REUNIÓN
DE VALENÇA
RESUME
DO TRATADO
1 – Información sobre a entrega
da Candidatura en París.
-
RELATO BREVE DO PROCESO DA CANDIDATURA
·
Xénese: Setembro
2001.Preparación da VIII edición de PNO dedicada ao
Patrimonio Inmaterial,coincidindo
coa primeira proclamación.
·
Contactos periódicos coa
división de Patrimonio Inmaterial da UNESCO.
·
Elaboración dunha primeira proposta escrita.
·
VIII-IX-X edicións de Ponte...nas ondas! dedicadas ao patrimonio inmaterial común.
·
Tres festivais da oralidade galego-portuguesa
·
Contactos con diversas institucións
e organismos de Galicia e do Norte de Portugal, seguindo
as directrices da UNESCO de transmitir desde a sociedade
civil ás institucións o
interese pola defensa e preservación deste patrimonio.
·
Tres reunións preliminares para
constituír a Comisión Promotora
( Vigo,Viana
, Vigo ).
·
Xestións en Madrid e Lisboa
para conseguir a presentación da candidatura para a 3ª proclamación.
·
Elaboración do dosier
definitivo por parte do Consello da Cultura Galega e o Departamento de Antropoloxía
Aplicada da Universidade Fernando Pessoa do Porto, baixo a supervisión dos profesores Xosé
Manuel González Reboredo e Álvaro Campelo.
·
Presentación do dosier na sede da UNESCO en París por parte dunha
representación galego-portuguesa, acompañados polas delegacións permanentes de
Portugal e España.
-
ACTO DE ENTREGA NA UNESCO
·
Tanto os representantes dos dous
estados como por parte dos representantes da UNESCO destacaron o traballo que había detrás da iniciativa.
·
A UNESCO valora esta candidatura especialmente por ser a
única promovida por centros educativos con presencia das escolas
da súa rede internacional.
·
O papel da educación na
transmisión do Patrimonio Inmaterial, destacado na
nova Convención elaborada pola UNESCO, fai que esta candidatura constitúa
un modelo exemplar na súa perspectiva.
-
INFORMACIÓN CONFIDENCIAL
· Dánse a coñecer algunhas informacións que telefónicamente foron transmitíndose desde a División de Patrimonio Inmaterial da UNESCO en relación con esta candidatura
2 – Constitución da Comisión de Acompañamento da
Candidatura.
A proposta é constituír unha executiva que se encargue da xestión directa de todo o proceso. Cada membro será o encargado de transmitir as decisións aos seus ámbitos. Quédase en concretar os nomes en próximas datas.
A proposta presentada é valorada e quedou aceptada a súa formulación como segue:
-
COMISIÓN
EXECUTIVA ( Con nomes e enderezos
para enviar á UNESCO )
·
Comunidade
de Traballo – 1 representante
·
Xunta
de Galicia-1 representante
·
Governo
de Portugal-1 representante
·
CEER (
Centro de Estudos da Eurorrexión – 6 Universidades )-
1 representante
·
FEGAMP /
Concelhos de Portugal-1 representante
·
Consello
da Cultura Galega / DRCN-Ministerio Cultura-1
representante
·
Asociacións-PNO-1
representante
3 – Plan de accións a desenvolver até a Proclamación,
no ámbito da
divulgación e da dinamización.
Propoñense unha serie de accións a título orientativo. Debátense e xorden novas propostas. Quédase en que cada organismo as valore e comunique que tipo de actividades vai realizar, antes do Congreso de Patrimonio Inmaterial de Pontevedra ( como data de referencia proponse até o dia 26 de novembro )
ACCIÓNS E AXENTES
1º. Campaña
de divulgación da Candidatura nos medios
de comunicación ( públicos )
2º. Campaña de divulgación deste patrimonio asociado á Candidatura en medios de comunicación privados.
3º. Exposición
itinerante sobre este patrimonio
contemplado na candidatura
Axentes: Museo do Pobo Galego,Consello da Cultura Galega,
Consellería de
Cultura, Consello da Cultura Galega, DRCN, Museus
portugueses
4º. Campaña
de información aos centros educativos da candidatura,
con vistas á introdución
nos plans de centro do Patrimonio
Inmaterial como unha riqueza a preservar e a
transmitir.
5º. Campañas
de proxección e divulgación
do patrimonio galego-portugués
no exterior. Comunidades emigrantes e accións desde
as embaixadas de Portugal e España .
Axentes: Consellería
de Emigración, Ministerios Asuntos Exteriores, Axencia
Galega do Exterior
6º. Localización
e identificación dos portadores do patrimonio oral e inmaterial con vistas á visita
dos observadores da UNESCO.
Axentes: Redes de Museos
de Galicia e Norte de Portugal, Associam, entidades
académicas colaboradoras.
7º. Colaboracións
-Entidades
colaboradoras : uso do logotipo na súa imaxe corporativa, distribución
de folletos divulgativos da
candidatura
Exemplos: Escolas promotoras, concellos promotores, facultades
promotoras, empresas promotoras ( turismo rural, ), etc.
8º. Actividades varias:
a) Publicacións
( Universidades, Deputacións, Consello
da Cultura Galega, Museos, etc. )
b) Estudios
compartidos e comparativos de carácter inmediato onde
se manifesten as semellanzas
nas diversas manifestacións culturais.
c) Festivais e certames. Patrocinio de entidades financeiras.
d) Encontros sectoriais do patrimonio común: Comunidades de Montes, Cultura marítima, Música tradicional, danzas, cantos ao desafío, oficios, etc.
Axentes: Comunidades de Montes, Federación Galega pola Cultura Marítima , etc.
e) Encontro galego-portugués do Patrimonio Común. Trataríase dun evento con formato de “feira-mostra” onde se desen cita os “portadores” deste patrimonio desde os diversos sectores.
Axentes: Comisión Executiva +
Patrocinadores
f) XI edición de Ponte...nas ondas !
Axentes: PNO+ Escolas asociadas
á UNESCO
g) IV Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa
Axentes: Unha câmara de Portugal
h) Encontros das Escolas Asociadas á UNESCO de Galicia (Santiago-febreiro 2005) e de España ( Pontevedra - xullo 2005 )
Axentes: Rede PEA-UNESCO
i) Incorporación
da marca de identidade da Candidatura en todas as manifestacións do patrimonio inmaterial
9. ACTIVIDADE A REALIZAR NO
PARLAMENTO EUROPEO EN BRUXELAS
Obxectivos:
-Sensibilizar aos organismos europeos
de que esta é unha candidatura europea multinacional.
-Transmitir aos colectivos galegos e portugueses na diáspora europea o sentimento de autoestima e identificación co seu patrimonio a través desta
candidatura
-Visibilizar o traballo co patrimonio inmaterial
realizado polos centros educativos das dúas comunidades.
Axentes: PNO, Consellerías de Educación e Emigración, DREN, lobby galego-portugués no
Parlamento Europeo, Colectivos de Emigrantes galegos
e portugueses.
4 – Plan de accións a desenvolver a partir da Proclamación.
Participación das
diferentes Institucións e Organizacións.
- Dáse a coñecer o PLAN DE ACCIÓN que aparece no dosier da candidatura e que foi elaborado con certa urxencia.
Trátase de que antes de fin de ano poidamos enviar á UNESCO unha mellora sustancial deste PLAN DE ACCIÓN xa que este é un factor importante nas candidaturas. Habería que desenvolver máis cada unha das accións que aparecen, revisar os orzamentos e engadir algunhas novas propostas.
ENVIAREMOS ESTE PLAN EN PRÓXIMAS DATAS PARA NON CREAR
CONFUSIÓN CON ESTAS ACCIÓNS PREVIAS Á PROCLAMACIÓN.
5 – Presentación pública da
Candidatura a realizar no Porto.
Debátese sobre a súa urxencia debido á pouca presencia pública da candidatura en Portugal. Tal como estaba acordado coa Coumnidade de Tarbalho de Portugal, é dificil poder facelo antes de fin de ano. En todo caso intentarase xestionalo e queda a Comunidade de Traballo encargada.
6 – Informacións diversas.
- Unha breve selección de ideas de marketing para divulgar a Candidatura a partir do logotipo.