APOIO DA ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN PARA QUE A MURALLA DE LUGO SEXA DECLARADA POLA UNESCO PATRIMONIO DA HUMANIDADE
A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, na súa asamblea anual celebrada no día de hoxe na cidade de Lugo, non quere deixar pasar a oportunidade de solidarizarse cos lucense para que as Murallas Romanas de Lugo, sexan declaradas pola UNESCO Patrimonio da Humanidade.
E facémolo, porque este milenario monumento, levantado posiblemente onde estivo un bosque sagrado, definidor da fisioinomía desta cidade, considerámolo patrimonio histórico de tódolos galegos, e polo mesmo dos que somos defensores das culturas como patrimonio universal.
O mellor referente de que os lucenses apreciaron e defenderon a súa muralla é que perviviu ó desgaste do tempo, ós avatares da historia, e á incultura dos que vian nela un estorbo. A mellor proba deste aprecio é que ainda segue en pé, como testemuño desa consideración.
Unha cidade coma a de Lugo, con 2000 anos de historia, débese sentir honrada con ter un monumento tan grandioso cando a maior parte das urbes que tiveron fortificacións semellantes, desapareceron ou existen mutiladas.
As murallas de Lugo, son un monumento vivo e vivido, integrado nos hábitos de paseo de moitos lucenses desde hai máis de trescentos anos, vencellado á súa historia ata hoxe. Por iso veríamos con agrado que alcanzase a distinción e o título solicitado pola cidadanía a través dos organismos competentes adheríndonos ó desexo de que a UNESCO resolva favorablemente a súa candidatura declarando as Murallas Romanas de Lugo, Patrimonio da Humanidade.
Lugo, 25 de marzo de 2000.
O Presidente da Organización Galega
De Comunidades de Montes vmc.