Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais
 en Man Común
ORGACCMM

Setembro do 2.006

COMUNICADO INFORMATIVO:

                                                      A Organización Galega de Comunidades de montes veciñais en Man Común (ORGACCMM), ven de solicitar a Dirección Xeral de Montes  unha reunión ca fin de por en marcha medidas para  a loita eficaz contra os lumes forestais. Medidas que ademáis das xa tomadas como foron a rexeneración dos montes e o logro de un precio xusto para a retirada da maderia queimada, pasarían tamen pola recuperación dos montes veciñais en man comun queimados. Recuperación que consensuada coas comunidades de montes afectadas, debería estar xa immersa no diseño de esa nova política de montes que precisa o Pais. É decir, que neste plano de recuperación deberíase contemplar:

     -Zonas onde se poida forestar e zonas onde non se poida forestar. Nas zonas onde se poida forestar: definir as especies a plantar e onde deberia facerse en sistema silvopastoril.                       


    Este plano de recuperación dos montes queimados, debera ir acompañado polas seguintes medidas:

         1)- Apoio a aqueles proxectos das comunidades de montes e das mancomunidades que non fosen somentes forestalistas.

         2)- Eliminación das axudas as comunidades de montes para a extinción dos lumes forestais xa que esta loita debe ser levada dende a Administración Galega. Pola contra, deberíase encamiñar  a sinatura de convenios de colaboración coas comunidades de montes e coas mancomunidades de montes ca fin de ter todo ano xente traballando nos montes, porque, entre outras cousas, ésta sería unha das formas de implicar a sociedade na loita contra os lumes.

        3)- Convocatoria do Consello Forestal de Galiza co fin de ir diseñando a nova politica de montes que precisa o monte galego.

        4)- Creación dentro do organigrama da conselleria de Medio Rural, de un organismo que entendese e atendese aos montes veciñais en mán común, por ser esta un tipo de titularidade especial e por elo, ser as terras que estan nas mellores condicions para  por en practica a nova politica de montes.

Para calquera dúbida ou clarexamento dirixirse a:
Xosé Alfredo Pereira Martínez
Prnte. da Organización Galega de CMVMC (ORGACCMM)
Tfo. 649 . 137 . 135
ogcmvmcelso@terra.es