Asemblea Extraordinaria da Organización Galega de CMVMC (ORGACCMM) encol do BORRADOR da Lei de Montes de Galiza.
O sábado, 26 de Abril, no Museo do Pobo Galego de Santiago, tivo lugar dita Asemblea coa asistenza dunha numerosa representación de Comunidades de Montes a pesares da expedita convocatoria.
Por maioria absoluta acordouse non esixir a separación da Lei de Montes de todolo referinte ós Montes Veciñais. Pode se dicir que co corazón habería que pedila separación mais circunstancias políticas fan máis acaído deixalo como está non vaia ser que os tabeirons atopen nun futuro proximo ocasións máis axeitadas para embullalas Comunidades, os seus montes.
Agás citar expresamente, pedirase que sexa así, a configuración como propiedade xermánica dos Montes Veciñais, a Asemblea considerou que no borrador está suficientemente definida o noso tipo de propiedade.
Insistirase que o monte veciñal constitue un tercer tipo de propiedade.
Pedirase que nas definicións fique claramente diferenciado o concepto monte do concepto forestal. Que non haxa confusión entre o monte e o forestal-madeira.
No grave abandono a máis de haxa unha lista de feitos que servan para definilo pedirase que a propia Comunidade concernida participe na xestíon de volta-lo monte desa situación.
No que se refire ós deslides non se está dacordo co abandono desa figura cando as Comunidadedes cocernidas perteñezan a diferentes Concellos. As parroquias e os montes veciñais son máis antigos ca os concellos.