MANIFESTACIÓN CONTRA DO ACTUAL SISTEMA FISCAL DAS CCMM

Por unha ficalidade e un control de contas acaídos á realidade das Comunidades de Montes. ¡ ACUDE !

Debe utilizar un navegador compatible JAVA para visualizar esta página correctamente

Lugar de Saída: Explanada da Estación de Renfe - Santiago.

Hora de Saída: 11 : 30

Percorrido: Rúa do Horreo - Rúa do Franco - Praza da Quintana

Lembra: Este sábado 22 de setembro


NOTA DE PRENSA

NOTA DE PRENSA PARA A MANIFESTACION EN SANTIAGO: A ORGAGCCMM fai unha chamada a tódo-los comuneiros e comuneiras de Galicia para que participen, este Sábado, ás 11: 30 h. na manifestación convocada en Santiago de Compostela, contra da aplicación do Imposto de Sociedades o monte Veciñal en Man Común. A manifestación sairá da estación de tren e recorrerá as ruas ata a Praza da Quintana.
Despois dun ano de aplicación, por parte do Goberno Central e co beneplácito do Autonómico e dalgunhas organizacións do sector forestal, as teses da ORGACCMM resultaron, desgraciadamente, certas. A día de hoxe estamos esperando, por parte dos defensores deste imposto, que dean conta das supostas melloras que, decían, representaba para o monte, e para a facenda pública, esta chapuza.

Un tema que afecta a máis de 600.000 Has. do noso territorio creemos que é o suficientemente grave para que a "opinión pública" lle adique un pouco do seu tempo; algo que ocurre, somentes, cando se trata de falar de incendios forestais; por parte duns para decir o mal que foi a campaña de incendios e por parte dos outros para glorificala.
Insistimos, 600.000 Has. do noso territorio son un recurso ó que se lle debería prestar máis atención, sobre todo, nun Pais como o noso onde parece que, por uns motivos ou outros, non abundan.
Os comuneiros e comuneiras que o vindeiro sábado nos imos manifestar en Compostela sabemos da importancia dos nosos montes. So falta que os demais lla dean tamén.

Asdo:
Organización Galega de Comunidades
de Montes Veciñais en Man Común.
Tlf: 649.137.135.


1