|
|
Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais
|
Xosé Alfredo
Pereira Martínez
Prnte. da Organización Galega de CMVMC (ORGACCMM)
Tfo. 649 . 137 . 135
ogcmvmcelso@terra.es
NOTA DE PRENSA:
A Organización Galega de comunidades de montes veciñais en man común (ORGACCMM) quer manifestar publicamente que non asinou o Acordo forestal para o aproveitamento da madeira queimada e para a recuperación sustentable dos montes arborizados afectados polos lumes forestais, asinado entre a Conselleríia de Medio Rural e algunhas asociacións relacionadas cos montes. As argumentacións para non asinar ese acordo son:
1)-Os precios acadados para sacar a madeira queimada dos montes so sensiblemente inferiores aos precios que tiña esa madeira antes do vran deste ano, co cal , as comunidades de montes van ter unha depreciación do valor da madeira. Ademáis , non se establecen medidas compensatorias para aquelas comunidades de montes que non poidan sacar a madeira verde e non se reclama do goberno central a retirada dos montes veciñais en man común do Imposto sobre Sociedades, xa que, mesmo nos lumes forestais, amósase a inxustiza a que estan sometidos os montes veciñais en man común.
2)-O acordo vai prioirzar as axudas para aqueles montes queimados que dispuxesen de plans de ordenación ou de plans tecnicos, cando os lumes afectaron a todo tipo de montes. Mais o máis grave é que se acordou reforestar tal e como estaba antes de que se queimara o monte. Non se prantexou que para a recuperación dos montes queimados deberia ser preciso unha ordenación dos usos das terras e se apoiase os proxectos que tiñan as comunidades de montes que non fosen somentes forestalistas.
3)-As liñas de axudas que se saquen para a reforestación de estes montes queimados, antes de ser aprobadas teran que pasar pola Mesa da Madeira, que é un organismo dominado polas empresas de madeira, polas empresas forestais, cando o lóxico seria que a recuperación dos montes queimados deberia ser tratado no Consello Forestal de Galiza , onde estan repesentados todos os sectores relacionados co monte.
A Organización Galega de comunidades de montes veciñais en mán común (ORGACCMM) entende que co Acordo da madeira queimada os que menos se van a beneficiar son as comunidades de montes que van ver devaluado o valor da súa madeira , a máis que se perdeu unha oportunidade de escomenzar a dar os primeiros pasos para iniciar a loita eficaz contra os lumes forestais que pasa por unha ordenación dos usos das terras.
É por iso non asinou o acordo.