Organización Galega de Comunidades de
Montes Veciñáis
en Mán Común
Asemblea Anual
OURENSE, DÍA 4 DE
FEBREIRO DO 2.006
INFORME DE
XESTIÓN DO 2.005
Ano
de 2005
1
Introducción:
A Xunta Rectora da
Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñáis en Mán Común, presenta
diante da Asamblea Xeral anual, un resumo pormenorizado da actividade
desenvolvida o longo do ano 2005, dandolle forma a través do presente INFORME
DE XESTIÓN.
A Xunta Rectora da OGCMVM quere lembrar,
que a dinámica foi moi similar a de anos anteriores, baseada
no espiritu solidario, de denuncia, pero tamén de aportacións, que nos move as
Xuntas Rectoras das Comunidades de Montes de Galiza, Moitas foron ás actuacións levadas a cabo
pola mesma, dentro da liña de defensa
dos intereses da figura do Monte Veciñal en Mán Común.
Ademáis das que
aparecen reflectidas no presente INFORME, foron numerosas ás intervencións e
requerimentos, que se tiveron que acometer, e que fixeron de novo, que a
Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñáis en Mán Común fose un
referente claro en todolos foros de presenza e opinión sobre os Montes Veciñáis,
trasladando a mesma a colaboración cos Montes Baldíos de Portugal.
Desde a Xunta Rectora, consideramos que ésta organización
ten un peso específico na Galiza, e que compre afortalar, sendo para elo
necesario a actitude de colaboración de toda-las comunidades, preparandonos
para acometer o futuro nas vindeiras eleccións a Xunta Rectora, polo que se
trata de mobilizar o capital humano disponible.
Tamén debemos
de remarcar o caracter voluntarísta dos
membros da Xunta Rectora, así asumido, e a carencia de calquera tipo de axuda
ou subvención oficial, fronte ás organizacións que fixeron delo unha profesión
e viven baixo a lei do silenzo, e que están hipotecando o porvir das
Comunidades de Montes..
A Xunta
Rectora.
2
Resumo das actividades desenvolvidas
o longo do ano 2005
Reunións da Xunta Rectora:
Mantiveronse un total de 6 reunións en Compostela e 3
en Pontevedra, agradecendo un ano máis a colaboración da AA.VV. de Pontepedriña
(Santiago), pola cesión do séu local social para poder celebrálas.
Reunións do Comisión Organizadora do
III Congreso:
No último trimestre do ano 2005 mantiverónse 5
reunións en Pontevedra.
Asembleas da O.G.C.M.V.M.C.:
Asemblea Xeral Ordinaria.
Tivo lugar no Concello de Sanxenxo, o día 5 de Marzo do 2005. Celebrandose pola mañá cunha alta participación, que
andivo perto dás 160 persoas. Pola tarde tivo lugar unha visita guiada a Aula
da Natureza de Siradella no Concello de O Grove.
Asemblea Xeral Extraordinaria.
Celebróuse tamén en Sanxenxo, o día 5 de Marzo de
2005, a continuación da Asemblea Xeral Ordinaria.
Publicacións e circulares:
Remitíuse
1 número da revista “O Común dos Veciños”.
Remitíronse
5 circulares informativas.
Calendario anual de actividades. 2005
Més de Xaneiro:
-
Constitución
do Consello Forestal Galego.
-
Xestións
coa Dirección Xeral de Tributos en Madrí.
-
Xestións
coa entidade Caixanova.
-
Homenaxe
o Axente Forestal Ricardo Fdez. Rivera en Valedoras.
-
Més de Febreiro:
-
Xestións
organizativas da Asemblea Xeral Ordinaria.
-
Xestións
diante do Decreto de Forestación de Terras Agrarias.
-
Participación
na presentación do texto elaborado polo Foro do Novo Estatuto de Galicia.
Més de Marzo:
-
Celebración
da Asemblea Xeral Ordinaria 2005.
-
Celebración
da Asemblea Xeral Extraordinaria.
-
Reunións
Proxecto Interreg xunto a Baldíos de Portugal e Sindicato Labrego Galego.
-
Reunión
coa Asociación Forestal de Galicia.
-
Xestións
coa CMVMC de Matamá-Vigo diante do Xurado Provincial de Montes de Pontevedra.
-
Xestións
diante dos Grupos Parlamentares Galegos.
-
Xestións
na Dirección Xeral de Montes.
-
Convidados
a Asemblea Xeral Ordinaria de ADEGA.
Mes de Abril:
-
Reunión
na entidade Caixanova, en Vigo.
-
Reunión
da Comisión da Revista.
-
Reunión
co grupo político BNG no Parlamento Galego.
-
Reunión
con Comunidades de Montes en Pontevedra (Pazo de Cultura) sobre o Programa
Interreg.
-
Apoio
a CMVMC de Sto. Estebo de Parga-Guitiríz diante da Consellería de Política
Territorial.
Mes de Maio:
-
Reunión
en Madrí co Director Xeral de Tributos por mediación do Senador do PSOE Sr.
Lago Lage.
-
Reunión
Interreg con Baldíos de Portugal.
-
Sesión
Ordinaria do Comité Galego de Defensa dos Montes contra Incendios Forestáis.
Mes de Xuño:
-
Participación
da OGCMVMC nas Xornadas “Novos retos para o monte galego”, organizadas por
TRAGSA dentro da Feira Internacional Semana Verde en Silleda.
-
Convocatoria
de reunión previa a constitución da Comisión Organizadora do III Congreso
Galego de Comunidades de Montes.
Mes de Xullo:
-
Xestións
organizativas do III Congreso Galego de Comunidades de Montes.
Mes de Agosto:
-
Escritos
o Ilmo. Vicepresidente da Xunta de
Galicia e ó Conselleiro de Medio Rural.
Mes de Setembro:
-
Reunións
sobre Fiscalidade cos Grupos Políticos do BNG e PSdeG-PSOE.
-
Presentación
do novo número da revista da OGCMVMC.
-
Reunión
e celebración do 25 aniversario de FEARMAGA (Fed. Aserr. e Rematantes de
Madeira).
-
Participación
nún proxecto da Universidade de Vigo sobre Restauración de Terras Queimadas.
-
Xestións
diante do Concello de Caldas de Reis da Provincia de Pontevedra, pola
organización do III Congreso.
-
Remisión
ós grupos parlamentares do Estado da proposta da OGCMVMC sobre modificación dalgúns aspectos da Lei de Montes referente a
incendios forestáis.
-
Elaboración
e remisión o Ilmo. Sr. Conselleiro do Medio Rural dunha serie de Medidas para a
Prevención dos Lumes Forestáis.
Mes de Outubro:
-
Participación
na manifestación “Lumes nunca máis” en Ourense.
-
Participación
na Mesa Redonda dentro dás Xornadas sobre O Agro celebradas en Compostelana Facultade de
Xeografía e Historia.
-
Participación
en xornada organizada polo movemento ecologista en Afife (Portugal).
-
Participación
da proposta sobre Fiscalidade que fói defendida polos Grupos Parlamentares do
BNG e PSdeG-PSOE, sendo aprobada por unanimidade.
-
Reunión
co Conselleiro de Medio Rural.
-
Reunión
co Director Xeral de Montes.
-
Reunión
no Consello Galego da Cultura sobre Patrimonio Inmaterial da Humanidade.
-
Escrito
o Sr. Conselleiro e Delegados de Medio Rural sobre normas para compatibilizar
aproveitamentos gandeiros e madeira.
-
Convidados
por FEARMAGA a unha Xornada Técnica no CIS-Madeira.
Mes de Novembro:
-
Participación
nas Xornadas sobre Incendios Forestáis organizada polo Consello da Cultura
Galega.
-
Reunión
do Grupo FSC de Certificación Forestal en Compostela.
-
Acto
conmemorativo dos MÁRTIRES DE SOBREDO en Guillarei (Tui).
Mes de Decembro:
-
Xestións
organizativas do III Congreso Galego de Comunidades de Montes.
-
Costitución
do Consello Forestal Galego en Compostela.
-
Presentación
de Propostas de Colaboración diante da Dirección Xeral de Montes.
-
Asinado
Convenio con entidade Caixanova.
-
Solicítase
unha reunión co Conselleiro de Industria.
-
Sustitución
do representante da OGCMVMC no PRODER de Pontevedra.