CONVOCATORIA:
O sábado, 23 de Setembro de 2.006, ás 17 horas (5 do serán), no Pazo de Congresos do concello de Pontevedra a ORGACCMM , concova unha Asemblea Xeral de caracter extraordinaria.
Esta Asemblea Xeral, aberta a todas as comunidades de montes, terá como único punto a tratar:
ANÁLISE DO LUME DO PRESENTE VRAN: ALTERNATIVAS A PRESENTAR DIANTE DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL .
Os lumes forestais son evitabeis. Os lumes forestais podense vencer porque son provocados por incendiarios e porque teñen que ver coa errada política de montes levada adiante até o de agora. Política errada de montes que impedeu o desenvolvemento de todas as potencialidades dos montes veciñais en mán común. Compre pois a unidade das comunidades de montes para que a Xustiza aplique a lei aos incendiarios e para que o actual goberno galego poña en marcha xá esa nova politica de montes (dicimos "POLÍTICA DE MONTES" e non "política forestal") necesaria que logre un monte veciñal en mán común multifuncional axustado, en primeiro lugar, as demandas dos vecíños e veciñas comuneiros e, en segundo lugar, axustado as demandas da sociedade galega no seu conxunto.
E as comunidades de montes unidas podemos logralo!