Miércoles, 26 de noviembre de 2003 Índice CARTAS

 

 

 

81 Cabodano dos Mártires de Sobredo

A Confederación Galega de Asociacións Veciñais "Rosalía de Castro" e a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, teñen convocado para o próximo domingo día 30 de novembro un homenaxe os Mártires de Sobredo no seu 81 cabodano.

Neste homenaxe, que se rinde cada ano ó pé do seu monumento en Sobredo (Guillarei) faise un recoñecemento a aqueles homes e mulleres, que nas primeiras décadas do século pasado, organizados en sociedades agrarias, loitaron para que o foro, ese imposto medieval que impedía a modernización do agro, fose abolido. Fose abolido para que os labregos e labregas fosen donos das terras que traballaban.

No homenaxe os Mártires de Sobredo, tamén se fai unha lembranza a Cándida Rodríguez, Xoaquín Estévez e Venancio González, que foron asasinados polas forzas do orden, cando participaban nun acto de solidariedade dun veciño seu de Sobredo que estaba sendo embargado por negarse a paga-lo foro, tal e como se acordara no Congreso Agrario de Tui no ano 1922.

No acto de homenaxe ós Mártires de Sobredo, que terá lugar o día 30 de novembro de 2003 a partir das 11 da mañá, a pé do monumento que recorda estes feitos históricos, intervirá a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, dona Lidia Senra. No mesmo acto, tamén entregarase o recoñecemento ó mantemento da "memoria histórica", as persoas de don Xosé Oseira Gonzales e don Emilio Vila Gonzales, veciños da parroquia de Guillarei.

Dúas persoas que merecen este recoñocemento xa que, ademais de ser fundadores da comunidade de montes veciñais en mán común da súa parroquia, foron dous dos asinantes da carta convocatoria que no ano 1986 enviaron a entidades, asociacións e comunidades de montes do Condado, Vigo e Val Miñor co fin de crear unha coordenadora para lembrar os sucesos de Sobredo. Sen a súa inquietude, sen a súa iniciativa, este feito histórico dos Mártires de Sobredo non quedaría na nosa memoria colectiva.

Xosé Alfredo Pereira Martínez, en nome das dúas organizacións convocantes - Val Miñor

 

Imprimir Subir

 

Carta anterior: ¿Boa ou mala ventura?
Siguiente carta: <**TIS**>

 

© FARO DE VIGO, 2003. Todos los derechos reservados digital@farodevigo.es