NOTA de PRENSA
O Comité de Defensa do Monte Galego quere manifestar o seu agradecemento a tódalas persoas que participaron o día 30 de xaneiro nos actos en homenaxe ao Axente Forestal de Valdeorras Xosé Ricardo Fernández Rivera. Nestes actos recaudáronse 400 euros que van a ser destinados polo Comité a unha ONG que realiza as súas actividades hunanitarias en Africa.
|
|
|
Un centenar de persoas da bisbarra de Valdeorras e persoas procedentes das catro provincias galegas participaron nos actos organizados polo Comité en Defensa do Monte Galego, actos realizados na memoria do Axente Forestal Xosé Ricardo. Os actos desenvolveronse en Portomourisco e Roblido, concello de A Rúa de Valdeorras. É salientable especialmente a implicación e a axuda que os veciños destes dous pobos prestaron en toda a xornada para o bó desenvolvemento dos actos programados. Xosé Ricardo faleceu no verán de 2004, persoa que destacou pola súa implicación na defensa do patrimonio natural, o seu compromiso permanente na defensa dos dereitos laborais do colectivo de traballadores/as forestais e na protección, conservación e mellora dos montes. Colocóuse no cemiterio de Portomourisco unha placa e léronse varios textos na súa memoria En Roblido realizóuse unha prantación forestal e celebróuse unha xornada de convivencia das persoas que participaron nos actos. Ricardo foi sempre unha persoa solidaria, dende o Comité coa conformidade da súa familia, consideramos que o mellor homenaxe que lle podiamos facer ao compañeiro Ricardo era lembrarnos dos máis oprimidos e esquecidos polo que o diñeiro recaudado no acto (400 euros) van a ser destinados a unha ONG que realiza as súas actividades humanitarias en Africa. Ourense, 30 de xaneiro de 2005
|
|