|
OS
FOROS
A
meirande parte das terras cultivadas de Galicia, máis das tres cuartas
partes, estaban sometidas a contratos de “foro” dende a Idade Media.
O
Foro era un contrato establecido sobre unha terra que se pagaba anualmente
en especie (millo, viño, animais,…) ou en diñeiro, condenando ao campesiñado
a unha agricultura de subsistencia.
 Xa
a sociedade do século XIX era consciente de que esa “carga” gracias a cal
nacera e medrara a fidalguía, impedía a modernización do agro galego, e para
eliminala, a Iª República aprobara unha lei en 1873, derogada no ano
seguinte por mor da presión dos arrendadores.
A
definitiva lei que lles permitiu ás persoas labregas seren donas das terras
que traballaban (previo pago dunha indemnización) foi o Decreto-Lei de 25
de xuño de 1926.
AS
SOCIEDADES AGRARIAS
Para
eliminar os foros xurdiron as “Sociedades Agrarias”. En 1912 xa había 117
sociedades na provincia de Pontevedra. Nas “asembleas” e “Congresos
Agrarios”, coma os de Monforte, Ribadavia, Redondela, Tui… establecíanse as
liñas de actuación deste movemento (mitins, propaganda, boicot aos pagos,
mobilizacións,…).
En
xullo de 1922, no Congreso de Tui, decidiuse non pagar os foros.
O
6 de novembro foi detida a Directiva da Sociedade de Ribadelouro. En
solidariedade coas persoas detidas declárase Folga Xeral no sur de Galiza.
O
27 de novembro incautáronse os libros e chaves das sociedades de Areas,
Randufe, Malvas, Pazos de Reis, Rebordáns, Paramos, Baldráns e Caldelas.
SOBREDO
O
27 de novembro de 1922 preséntanse en Sobredo (Guillarei), Xuíz e Garda
Civil para embargar os bens dun veciño que non pagaba o foro.
A
toque de campás, xuntáronse unhas duas mil persoas da bisbarra.
Ao
disolver a forza pública a manifestación a tiros, houbo varias persoas
feridas e resultaron mortas :
CÁNDIDA RODRÍGUEZ, de Pazos.
JOAQUÍN
ESTEVEZ BESADA, de Soutelo.
VENANCIO GONZÁLEZ ROMERO, de Budiño.
Os
feitos tiveron moita sona na prensa, parlamento, literatura, conferencias…
O
goberno decatouse entón da necesidade de darlle unha solución ao conflito
agrario, o que levou á redención dos foros. Foi entón, gracias á actitude
loitadora e comprometida destas mulleres e homes do agro, que se conseguiu
abolir un dos residuos da sociedade estamental e que condenaba en vida ao
campesiñado des
|