano Técnico de Aproveitamento Cinexético que esixe a nova Lei de Caza para legalizar o TECOR, no que conste que o uso cinexético non impide á comunidade de montes realizar os traballos que estimen oportunos (rozas, aclareos, podas, tronzas de madeira...) para a conservación e mellora dos terreos e o uso do monte polos veciños.

            Se as sociedades de caza non aceptan estas condicións, a ORGACCMM aconsella que as comunidades de montes non cedan o uso dos montes veciñais para a caza. E recorden que, en todo caso, o acordo hai que tomalo na Asemblea Xeral.

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Notas:

1- Recórdase que as comunidades de montes deben mandarnos ó Apartado 559-Pontevedra as copias de ter solicitado á Xunta de Galicia o deslinde dos terreos comunais, para presentar queixa diante do Valedor do Pobo pola negativa da Consellería a realizalos.

2- Recórdase ás xuntas rectoras que deben mandarnos tamén a delegación de voto para a Asemblea onde se elixirá o representante das comunidades de montes nos xurados provinciais de clasificación.

3-As comunidades de montes integradas na Organización que aínda non teñan copia dos nosos estatutos, deben solicitala para mandarlla á maior brevidade.voltar arriba

Circular 3-2000

Estimados compañeiros:

            Con esta circular adxuntamos o programa de man da III Xornada monográfica sobre o monte veciñal, que esta vez está dedicada ós problemas derivados do uso de parcelas comunais por parte das administracións con destino a equipamentos e concesións públicos.

            Poucas serán en Galicia as comunidades de montes que non teñan este "problema": parcelas de comunal ocupados por estradas, colexios, pavillóns de deportes, centros médicos, parques industriais, vertedoiros de lixo, canteiras, liñas de alta e media tensión, etc. En cada caso a problemática é diversa (apropiacións sen permiso, cesións polos concellos, expropiacións abusivas...), pero as comunidades de montes sempre son a parte débil: o monte non vale para nada e o destino que lle dean as administracións sempre prevalecerá. Por ser un tema importante, que sofren practicamente todas as comunidades de montes, cómpre que nos xuntemos e discutamos do asunto. Por iso vos pedimos que deades a coñecer esta xuntanza entre as comunidades veciñas. Poden asistir todos os membros das xuntas rectoras de toda Galicia, inda que non estean integradas na nosa Organización. Non hai que inscribirse previamente.

            O lugar da xuntanza é o Pazo da Cultura de Pontevedra, na Xunqueira (Rúa Alexandre Bóveda), á beira do río Lérez (por detrás vai sinalado cunha frecha no plano). Os que cheguen por autoestrada deben saír en Poio (vindo de Santiago a 1ª saída e vindo de Vigo a 3ª). Os que vaian por estrada deben bordear o río ata A Xunqueira. Hai amplo aparcamento e cafetería-restaurante con cabida suficiente (ten menús do día de 1.500 e 2.500 ptas.); os interesados teñen que reservar mesa ó entrar á Xornada (9,30-10 h).

            Por outra parte e sobre o Imposto sobre sociedades, a todas as comunidades que tiveran problemas con Hacienda sobre os gastos que se poden deducir por ser destinados a bens sociais, debemos comunicarvos que nos chegou a resposta da Axencia Tributaria, na que se recoñece a legalidade de deducir como gastos de interese social os destinados á construcción ou reparación de pistas públicas, camiños veciñais, fontes públicas, instalacións deportivas, festas e conmemoracións, actividades deportivas, culturais e educativas etc, xa sexan obras feitas pola comunidade de montes ou como subvencións a outras entidades. De todos estes gastos hai que gardar as facturas (e os recibos das subvencións que entreguedes a grupos e entidades veciñais, culturais ou deportivas) con todos os datos.

            Por outra parte, e como xa temos avisado anteriormente, algúns concellos (por despiste ou mala fe) queren cobrarlle ás comunidades de montes o IBI (Imposto de Bens Inmobles), das que nós estamos exentos por lei. No caso de que o concello reclame o pagamento deste imposto, hai que solicitar a exención (podemos mandarvos un modelo do escrito, se queredes) e a devolución, no seu caso, das cantidades que a comunidade de montes tivera abonado anteriormente por este concepto.

Un saúdo                           voltar arriba

Circular 4-2000

Estimados compañeiros:

            Enviámosvos a seguinte información:

Imposto sobre Sociedades

Nos debates que tiveron lugar en novembro no Congreso dos Deputados e no Senado, ante dúas iniciativas do PSG-PSOE e do BNG, que trataban de que non lles fose aplicado este imposto ó monte veciñal en man común, o PP votou en contra das propostas (que foron derrotadas) alegando que as comunidades de montes estabamos de acordo con este imposto.

Ante estas mentiras dos portavoces do PP, as comunidades de montes temos que facer chegar a este partido que non aceptamos o Imposto de Sociedades nin o asumimos. Por iso a nosa Organización propón a todas as xuntas rectoras que tomen as seguintes medidas:

            a) Seguir recollendo sinaturas entre a cidadanía (sexan comuneiros ou non) contra o Imposto (enviamos modelo).

            b) Mandar cartas ós portavoces do Partido Popular no Congreso e no Senado o sentir das comunidades de montes sobre o Imposto (enviamos carta para asinar).

            Estas dúas tarefas, especialmente a segunda, cómpra realizala axiña, polo que vos agradecemos que nola mandedes asinada ó noso enderezo.

            c) Mandar Cartas ó director ós xornais amosando a postura das comunidades de montes contraria ó Imposto sobre Sociedades.

 

IVE de compensación

Desde o mes de novembro pasado, o IVE de compensación que hai que aplicar ás vendas de madeira pasa do 5% ó 8%.

 

Xornada sobre monte veciñal e equipamento público

As conclusións aprobadas nesta Xornada celebrada en Pontevedra o pasado 2 de decembro, serán enviadas a todas as comunidades de montes en canto estean elaboradas. As persoas interesadas no libro cos relatorios completos poden reservalo chamando a Carlos Morgade (tel. 986.84.40.07).

 

Teléfono para cortas de madeira

Alberto Irisarri, presidente da Federación Galega de Aserradores e Rematantes, infórmanos que esta entidade pon a disposición das comunidades de montes que teñan previsto cortar madeira, o teléfono 986.43.60.87 para recibir información sobre a madeira á venda. Desde este teléfono a Federación informará ás empresas asociadas sobre as comunidades interesadas en vender madeira.voltar arriba

                                                                                  Circular 1-2001

 

Santiago, 10 de febreiro de 2001

            Pola presente convócase a todas as comunidades de montes á Asemblea Xeral Ordinaria da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, que se celebrará nos locais do Coliseo Noela de Noia, situado no barrio do Curro, o sábado 17 de marzo ás 10 da mañá, coa seguinte orde do día:

                                   1- Lectura da acta anterior.

                                   2- Altas e baixas no censo de comunidades.

                                   3- Informe de actividades do ano 2000.

                                   4- Balance económico do ano 2000.

                                   5- Proposta de actividades para o ano 2001.

                                   6- Presuposto económico e cota anual para o ano 2001.

                                   7- Preguntas e propostas.

Posteriormente, a partir das 13,30 h. e no mesmo local, celebrarase Asemblea Xeral Extraordinaria coa seguinte orde do día:

                                   Punto único: Modificación de estatutos.

Tarde (a partir das 16 h.)

 

IV Xornada monográfica sobre o monte veciñal

“O gando bravo no monte veciñal: situación e alternativas”

                                    -Intervirán:

* Tomás Fernández Couto, Director Xeral de Montes da Consellería de Medio Ambiente.

* Francisco Mosquera Chivite, veterinario oficial da Paradanta.

* Eloy Villada Legazpi, profesor da Escola Superior Politécnica de Lugo.

* Xosé Lois Vilar Rodríguez, presidente da Mancomunidade de Montes “Serra do Barbanza”.

                                                                                                     O PRESIDENTE

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------

XANTAR DE IRMANDADE

Trala sesión da mañá, celebrarase un Xantar de Irmandade no Restaurante O Trapeiro de Merelle, en Lousame. O prezo é de 3.000 ptas. por persoa, que deberán ser ingresadas, antes do 10 de marzo, na conta da Organización nº 2080/0072/70/0040006299 de Caixanova (sucursal de Baiona). Ó realizar o ingreso hai que facer constar o nome da(s) persoa(s) e da comunidade de montes.

 

PROPOSTA DE MODIFICACION DE ESTATUTOS

 

Co obxectivo de mellorar o funcionamento da Organización e para dar cumprimento ás indicacións da Dirección Xeral de Montes con motivo da legalización da nosa entidade, adxuntamos as modificacións dos estatutos que se propoñen:

 

Artigo 15

Substituír “derradeiro trimestre do ano” por “segundo trimestre do ano”.

 

Artigo 25

Substituír “20 % dos representantes” por “25 % dos representantes” e substituír “deberá transcorrer media hora” por “deberán transcorrer dúas horas”.

 

Artigo 56

Substituír o parágrafo “A súa responsabilidade é colexiada” por “A súa responsabilidade é solidaria”.

 

Artigo 57

Substituír “15 días” por “un mes” e substituír “dous meses seguintes” por “os prazos legais establecidos”

 

Artigo 67

No apartado b) substituír “3 días seguintes” por “10 días seguintes” e substituír “periodo de unha semana para facelo” por “periodo de 10 días para facelo”.

 

Artigo 69

No apartado a) substituír “recurso” por “reclamación”.

 

Artigo 72

Engadir a final do texto “Existindo un quorum do 50 % en primeira convocatoria e un quorum do 30 % en segunda convocatoria".

BALANCE ECONÓMICO DO ANO 2000

Ingresos                                                          Gastos

Cotas das comunidades           1.520.000        Déficit ano anterior       .           440.144

Subvencións                               888.000        Desprazamentos          .           479.208

Xantar Asemblea Lugo               291.000        Material funxible          .             51.376

Outros                                          10.500        Correos                       .           119.835

                                                                       Elaboración revista       .           238.750

            Asemblea Lugo            .           269.500

                                                                       Teléfono          .           .             39.597

                                                                       Romaría de Comunidades        203.239

                                                                       Xornada de Pontevedra           153.908

                                                                       Aluguer local Santiago    25.000

                                                                       Varios                                       40.642

Total   .           .           .           2.709.500        Total   .           .                    2.061.199

Superavit       .           .           648.301         

 

                                              

PRESUPOSTO ECONÓMICO ANO 2001

Ingresos                                                          Gastos

Superavit ano anterior     648.301        Desprazamentos                      500.000

Cotas comunidades                 1.520.000        Material funxible                        65.000

                                                                       Correos           .           .           130.000

                                                                       Organización Asemblea             30.000

                                                                       Teléfono          .           .             50.000

                                                                       Xornadas monográficas           300.000

                                                                       Romaría de Comunidades        250.000

                                                                       Aluguer local    .           .             50.000

                                                                       Campañas de información        525.000

                                                                       Varios e imprevistos     .           268.301

Total   .           .           .           2.168.301        Total   .           .           .        2.168.301

 voltar arriba

                                                                                  Circular 2-2001

Estimados compañeiros:

O pasado 17 de marzo en Noia (A Coruña) celebrouse a II Asemblea Ordinaria da nosa Organización. Entre os acordos tomados podemos sinalar:

1)      Continuar reclamando a exclusión das comunidades de montes do Imposto sobre Sociedades e a elaboración dunha lei fiscal axeitada para o monte veciñal galego. Por iso pedimos ás comunidades de montes que aproveitedes a celebración das vosas asembleas xerais para recoller sinaturas contra o Imposto sobre Sociedades e nos fagades chegar o escrito dirixido ós presidentes dos grupos do PP no Congreso e no Senado (o texto aparece no último número da revista).

Ante as próximas eleccións autonómicas, a ORGACCMM volverá a trasladar ós partidos políticos as nosas posturas sobre os problemas que afectan ó monte veciñal e reclamará deles que se pronuncien publicamente. Dado que en época electoral os partidos son máis sensibles ás reivindicacións dos cidadáns e o problema fiscal debe solucionarse cun cambio na lexislación tributaria, acordouse comezar a preparar a 2ª manifestación das comunidades de montes contra o Imposto sobre Sociedades.

2)                                        Elaborar unha alternativa á problemática da explotación de minas e canteiras nos montes veciñais e denunciar os abusos da normativa actual.

3)      Celebrar no verán a II Romaría galega de comunidades de montes e no outono a V Xornada monográfica sobre o monte veciñal, esta vez baixo o lema “Monte veciñal e desenvolvemento local”.

4)      Comezar os preparativos para a celebración, durante o vindeiro ano 2002, do II Congreso galego de comunidades de montes. Convidamos a formar parte da comisión organizadora a todos os representantes das comunidades de montes que estean interesados, para o cal deberán poñerse en contacto coa Xunta Rectora.

5)      Houbo pequenas modificacións dos estatutos da ORGACCMM, entre elas o prazo de abono da cota anual, que antes era o último trimestre do ano e agora pasa ó segundo (de abril a xuño). A cota para o presente ano é de 20.000 ptas. por comunidade (a mesma do ano pasado). Para facer o pagamento, podedes domicilialo (cubrindo o impreso que acompañamos e remitíndonolo, se non o fixestes xa) ou ingresándoo na conta da Organización nº 2080/0072/70/0040006299 de Caixanova, sucursal de Baiona (non vos esquezades de facer constar o nome da comunidade de montes que fai o pagamento). As comunidades que non poidan pagar a cota, deben pedir a exención.voltar arriba

O PRESIDENTE

Circular 3-2001

Cuadro de texto: II Romaría Galega de Comunidades de Montes
e VII Romaría do Leñador

Domingo 27 de maio de 2001

10,00: Saída do Grupo de gaitas e baile “Solaina” do adro de San Martiño ó Monte do Outeiro.
11,00: Comeza o concurso de leñadores.
12,00: Misa na honra de San Isidro na igrexa de San Martiño.
12,30: Actuación do Grupo de gaitas e baile “Solaina”.
12,45: Entrega de premios pola Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común ás persoas e institucións sobranceiras na defensa e espallamento dos valores do monte veciñal.
13,00: Actuación da Banda de Música “Airiños do Morrazo” de Moaña.
14,00: Xantar campestre.
16,00: Actuación do Grupo de gaitas “Arestora”.
16,30: Concurso de tronzadores.
18,00: Concurso de chave.
19,00: Actuación do Grupo de gaitas ”Arestora”.
19,30: Entrega de trofeos.
20,00: Remate da Romaría coa actuación do “Grupo Vagalume”.
O domingo 27 de maio, en colaboración coa Comunidade de Montes de Moaña e a partir das 10 da mañá no Monte do Outeiro celebrarase a II Roma-ría Galega de Comunidades de Montes, na que se fará entrega dos premios anuais ó labor en defensa do monte veciñal en man común e de divulgación dos seus valores.

Este ano a II Romaría coin-cide coa Romaría do Leñador que organiza a Comunidade de Montes de Moaña, na que se celebra un interesante concurso de tronzadores. Están convida-das todas as comunidades de montes de Galicia, tanto á Romaría (deberá levar cada unha o seu xantar) como ó concurso (os participantes acoden con cadansúa machada).

Subvencións para a forestación de terras agrarias

Están a punto de saír as liñas de subvención para a forestación de terras agrarias (plantación de árbores). Son subvencións que saen co orzamento hipotecado, pois soamente van cubrir as solicitudes presentadas en anos anteriores e que non foron aprobadas. Xa que logo, as comunidades de montes que teñan pensado presentar solicitudes novas, deben saber que non serán aprobadas (cando menos este ano).

Para aquelas comunidades que xa tiveran presentado solicitudes en anos anteriores, a principal novidade deste ano (novidade inútil e molesta) é que se vai esixir unha certificación catastral que “informe que o terreo obxecto da subvención non estea considerado xa como forestal e tivera aproveitamento agrícola ou gandeiro nos 10 anos anteriores á data da solicitude”. Dado que é un trámite burocrático complicado, cómpre que as comunidades interesadas en acollerse a estas subvencións, vaian solicitando xa esta certificación.voltar arriba

                                                                                  Circular 4-2001

Estimados compañeiros:

 

A nosa Organización vai convocar para o vindeiro 23 de setembro ou 6 de outubro (dependendo da data de celebración das eleccións autonómicas), a segunda manifestacion contra o lmposto sobre Sociedades e reclamar unha fiscalidade axeitada.

 

Co fin de preparar esta segunda manifestación, a ORGACCMM acordou celebrar, durante os meses de xuño, xullo e agosto, asembleas informativas nas diversas zonas de Galicia; nestas asembleas, ademais de falar da fiscalidade e os deslindes, podemos  tratar outros temas que sexan importantes para as comunidades de montes da zona. Se entendedes interesante a celebración destas asembleas informativas na vosa zona, pregamos que vos poñades en contacto co Coordenador Xeral da ORGACCMM, David Díaz Losada, (tel. 649.84.76.48) co fin de preparar o calendario das mesmas.

 

Aproveitamos tamén para informarvos que no DOGs dos días 7 e 12 de xuño pasados veñen de saír as subvencións para planos de ordenación de montes e traballos de silvicultura e para plantacións. As solicitudes hai que presentalas en impresos oficiais, a retirar nas delegacións ou nos distritos da Consellería de Medio Ambiente. Todas as subvencións precisan de proxecto ou memoria redactada por enxeñeiro e o prazo de presentación é dun mes para as dúas. Para máis información podedes chamar á ORGACCMM (986354248 ou 649137135).

 

Antes de acollerse ás axudas para o fomento de forestación de terras agrarias, cómpre que as comunidades de montes leades e analisedes con atención o artigo 10 da Orde, que fala dos compromisos que adquiren os que reciban as subvencións, e que di que no caso de que o solicitante e o titular dos terreos sexan a mesma persoa (a comunidade), o titular dos terreos comprométese a manter a forestación conforme ás condicións da certificación e a conservar a masa creada durante un mínimo de 20 anos e proceder á devolución do diñeiro percibido e dos seus intereses, se o bosque é danado ou destruído por descoido, neglixencia ou falta de coidados silvícolas por parte do solicitante. Así mesmo deberán manterse operativas as súas infraestructuras de acompañamento (puntos de auga, cortalumes, pistas...).

 

No caso de que o solicitante sexa distinto do titular dos terreos (isto é, cando as comunidades de montes ceden a xestión da tramitación a unha empresa forestal e a responsabilidade desta dura o tempo da prima de mantemento, é dicir, cinco anos), pasado este tempo a responsabilidade recae no titular dos terreos nos termos explicados no parágrafo anterior.

 

Consideramos que estes compromisos poden hipotecar ás comunidades de montes para acollerse a estas subvencións xa que, se ben o monte veciñal en man común é inembargable, non o son as contas dos veciños comuneiros, como está lamentablemente demostrado polo sistema fiscal e, xa que logo, se a comunidade non dispón de recursos para pagan as débedas nos casos antes citados, Facenda podería ir enriba das contas dos veciños comuneiros.voltar arriba

                                                                                  Circular 5-2001

 

A II manifestación

      A nosa Organización ten convocada para o sábado 22 de setembro vindeiro, ás 11,30 horas na cidade de Santiago de Compostela, a segunda manifestación contra o lmposto sobre Sociedades e para reclamar unha fiscalidade axeitada para o monte veciñal galego. Botar abaixo este tributo inxusto é fundamental para lograr que o monte en man común siga sendo unha propiedade verdadeira dos comuneiros e comuneiras. E sabemos positivamente que temos posibilidades serias de botalo abaixo.

      Por iso vos solicitamos a vosa colaboración para que os representantes das comunidades de montes esteamos todos en Santiago o 22 de setembro. A vosa presencia é importante para que os políticos se decaten de que este imposto é inxusto e aberrante. Igual que o ano pasado, temos que ser moitos en Compostela o día 22. Se precisades máis información, poñédevos en contacto connosco.

 

Os deslindes

A negativa da Consellería de Medio Ambiente a facer os deslindes dos montes clasificados provoca un grave problema ás comunidades de montes, que estamos indefensos ante as apropiacións que organismos e particulares fan de terreo veciñal. Ata agora, a Consellería non tiña ningún reparo a incumprir gravemente a Lei de Montes Veciñais.

Desde a ORGACCMM temos reclamado repetidamente á Xunta de Galicia que cumpra a Lei. Hai uns meses, en aplicación da nova lei xurisprudencial, varias comunidades de montes reclamamos á Delegación de Medio Ambiente de Pontevedra a realización dos deslindes nun prazo prudencial baixo advertencia de que, en caso contrario, esixiriamos responsabilidades pola vía xudicial. Finalmente a Delegación aviuse a un acordo e deslindará neste ano os montes de seis comunidades.

En entrevista co Director Xeral de Montes, recordámoslle este grave problema dos deslindes e reclamamos unha solución urxente. Finalmente acordamos que, tras estes seis deslindes en Pontevedra, a Administración crearía equipos específicos para deslindes (con topógrafos e avogados) e negociariamos un procedemento rápido para facer sucesivamente os deslindes pendentes, para o cal as comunidades estamos dispostas a prestar a nosa colaboración.

Para facer as solicitudes ó abeiro da nova lei xurisprudencial, a nosa Organización ten elaborado un modelo. Se a vosa comunidade de montes ten problemas de deslindes e quere reclamar a súa realización á Consellería, poñédevos en contacto connosco e vos faremos chegar o modelo de solicitude.

                                                                            Un saúdovoltar arriba

 

                                                                                  Circular 6-2001

 

 

Certificación catastral

 

Ante a esixencia pola Consellería de Medio Ambiente, da certificación do Catastro para optar ás axudas de forestación de terras agrarias, fomento da silvicultura ou ordenación de montes arborizados, a nosa Organización amosou publicamente a súa protesta (foi a única que o fixo) por entender que era un trámite burocrático innecesario (o catastro non define propiedade) e caro (cada certificación anda polas 3.000 ptas. por parcela e hai montes veciñais que están divididos polo Catastro en máis de 400 parcelas). O único motivo posible polo que a Consellería esixía tal documento era para dificultar o máis posible o acceso das comunidades de montes a estas liñas de axudas.

 

A ORGACCMM enviou escritos rexeitando esta esixencia ós partidos galegos presentes no Parlamento europeo, para que foran coñecedores dasta anómala situación, e solicitou unha entrevista urxente co Conselleiro de Medio Ambiente e co Director Xeral de Montes. A entrevista tivo lugar o pasado 18 de setembro, e nela o Sr. Del Álamo recoñeceu que tal esixencia non tiña sentido para os montes veciñais en man común e, cunha celeridade que hai que recoñecerlle, deu as ordes oportunas para que se remediase tal situación.

 

Deste xeito hoxe podemos informar que, por xestión directa da nosa Organización, queda anulada a esixencia da certificación catastral para as comunidades de montes que teñan solicitado subvención para forestación de terras agrarias, fomento da silvicultura ou ordenación de montes arborizados, sendo substituída por unha declaración da xunta rectora de que tales montes son veciñais en man común.

 

 

 

Forestalia

 

Como xa se ten informado anteriormente, os vindeiros días 17 ó 20 de outubro celebrarase, no Recinto Feiral de Pontevedra, Ferpalia, o 1º Salón Forestal da madeira e medio natural. Ó mesmo tempo celebraranse no Pazo da Cultura adxunto unhas xornadas técnicas que consideramos moi interesantes, especialmente a que se vai celebrar o sábado día 20, na que se debatirá sobre a xestión das comunidades de montes (pola mañá ás 11,30) e os usos do monte veciñal (polo serán ás 16,30). Adxuntamos programa de man e unha invitación para a entrada ó recinto feiral.voltar arriba

Circular 1-2002

 

Santiago, 2 de xaneiro de 2002

            Pola presente convócase a todas as comunidades de montes á Asemblea Xeral Ordinaria da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, que se celebrará nos locais do Santuario dos Milagres, situado no Concello de Baños de Molgas (Ourense), o sábado 2 de marzo ás 10 da mañá, coa seguinte orde do día:

                                   1- Lectura das actas anteriores.

                                   2- Altas e baixas no censo de comunidades.

                                   3- Informe de xestión do ano 2001.

                                   4- Balance económico do ano 2001.

                                   5- Orzamento e cota anual para o ano 2002.

6- Convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria para a elección de Xunta Rectora. Aprobación do calendario electoral.

7- Informe sobre o II Congreso Galego de Comunidades de Montes.

8- Criterios para a negociación sobre a instalación de parques eólicos.

9- Preguntas e propostas.

 

 

Tarde (a partir das 16,30 h.)

 

V Xornada monográfica sobre o monte veciñal

“Responsabilidades civís e penais nas que poden recaer as comunidades de montes

no exercicio da súa xestión”

                                    -Intervirán prestixiosos xuristas para asesorar sobre o tema.

 

                                                                                                     O PRESIDENTE

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------

XANTAR DE IRMANDADE

Trala sesión da mañá, celebrarase un Xantar de Irmandade no Restaurante do mesmo Santuario dos Milagres. O prezo é de 2.700 ptas. por persoa, que deberán ser ingresadas, antes do 25 de xaneiro, na conta da Organización nº 2080/0072/70/0040006299 de Caixanova (sucursal de Baiona). Ó realizar o ingreso hai que facer constar o nome da(s) persoa(s) e da comunidade de montesvoltar arriba

 

Circular 2-2002

 

Estimado Presidente:

Logo da celebración da Asemblea Xeral da nosa Organización, celebrada o pasado 2 de febreiro, enviamoslle a seguinte informacion:

 

Parques eólicos

As comunidades de montes afectadas pola instalación dun parque eólico deben saber:

1) As ocupacións para a instalación dun parque eólico, no caso de expropiación, comprenden : superficie de expropiación de pleno dominio, servidume de paso (conduccións subterráneas, construcción de camiños...) con limitacións de dominio permamente -como poden ser prohibición de obras ou de traballos silviculturais-, servidume de voo das pas dos muiños, superficie de protección eólica con limitacións de dominio (non se poden plantar árbores que acaden máis de 10 m. de altura nin postes, etc) e ocupación temporal de terreos por 18 meses. Ademais hai que engadir outras obras imprescindibles para instalar un parque eólico, como son: pistas de acceso, liñas de alta tension, etc. E temos que todas estas servidumes son limitacións para o uso do monte, polo que teñen que ser indemnizadas.

2) As cesións dos terreos teñen un periodo máximo de 30 anos; ó remate as instalacións reverten nas comunidades de montes.

3) Os acordos de cesión para estas instalacións teñen que ser tomados en Asemblea Xeral, cun quorum especial do 30% dos comuneiros como mínimo.

4) O cambio de situación dun aeroxenerador implica un cambio de proxecto.

5) Noutras comunidades autónomas (por exemplo, Castela-León) hai unha normativa sobre a instalación de parques eólicos, na que se clasifican os terreos en:

a) Os que non poden acoller parques eólicos por motivos ambientais, paisaxísticos ou de patrimonio histórico.

b) Os que poden acoller parques eólicos con certas limitacións.

c) Os que poden acoller parques eólicos. Nestes é obrigatoria a autorización dos propietarios dos terreos, pois sen ela o goberno autonómico non permite a instalación do parque. Deste xeito, esta normativa sitúa ós propietarios dos terreos en condición equilibrada coas empresas para negociar a cesión dos terreos, o que non ocorre en Galicia. E isto apréciase nas indemnizacións: mentres que en Castela-León os prezos por aeroxenerador acada as 600.000 pta, en Galicia, no mellor dos casos e con moita loita por parte dos propietarios dos terreos, non pasan das 400.000 pta. por aeroxenerador.

                                                                                 

Restos de madeira nos montes.

A nosa Organización dispón de información de que hai empresas que recollen os restos de madeira producida polos traballos de poda e rareo, e mesmo pagan por recoller estes restos.  As comunidades que teñan estes restos nos montes e queiran eliminalos, deben poñerse en contacto coa Xunta Rectora (986354248 ou 649137135).

 

Iniciativas innovadoras no programa europeo FEDER.

O programa europeo FEDER de iniciativas innovadoras para o periodo 2000-2006 está en vigor. Contempla axudas para turismo rural e natural, aproveitamento de enerxías, xestión de recursos medioambientais ou reciclado de residuos, polo que poden entrar proxectos de comunidades de montes. Os proxectos deben presentarse antes do 31 de maio de cada ano. As comunidades interesadas na normativa deben solicitárnola.

 

Cota do ano 2002

A Asemblea Xeral acordou que a cota para o presente ano sexa de 120 € (20.000 pta.) por comunidade, a mesma dos dous anos pasados. Para facer o pagamento, podedes domicilialo ou ingresalo na conta da Organización, 2080/0072/70/0040006299 de Caixanova, sucursal de Baiona. Non vos esquezades de facer constar o nome da comunidade de montes que fai o pagamento. O ingreso debe facerse nos próximos 3 meses. As comunidades que non poidan pagar a cota, deben pedir a exención.

 

Aviso: Houbo comunidades de montes que na pasada Asemblea Xeral, celebrada en Baños de Molgas, pagaron comidas de mais. Estas comunidades deben poñerse en contacto coa nosa Organización para proceder a devolver o importe. voltar arriba

   

Circular 3-2002

Estimado/a  presidente/a da comunidade de montes de:

    Polo presente escrito, e en cumprimento da Asemblea Xeral de ORGACCMM celebrada 0 día 2 de Febreiro en Baños de Molgas (Ourense), informamoslle do proceso electoral para a elección da nova Xunta Rectora da ORGACCMM.

    1)- A Asemblea Xeral Extraordinaria para a elección da Xunta Rectora da ORGACCMM terá lugar o día 2 de Xuño do 2.002 as 17 horas (cinco da tarde) no Pazo da Cultura do Concello de Pontevedra.

    2)- A composición da Mesa Electoral é a seguinte:

Presidente: Benigno García Casalderrei da CMVMC de Lérez
Suplente:    Latino Rodríguez Areal da CMVMC de Borreiros
Secretario: Antonio Ocampo Pereira da CMVMC de Coruxo
Suplente:    Manuel Figueroa Varela da CMVMC de Camos
Vocais:      Jesús Gestido Gamallo da CMVMC de Camos
                 Adolfo Abeledo da CMVMC de Castro-Lampán
                 Representante da CMVMC de Teis
                 Representante da CMVMC de Peitieiros
Suplentes:  Xavier Ventín da CMVMC de Chaín
                 Manuel Pérez Cortes da CMVMC de Bolmente
                 Alberto Covelo da CMVMC de Vincios
                 Representante da CMVMC de Hío

    3- Enderezo para formalizalas Candidaturas:

        Antonio Ocampo Pereira
        Presidente da CMVMC de Coruxo
        Subida a San Sebastian nº 23
   
     Fragoselo 36330-Coruxo
        Vigo-Pontevedra

    4)- Calendario electoral:

        Até o 2 de Abril do 2.002, formalización das candidaturas diante do Secretario da Mesa Electoral.
        Do 3 ó 5 de Abril, comunicación ás candidaturas dos erros, se os houbera.
        Do 6 ó 12 de Abril, corrección de erros por parte das candidaturas.
        Do 13 ó 30 de Abril, procramación das candidaturas por parte da Mesa Electoral e comunicación ás CMVMC das candidaturas presentadas.

    5)- Normas electorais segun os Estatutos:

        a)- Cada candidatura non poderá incluir máis dun membro dunha mesma CMVMC.
        b)- Nas candidaturas deberán figuralos nomes dos candidatos, a CMVMC á que perteñecen e o cargo ó que optan. Os cargos da Xunta Rectora da ORGACCMM son: Presidente, Vicepresidente, Secretario, Vicesecretario, Tesoureiro, Vicetesoureiro, Responsabel de Comunicación Social, Responsabel de Comunicación Interna, Coordenador Xeral e Vocais en número indeterminado.
        c)- A presentación de candidaturas deberase facer diante do Secretario da Mesa Electoral e deberá ir asinada por un membro da candidatura.
        d)- Cada candidatura poderá nomear un Interventor que non poderá ser membro da candidatura.
        e)- Os papeliños da votación e os gastos que acarrexen corren a cargo da ORGACCMM.

    Acompañamos a este escrito os datos das CMVMC membros da ORGACCMM coa fin de facilitala formación da candidaturas para a nova Xunta Rectora.

Saúdalle atentamente, o Prnte. da ORGACCMM, asdo., a 7 de Febreiro do 2.002. voltar arriba

Circular 4-2002

Estimado/a  presidente/a da comunidade de montes de:

    Polo Presente escrito convocamos a Asemblea Xeral de caracter ordinario da Organización Galega de CMVMC que terá lugar o domingo, día 2 de Xuño do 2.002 as 17 horas (cinco da tarde) no Pazo de Congresos do concello de Pontevedra. O único punto do orde do día é a elección da nova Xunta Rectora da ORGACCMM (Acompañamos a única candidatura presentada).

    Ó mesmo tempo aproveitamos para informarvos dos seguintes temas:

Responsabilidades civís e penais:

    Ca fin de evitar que as CMVMC recaian en responsabilidades civís e penais no exercicio da súa xestión, aconsellamos que se faga o seguinte:

        a)- Se nos nosos montes anda gando solto sen autorización, practican motociclismo sen permiso e outras accións do mesmo estilo, compre que as CMVMC fagamos chegar mediante escrito estas situacións ó cuartel da garda civil a e Consellería de Medio Ambiente.
        b)- No caso de que se cedan dereitos a terceiros (aproveitamentos cinexéticos, de gando, alugueres de parcelas no monte, ...) compre que as CMVMC esixamos nos documentos de cesión a presentación por parte dos beneficiados dun seguro que cubro posibeis accidentes.

Praga do Eucalito (Gonipterus scutellatus):

        A ORGACCMM está realizando diante da Conselleía de Medio Ambiente unha campaña para que se combata esta praga que padecen os eucalitais e para que se compense a aquelas Comunidades que sufriron perdas económicas  por padecer os seus montes esa praga. Por iso é convinte que as Comunidades de Montes que teñan os seus montes afectados, envíen un escrito á Consellería informando da existencia da praga e solicitando que se faga unha valoración económica das perdas ocasionadas (é importante que se diga se o monte está conveniado ou consorciado)

O Prnte da ORGACCMM 

voltar arriba

Circular 5-2002  

Estimado/a  presidente/a da comunidade de montes de:

    Polo presente escrito informamovos que no DOG do 7 de Xuño do 2.002 ven publicada o orde de axudas para o fomento de selvicultura e para a ordenación de montes arborizados.

    Segundo este orde podense solicitar axudas para os seguintes traballos:

- Proxectos de Ordeación
- Rareos en masas de coníferas.
- Rozas previas as podas e podas en masas de coníferas.
- Tratamentos selvícolas de consolidación en masas de frondosas autóctonas.

    Os traballos son subvencionados até un máximo do 75% do seu coste e podense acoller tódolos montes agás os consorciados. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 5 de Xuño. Para máis información podedes chamar á ORGACCMM, tfo. 649.137.135.

    Aproveito a ocasión para lembrarlles, a aquelas CMVMC que ainda nono fixeran, que o pago da cota deste ano (120 Euros); podedes facelo mediante ingreso na conta 2080 0072 70 0040006299 da entidade financieira CAIXANOVA, sucursal de Sabarís-Baiona.

O Prnte da ORGACCMM 

voltar arriba

 

 

Circular 6-2002

Estimado/a  presidente/a da comunidade de montes de:

    A Consellería de Medio Ambiente, coa colaboración de algunhas asociacións forestais, tenta modificar alguns aspectos do Imposto de Sociedades que se aplica ós montes veciñais en man común, modificacións que se ven obrigados a facer dado a loita da Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común (ORGACCMM), contra ese imposto por non ser adecuado á figura do monte veciñal. TENTAN, POIS, MODIFICAR ALGO PARA NON CAMBEAR NADA.

PARA NON CAMBEAR NADA XA QUE:

1.- Os montes veciñais en man común seguen sendo SUXEITOS PASIVOS do Imposto de Sociedades e, xa que logo, as CMVMC teñen que seguir facendo inventarios, modificación de inventarios, stimación de rendas e teñen que seguir levando unha contabilidade axustada ó Código de Comercio, tal como se fosen SOCIEDADES MERCANTÍS CON ÁNIMO DE LUCRO.
2.- A pesar de que os cargos das xuntas rectoras son por lei, honoríficos, aceptan que recaian sobre eles RESPONSABILIDADES CIVÍS E PENAIS pola tramitación do imposto.
3.- Aceptan que tódalas comunidades de montes, teñan ou non teñan ingresos, ESTEAN OBRIGADAS A FACE-LA DECRARACIÓN, dándose a paradoxa que moitas comunidades non teñen cartos para pagar ás asesorias fiscais.
4.- As comunidades de montes que reparten parte dos seus ingresos entre os veciños/as comuneiros TEÑEN QUE TRIBUTAR DOBLEMENTE, a comunidade no Imposto de Sociedades, o 25%, e os veciños comuneiros no IRPF.
5.- Non contemplan que queden fora da base imponibel os ingresos provintes de expropiacións, subvencións, etc., nin contemplan reducións por actividades irregulares e por ter plans de ordenación COMO AS CONTEMPLAN PARA O MONTE PARTICULAR.

    As CMVMC temos que seguir loitando por ter unha fiscalidade adecuada á figura do Monte Veciñal e polo tanto seguir rexeitando a aplicación do Imposto de Sociedades.
voltar arriba

 

Circular 7-2002

Estimado/a  presidente/a da comunidade de montes de:

    Aproveitando as reformas dos Catastros, moitos Concellos de Galicia, baseandose na iñoprancia ou a mala fe, estan enviando ás Comunidades de Montes Veciñais en Man Común o cobro polo chamado Imposto de Bens Inmobeis (IBI)

    Dicimos que os Concellos o envian por iñorancia ou por mala fe para ver se as CMVMC pagan e calan xa que o artigo 2 da Lei de MVMC actualmente vixente di: "Os MVMC son bens indivisibeis, inalienabeis, imprescriptibeis e inembargabeis, e non están suxeitos a ningunha contribución de base territorial, nin a cuota empresarial da Seguridade Social Agraria."

    Xa que logo, fica claro, as CMVMC non temos que pagar este Imposto.

A ORGACCMM recomenda as CMVMC que reciban este Imposto e, a máis, se o tiveran pagado anos atrás, que recramen a devolución dos cartos pagados. Para esto, temos feito un modelo de recramación que se o necesitades podedes solicitarmolo,

    Aproveitando tamén para vos informar que no DOG Nº 154 do 12 de Agosto do 2.002, sae publicada unha Orde da Consellería de Medio Ambiente onde se determinan as épocas hábiles de caza e as zonas onde non está permitida a caza para a temporada 2.002/2.003. 

Recibide un cordial saúdo: O Prnte. da ORGACCMM voltar arriba

27.7.2010 NOVA DO DÍA:   Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), Nota de prensa sobre o borrador do Decreto que regula as Sociedades de Fomento Forestal (Sofor), presentado hai pouco polo Director Xeral de Montes    en quente: quén é quen para adeviñaren a verba chave da NOTA DE PRENSA?

23.12.2011 Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común: A tódolas comuneiras e comuneiros