Celso Milleiro Fariñas

IMPRESIÓNS ENCOL DO "SEMINARIO: Instumentos de apoio ao associatismo e a gestâo da pequena propriedade florestal na Península Ibérica. Perspectivas recentes e problemas em aberto." Penafiel, 15 de Dezembro de 2.004

    Acodín ó dito Seminario en representación do Presidente da Organización Galega de CMVMC (ORGACCMM). Celebrouse segundo o documento (premer aquí).

    Como no título falo de "impresións" quero enceta-lo informe cunha impresión: semellaba que o que se dicía era VERDADE, ... digo isto porque moito do que acontece por estes lares en idénticas circunstancias non é máis ca unha montaxe "ad maiorem gloriam" do homiño convinte.

     Asistiron á xuntanza representantes universitarios de Barcelona, Madrid e Compostela (campus Lugo). Conversouse con membros da Universidade galega e cos da empresa portuguesa METACORTEX (ver). Falouse de plans piloto, financiación de proxectos, subvencións e/ou créditos, espallamento dos froitos da investigación, proxectos integrais dos aproveitamentos dos montes, extensións acaídas para unha boa xestión, informática na xestión, e máis.

    O Seminario trataba fundamentalmenteda experiencia da ASSOCIAÇAO FLORESTAL DO VALE DO SOUSA (VER),  e do Plan piloto dun instrumento de xestión de METACORTEX. Era a primeira exposición do traballo, aínda sen rematar. É de salientar que é unha colaboración da Administración, Universidade, unha empresa e a devandita Asociación. O presentado é sen dúbida unha parte do camiño do futuro. Foi, polo tempo disponibel, moi resumida aínda que suficiente para abrirlle a ún os ollos da esperanza.

    A Asociación ten doce anos de antiguedade e foi medrando constantemente. Na actualidade conta con 478 propietarios agrupados, 8.311 Has., 4 técnicos, un administrativo e dúas brigadas permanentes de cinco persoas cadansúa. Teñen dous vehículos moi acaídos, por certo, un deles coa seguinte lema: "DIRECCIÓN XERAL DE FLORESTA AO SERVIZO DA ASSOCIAÇAO VALE DO SOUSA".

    A máis do dito falouse tamén da certificación forestal e dos incendios forestais (a recuperación das zonas queimadas).

    Daba noxo ve-lo que acontece na Galiza diante da colaboración entre os diferentes eidos do forestal que se viu en Penafiel e que semellaba ser real. Aínda nos queda Portugal¡¡¡¡