MEMORIA DA WEB DA ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN (ORGACCMM) Ó ENCETAREN O TERCEIRO ANO DA SÚA ANDAINA( www.orgaccmm.org )

1 de Xaneiro do 2.006

    Vai a modo de crítica mais non é doado, por falla de perspectiva, criticarse un mesmo; é vital para nos que a crítica a fagan os usuarios.

    Diante de todos agradecer ós nosos patrocinadores a súa cooperación; sen eles non sería doado mante-los custos que ocasiona, serío bo ter un pequeno feixiño máis de patrocinadores para non pasa-las pequenas angurias actuais. GRACIAS!, e gracias a eles a independencia da páxina está aí.

    A páxina pretendía e pretende acadar canles de

        información, (gracias ós xornais e revistas vaise enchendo este oco mais boto de menos información especialmente da universidade, da investigación e das propias Comunidades que poden ter unha páxina ó seu dispor)

        comunicación, ( as cousas aínda estan moi verdes nas Comunidades, aquí estamos para cando se veñan achegando ó medio)

        instrucción (esta banda é un pouco consecuencia da anterior pero tería que se iren preparando cousas)  e

        debate ( propoño que todos os que teñen comunicación connosco enceten ou participen en debates coa pretensión de acadar acordos ou, o que non estaría mal, definir o estado da cuestión que se debata).

        TODOS, especialmente as Comunidades e os nosos correspondentes, deberades ter máis participación. Os máis sabios tedes unha responsabilidade especial: os técnicos e profesionais sabedes que este mundo do forestal e moi mesto para a verdade, ... este homildoso medio quere contribuir á que a claridade se difunda. Neste mundo espallado, por rural e montesío, a Administración debera ter o seu papel para promover o uso deste medio nos canles de que falabamos.

        Para mín se algo ten a páxina e VONTADE, tódolo demáis é carencia: non somos especialistas en web e a comunicación que damos é a que atopamos, ... tanto no técnico como no do contido quixéramos e estamos á espera da vosa axuda e consellos. No que se refire ó técnico-informático imos procurar obter unha axuda da XUNTA por mor de faceren a nosa web máis atractiva e acaída.

        Encol da información que damos non quíxeramos ser sectarios (sen crítica non é doado acadalo), cecais a única censura que se ten ó dar novas é non por as de autobombo dos bandullos agradecidos. Algunhas veces póñense algunhas desa fasquía mais é como unha homenaxe irónica á intelixencia dos nosos correspondentes e para plasmaren a caradura dalgúns.

        No seu día solicitamos unha SUBVENCIÓN (pidímola sabendo que nona iban a dar, pídimola como de coña para que viran o que tiñamos: se precisa máis categoría moral para darnos unha subvención). Máis que querer unha subvención temos medo a que nola dean pois o camiño da venda todo é comezalo. Este ano, como diciamos máis arriba, imos solicitala, … agardamos que os resultados sexan outros.

 

Visualizacions de páxina por anoaño - Más reciente al principio.

icon

 

2004

4665

 

2005

8059

 

2006

386

 

Total

13110

 

        No ano tivemos 8.059consultas na web. Iso siñifica 22,08 consultas ó día. O medre con relación ó ano 2.004 foi dun 72,75%. Dado que, como pódese ver no cadro que vai a seguir, o promedio do crecemento é contínuo agardamos mellorar os resultados nest 2.006. Para ser unha cousa do Monte GALEGO para as Comunidades de Montes coido, que é esperanzador.

iconVisualizaciones de página por mes

icon

 

        Relacionada coa páxina está o servicio de novas ou o do D.O.G.  A cotío envíanse a 602 correspondentes agrupados en 17 grupos de correo electrónico. Eses correspondentes van de Comunidades de Montes a Profesionais, de Concellos a Universidades pasando por Empresarios, Casas galegas do Exterior, Grupos de desenvolvemento rural e outros. Como cousa curiosa pode verse o seguinte cadro da procedencia dos nosos consultantes:

iconPaís de procedencia

icon

1.

España

12002

91.5 %

2.

Estados Unidos

140

1.1 %

3.

Argentina

84

0.6 %

4.

Brasil

72

0.5 %

5.

Venezuela

67

0.5 %

6.

Portugal

51

0.4 %

7.

Suiza

45

0.3 %

8.

México

38

0.3 %

9.

Francia

35

0.3 %

10.

Países Bajos

33

0.3 %

 

Desconocido

342

2.6 %

 

El resto

202

1.5 %

 

Total

13111

100.0 %

 

        Na nosa Base de Dados temos 3.046 Comunidades de Montes distribuidas por Provincias como se ve a seguir:

CMVMCporPROVINCIAS

provincia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

A Coruña

294


 


 


 

Lugo


 

955


 


 

Ourense


 


 

1119


 

Pontevedra


 


 


 

678

temos que dicir que en Ourense e Lugo tería que se depurar a Base de Dados, pois os dados que temos son moi ambiguos.

actividade detectada de CMVMCporPROVINCIAS

2.004/2.005

provincia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

% da provincia

A Coruña

143/164


 


 

 

50%/56%

Lugo


 

260/294


 

 


27%/31%

Ourense


 


 

339/358

 

30%/32%

Pontevedra


 


 


 

367/389

54%/57%

A Actividade medímola pola súa pertenencia á Organización ou a unha Mancomunidade, asistenza a actos, ter e-mail, saír nunha nova de xornal ou no D.O.G.. Este derradeiro medio é fundamental para detectar actividade en Lugo ou en Ourense.

subWEWs de CMVMCporPROVINCIAS

2.004/2.005

provincia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

% da provincia

A Coruña

72/99


 


 

 

25%/34%

Lugo


 

82/108


 

 


9%/11%

Ourense


 


 

68/82

 

6%/7%

Pontevedra


 


 


 

231/269

34%/40%

Cando detectamos algunha nova referente a unha Comunidade abrímoslle unha web dentro da propia da Organización e temos as que se reflictan no cadro anterior.

O dito, estas liñas so queren provocaren resposta, resposta que precisamos. A páxina a máis desto está ó voso dispor. Xa sabedes: Tódolo que queirades a cmilleiro@telefonica.net .

Saúde e deica, ogallá, o ano que ven.